quinta-feira, 2 de novembro de 2023

 O REGO DOS CORUXOS

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO

SAÍDA ÁS 9



Un pequeno e fermoso percorrido pola Serra do Xistral.

Desta vez non se trata de subirmos os cumes senón  de adfentrarnos no corazón da serra, as terras de Viveiró. 

Empezamos a camiñar no propio Viveiró iniciando unha pequena subida por asfalto ate a aldea de Coruxos. Nesta aqltira abandonamos o asfalto e collemos unha pista de terra que nos leva cara ao regato e que nos acompañará na maior parte do percorrido. Camiñamos pola beira do Coruxos  e atravesamos unha zona de turbeiras antes de atravesar o río. Agardamos que no chova moito, a turbeira énchese de auga e o paso complícase.

Unha vez que deixamos o rego dos Coruxos iniciamos un pequeno e agradábel ascenso que nos levará até Piucos a última aldea do noso camiño de hoxe.- Este tramo ofrécenos unhas fermosas vistas  sobre o Xistral.


oscaminhosdaagra.blospot.com


25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...