quarta-feira, 17 de maio de 2017

A Costa Ártabra,domingo,28 de maio.

Comezamos a camiñar desde a praia de Santa Comba pola fermosa ruta de senderismo da Costa Ártabra, que transcorre pola costa naronesa ata Campelo (uns 12 km, aproximadamente). É unha ruta que está perfectamente sinalizada con paneis informativos indicando distancias e tempos, con dificultade baixa nos concellos de Ferrol e Valdoviño e media-alta no concello de Narón onde se sobe aos montes da Lagoa con fortes pendentes e desniveis, pero que paga a pena pois as vistas son impresionantes. A praia de Ponzos, un areal de 1400 m de lonxitude, atesoura un sistema dunar ben conservado. Pero esta praia conta con máis tesouros. Anque non nos poidemos achegar ata a mina de Covarradeiras, mina de ouro a ceo aberto que, segundo as investigacións, xa foran explotadas desde a romanización e mesmo antes, probablemente por poboadores da Idade do Ferro, sí pasamos á beira do antigo lavadoiro de material, de principios do século XX, pertencente á mina. A principios do século pasado, a empresa que explotaba a mina construiu unha nova galería xunto con este lavadoiro. Trátase dunha estrutura de formigón situada no punto medio da praia de Ponzos e que dista da propia mina un quilómetro.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...