Ano de homologación: 2010
Accesos: hai que tomar o desvío a Margaride dende a estrada N-120, entre Monforte e Quiroga
Lonxitude: 16 km
Punto partida/chegada: Margaride
Percorrido: Margaride, complexo aurífero do Medo, castro de Ares, Camiño Real, capela dos Remedios, igrexa de Quintá de Lor, capela de Sto. Vicente e Margaride
Dificultade: media/alta
Duración estimada: 5 horas e 20 minutos
Servizos: en Quiroga e xunto á estrada N-120
MIDE Medio (1) Itinerario (2) Desprazamento (3) Esforzo (3) http://www.euromide.info
Acceso en bicicleta: hai percorridos transitables
Acceso a cabalo: apto na maior parte
Cartografía: IGN. 1:25000 / Nº 189-II
Máis información: Asociación de Veciños de Margaride
XEORREFERENCIA - TRACK: Ruta do Ouro e do Camiño Real
DESCRICIÓN
DO PERCORRIDO:
A
ruta comeza na aldea de Margaride, a carón das covas do Medo, onde
podemos percibir o que foi a zona de explotación mineira. Iniciamos
a ruta en dirección sur tomando o antigo camiño que comunicaba
Margaride coa aldea das Covas, dende onde empezaremos unha suave
subida cara ao castro de Ares que se tornará máis complicada a
medida que nos achegamos ao castro.
Unha
vez no cumio, a carón do castro e do miradoiro, poderemos gozar
dunhas fermosas vistas sobre o río Sil, así como das ruínas do
castro. Superado este tramo, a ruta prosegue por unha divisoria con
suaves pendentes e baixadas por entre os piñeirais do monte veciñal
de “Lor marxe esquerda” ata atoparnos co trazado do Camiño Real,
tamén sinalizado como Camiño de Inverno, polo cal proseguimos a
nosa andaina.
A
partir deste punto o camiño vólvese bastante chairo pasando por
riba da aldea de Riomaior e continúa ata chegar a carón da capela
dos Remedios, xa preto da aldea de Carballo de Lor, punto dende o cal
a ruta se volve descendente ata a ponte do Rigueiro, para afrontarmos
unha pequena subida que nos devolve a Margaride.
Nenhum comentário:
Postar um comentário