segunda-feira, 8 de novembro de 2021

RIAÑO: ENTRE AUGA, FAIEDOS E MONTAÑAS.

 Longo tempo aprazada pola Covid, Os camiños da Agra  encamiñan os seus pasos cara as terras de Riaño para escoitar ás campás dos vellos pobos asulagados e andar entre os faiedos onde emerxen os cumes que gardan as augas do encoro.








Os camiños da Agra

terça-feira, 29 de junho de 2021

REMATAMOS A TEMPORADA 20/21 E SAUDAMOS A PRÓXIMA , 21/22



 Case podiamos repetir o titular da temporada anterior, " Adeus a unha temporada para esquecer"  mais, desta vez, semella que se abre unha luz e podemos agardar unha próxima máis ou menos normal.

Os camiños da Agra rematan  o 20/21 probando  troitas, anguías e un churrasquiño no Restaurante Río Loio e foi unha pena que non o puideran compartir maís xente pois estaba de moi bo dente. Aínda así trinta valerosas e valerosos camiñantes fechamos unha nova temporada e abrímoslle paso á do 21/22 da que vos adxunto a programación.

Un saúdo e bon verán para todas e todos !!!

Os camiños da  Agra.


NOVOS SENDEIROS / NOVOS CAMIÑOS

2021 /2022



RIAÑO, AUGA E MONTAÑAS.


1- SETEMBRO. ROTA DO MIÑO, PEROXA- OS PEARES.


2-OUTUBRO (30,31,1). RIAÑO (LEÓN)


3- NOVEMBRO. CONCELLO DE VILASANTAR.



DECEMBRO, DESCANSAMOS.



4- XANEIRO. ROTA DOS MUÍÑOS EN RODEIRO, COCIDO NO CABALEIRO DE VIANA.


5- FEBREIRO. CEA – DOZÓN.


6-ABRIL. PRIMAVERA NA RIBEIRA SACRA( FIN DE SEMANA)


7- MAIO. ROTA DA AUGA, BAIO


8-ROTA DA CASTAÑA E DO MEL. COMIDA NO LOR.



http://oscaminhosdaagra.blogspot.com/


aminhavaca@gmail.com / 672313183.




Nota: nas rotas de fin de semana ou con comida as inscricións pecharanse o mércores anterior. As persoas que se dean de baixa a posteriori deberán aboar a metade do custe da saída


quarta-feira, 5 de maio de 2021

DE OZA A BETANZOS: FERVENZAS DA REXIDOIRA E SENDA DO MENDO

Continuamos coas nosas camiñadas sen viaxar moito, mantendo as medidas de seguridade a que nos obriga o a covid- 19 e procurando prepararnos para os tempos mellores que de seguro virán.

O domingo 30 de maio os nosos pasos levarannos de Oza a Betanzos, abeirando o río Mendo, primeiro desde as fervenzas da Rexidoira e logo camiñando a súa beira até a vila de Betanzos.


Domingo 30 de maio, saída ás 9,30.
Os camiños da Agra.


​PD.
40 prazas no autobús, tapabocas obrigatorio e camiñamos gardando​ as distancias de seguridade.Pola mañá non haberá parada para o café pero pola tarde tomaremos as cervexas en Betanzos.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...