sexta-feira, 2 de outubro de 2020

ROTEIROS COVID 19

 Tendo en conta a situación na que nos atopamos e dado que a moitas persoas non lles apetece facer viaxes longas en bus, decidimos alterar o noso programa de rotas para  o ano 2020.

Xa que non queremos renunciar ás nosas camiñadas, cambiamos as rotas previstas para este ano 2020 por outras que nos quedan máis perto, agardando que o próximo, poidamos retomar a nosa programación normal

SETEMBRO 2020: POLO RÍO DOS DOUS NOMES E A VEIGA DO MANDEO,(ARANGA).



OUTUBRO 2020: POLA COSTA DA MORTE, DE  CAIÓN A RAZO ( XERMADE, CAIÓN, RAZO).


NOVEMBRO 2020 : FERVENZAS DE CARBALLO, DE RAMIL A ENTRECRUCES.



DECEMBRO 2020: PASEO POLOS ARREDORES  DE PORTOMARÍN E  ANGUÍAS E TROITAS NO LOIO ( Grupo reducido) 


GOZEMOS DO QUE TEMOS CON MOITO SENTIDIÑO
oscaminhosdaagra.blogspot.com

quarta-feira, 2 de setembro de 2020

DOMINGO 27 SETEMBRO/ ROTA DA CASTAÑA E DO MEL

 Comezamos a rota na parroquia de Salcedo, coñecida polo seu Oso de Antroido e, desde aquí,imos baixando entre bosques até o río Lor, preto da central do Loureiro afluente seu. Logo de atrevesar o souto de Paramadela, volvemos de novo ao río para empezar o camiño de volta.

Durante o percorrido podemos ver alvarizas restauradas, soutos, o río Lor, o castro de As Laceiras e bonitos miradoiros.

  • Lonxitude: 13 km aproximadamente
  • Dificultade: media
  • Desnivel: medio



sexta-feira, 24 de julho de 2020

O ADEUS DUNHA TEMPORADA QUE NON ESQUECEREMOS.

Certo,non a esqueceremos pero gostaríamos de facelo:  a temporada 2019/2020 será para sempre a temporada do Covid-19 e, desde Os camiños da Agra, quixemos rematar cunha rota que nos permitira conxugar as medidas de seguridade co goce da natureza e despedirnos, citándonos para a próxima temporada.
Non puideron ser as troitas e as anguías en Portomarín pero deixámolas aprazadas para setembro e diriximos os nosos pasos cara a Rota da auga en Guitiriz.
Non por coñecidos, deixa de ser un gozara percorrer os sendeiros do Parga e do Ladroil, mollar os pés nas piscinas naturais dos Sete muíños ou desfrutar dunha cervexa na área recreativa da feira de Parga antes de encamiñarnos cara a San Alberte para ver a súa fermosa igrexa e beber da súa fonte. A camiñada remata na N- VI, onde nos recolle o bus para voltar a Coruña pensando xa nas próximas rotas que nos agardan en setembro.
Debemos resaltar o comportamento das e dos participantes respectando, en todo momento, as normas e garantindo, deste xeito, que o próximo ano podamos desfrutar todos da natureza. aínda que sexa con máscara.
BOAS VACACIÓNS A TOD@S ! VÉMONOS EN SETEMBRO!
OS CAMIÑOS DA AGRA.

segunda-feira, 8 de junho de 2020

A PÓRLLE O RAMO A UNHA TEMPORADA ACCIDENTADA...: anguías e troitas en Portomarín.

Neste ano accidentado onde o "bicho", apenas nos deixou gozar do cocido aló polas terras de Chantada e nos mudou tantos proxectos, queremos pórlle o ramo a esta temporada e prepararnos para a próxima da mellor maneira posíbel.Para iso compartiremos cos peregrinos un anco do Camiño, Ventas de Narón- Portomarín e remateremos no Río Loio, facendolle fronte ás aguiás e troitas que lle deron sona.
PRÓXIMA TEMPORADA: 2020/2021
CONTRA O "BICHO": ESPECIAL OURENSE.
SETEMBRO: O Courel.
OUTONO NA RIBEIRA SACRA:2ª parte.
NOVEMBRO: Cea - Dozón por Oseira.
XANEIRO(COCIDO): Rota do Miño. A peroxa_ Os Peares.
FEBREIRO.: Boborás - Brués.
MARZO: O Ribeiro. Fervenzas do Tourén/ pozas de Melón.
ABRIL : Camiño da amargura. Luíntra.
MAIO (15, 16, 17): Montañas de Riaño e Picos de Europa.
XUÑO:do Barco a Quiroga. Troitas no Lor.

quinta-feira, 27 de fevereiro de 2020

PRÓXIMAS ROTAS


29 MARZO


O COUREL: Parada- Alto da lomba- Ferreirós de abaixo.
Saída ás 9




1,2,3 MAIO.

MONTAÑAS DE RIAÑO E PICOS DE EUROPA.


Venres, 1- Porto de Horcadas.

Sábado,2- Burón: Minerva- Rabanal.

Domingo,3- Llánaves - San Glorio - Llesba- Llánaves.

Saída o venres ás 9. Prezo, socios 160; non socios,170.
Hai que levar bocata para o venres.

Non hai habitacións individuais ( se alguén quere , paga unha dobre-)




segunda-feira, 10 de fevereiro de 2020

UN ANO DE CAMIÑADAS

Aínda que as nosas camiñadas van de setembro a xuño para gardarnos das calores do verán, rematado o ano, tampouco está mal  facer memoria.


Empezamos 2019 cun cocido en Orro, tras un percorrido desde os cumes do Xalo que, atravesando Boedo e o Val de Loureda, nos deixou ás portas do restaurante.         
 


Febreiro levounos cara a Ponteverdra seguindo as Pontes do Lérez pero marzo touxonos de novo ao camiño de Inverno pola serra da Lastra até O Barco.


                                                                                                                                                              Para despedirnos do inverno e celebrar a primavera  están os vales e os cumes de Redes en Asturias, as súas fervenzas, os seus ríos, os cumes  e os faiedos atravesados  polo corzo e o xabaril.


Non podiamos coller vacacións sen visitar o Courel e comer unhas troitas e anguias en Quiroga e alá nos fumos facer a rota do Uxío. Todo ía moi ben e xa estabamos saboreando as troitas  cando, por primeira vez en 15 anos, se estropeu o autobús e as troitas tiveron que esperar.

Pasadas as calores do verán, setembro brindounos unha boa molladura para acompañar a nosa rota de Laxe a Camelle. No Outono, a Ribeira Sacra agasallounos coas súas cores, A Teixeira, Castro Caldelas, Trives, onde o hostal As Maceiras nos brindou un magosto e unha cea baile.
Despedímonos en novembro cunha visita ao Incio, terras xa visitadas polas primeiras nevadas. Decembro hai que deixalo para descansar e preparar o corpo para un novo ano: a serra do Faro agarda por nós e o Caballero de Viana contaranos como naceu o "Bravú" diante dun cocido.



Adeus 2019, benvindo 2020 !!!

sexta-feira, 7 de fevereiro de 2020

DE MUGARDOS A ARES POLA COSTA

                                                                        



Entre castelos e baterias defensivas que nos lembran outros tempos gozaremos dunha camiñada pola costa de Mugardos até o porto de Ares: o Castelo da Palma, o de San Filipe  do outro lado da ría, a praia de Chanteiro entre punta Segaño e punta Coitelada e, sempre o mar a nosa direita. A beleza da paisaxe aumenta por momentos ata o lugar de O Outeiro. A ruta continúa en dirección sur, un pouco cara o interior, ata Maiobre, onde volve a haber unhas fermosas vistas da ría ata chegar a Ares.
                                                                    

DOMINGO, 1 DE MARZO. SAÍDA ÁS 9.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...