domingo, 28 de dezembro de 2014

Estando en Babia cara ás fontes do Sil

Despois dun paseo polo Val do Silencio,visitar a cova do Santo Genadio e perder tres persoas,que xa é ben dificil en Penalba,diriximos os nosos pasos cara á Babia,lugar onde estamos habitualmente, a percura das fontes do Sil e nestas....NEVOU.

Camiñando cara á cova do santo.




Á percura das fontes do Sil.O santo anterior non nos axudou moito, mais,pasámolo ben.


















segunda-feira, 8 de dezembro de 2014

Un paseo pola Terra Cha.

Antes de comezar as Navidades e un ano que nos traerá ouros portops onde amarrar.Démonos un paseíño pola Terra Cha,sempre coa lembranda do Manuel María que convertiu estes nomes ne poemas:Penas de Rodas,alto do Paraño,lagoa de Cospeito,Gaioso,Outeiro de Rei....



sexta-feira, 5 de dezembro de 2014

O NACIMENTO DO SIL

 Resultado de imaxes para rio sil

Nace en La Cueta, León, ao pé de Peña Orniz, a 1.980 metros de altitude. Após pasar polas comarcas de Laciana e do Bierzo (nesta, cruza a vila de Ponferrada), entra en Galicia pola provincia de Ourense, onde atravesa o Montefurado. Antigamente o seu leito rodeaba este monte nun percorrido de 3 km.
No seu tramo medio define a fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense. Xúntase co Miño no lugar dos Peares. Preto da intersección entre o río Sil e o río Miño están os Canóns do Sil. O seu curso é de 228 km, pasando por vilas como Villablino, Toreno, Ponferrada, O Barco de Valdeorras, A Rúa e Quiroga. A súa conca é de 8.020 km².

quinta-feira, 6 de novembro de 2014

Entre lagoas pola Terra Cha.

O domingo,30 de novembro,unha nova rota agarda por nós,desta vez baixamos das montañas de Somiedo ás chairas da Terra Cha e faremos un percorrido lineal entre a lagoa de Cospeito e a parroquia de Lamas,perto da lagoa da Carballosa,onde nos recollerá o autobús e poderemos ver a súa igrexa e cruceiro.
Saída ás 9.

http://www.mancomunidadeterracha.com/descargas/PRG151.cospeito.pdf

segunda-feira, 27 de outubro de 2014

UNHA VEZ MÁIS ,VIMOS DE SOMIEDO.

Sábado un pequeno aperitivo para estirar as pernas,esquecer a longa viaxe en autobús e prepararmonos para a cea.

María como é de Malpica quere darlle de comer ás vacas mais,xa se ve que non se acerca moito.Antón non se sabe que fai.




Deixamos a braña de Mumián e baixamos cara ao Coto de la Buena Madre: unha monxa quedou preñada e botárona do convento pero como era de boa casa veu parar a esta aldea que era propiedade do mmosteiro,(algo así).

A xente ten fame.


Detrás de carmen semella que hai un camuflado con pasamontañas.Eu creo que sew colou na cea.




Domingo,26,bon almorzo,bocata de tortilla e arrincamos de San Lorenzo cara a San Martín d´Ondes.Algún esqueceu a mochila e semella que vai paseando pola rúa Real.


Un Belén no medio monte.(Por veces hai moitos,depende con quen vaiamos)

Para saber onde estamos.

Reflexionando con Romi.A quen iremos criticando?(grazas Araceli pola foto)

Non sei se estou coidando do neno ou lle din unha labazada queo tirou na cadeira.Non lembro nada.




sexta-feira, 3 de outubro de 2014

OUTONO EN SOMIEDO

UN ANO MÁIS,UNHA NOVA TEMPORADA ,SOMIEDO ESPÉRANOS,UN CABRITO EN CASA MIÑO,UNHAS BOAS CAMAS,SIDRINA E DÚAS ROTAS PRECIOSAS:A DO DOMINGO UN POUCO LONGA,PERO SEN DIFICULTADE.COMPENSAMOS COA DO SÁBADO,UN PASEO PARA ESTIRAR AS PERNAS E GOZAR DUN DOS MELLORES FAIEDOS DE SOMIEDO.
POLA NOITE, LOGO DOS ENCHIDOS DA TERRA,O CABRITO E O VIÑO,SEMPRE HABERÁ ALGUÉN QUE SE DEDIQUE A CANTAR E DESPERTAR AOS VECIÑOS.....

Sábado,25.


domingo,26
 PORTO DE SAN LORENZO-DOLIA-BELMONTE DE MIRANDA
(camin de la mesa)


Camín Real de la Mesa. Etapa 2

Etapa 2: Alto de San Lorenzo ? Dolia (18.455 ml.)
Desde el alto del Puerto de San Lorenzo (una de las cumbres de Categoría Especial de la Vuelta Ciclista a España 2006), la andadura prosigue a través de un tramo colonizado por vegetación herbácea que sirve de pasto al ganado. A partir de este punto se recorren zonas bellísimas como la Campa o Vega de Cueiro, uno de los puntos más emblemáticos de todo el recorrido en el que confluyen cinco Concejos (Somiedo, Teverga, Grado, Belmonte de Miranda y Yernes y Tameza), elevada plataforma suspendida entre las montañas. Desde ella, y rodeando el Pico La Corona se accede a la Sierra?l Contu, en la que aún se pueden identificar los vestigios de enterramientos tumulares. La traza continúa posteriormente, salvando el desnivel, próxima a la Braña La Forcada, en la que hallaremos una fuente. Desde allí alcanzaremos la antigua Venta de Porcabezas, desde donde comienza el descenso hacia La Corredoria, el la que se localiza la magnífica Venta homónima, tras la que el recorrido hasta Dolia se realiza en una zona delimitada en su totalidad por cierres perimetrales de praderías.

http://www.caminrealdelamesa.es/camineria/es/camineria/caminrealmesaetapa2/

http://www.gmsanbernardo.com/DOCUMENTOS/RUTA%208%20San%20lorenzo%20Belmonte.pdf
os a Belmonte

segunda-feira, 29 de setembro de 2014

A PRIMEIRA NA FRONTE...

Empezamosa temporada e  custounos un bocadiño.Andabamos todos un pouquiño desengraxados e, noutouse.Sempre pasa coa primeira vez, xa iremos mellorando.Con todo o tempo acompañounos e pudemos gozar dunha bonita rota pola ribeira do río Barragán.
Temos que agradecer ás comunidades de montes de Fornelos,Pazos e Covelo que se preocuparon por habilitar este espazo e que o seguen coidando.


Mentres uns comiamos de campo,outras tomaban cervexa de balcón...
 












A xente ten moito interese por todo e non quere perder o tempo: Aprendendo a facer cestos.











Observando aos camiñantes....




terça-feira, 16 de setembro de 2014

Remexendo nos caixóns.

Hoxe revolvendo nos papeis vellos atopei esta entrevista con Orlando,alma mater de SOS Courel,que a pesar do tempo que pasou non perdeu nada de actualidade.

 Explotación mineira no Courel / Foto: Amigos da Terra
Orlando Gregorio, de SOS Courel

"No Courel quítanlle servizos á xente para apartala de aquí"

"A este paso imos ter que facer unha plataforma cidadá que goberne Galiza". Vieiros falou co activista Orlando Gregorio Álvarez. "Estamos a tempo de salvar o Courel, dinos.
R.Noguerol - 09:00 15/07/2007
Vieiros: O Courel, un gran descoñecido aí á volta, non é?
Orlando Gregorio Álvarez: Pois seguramente hoxe é moito menos coñecido do que o era, noutros tempos, cando Novoneyra escribía del. Foise ocultando co paso dos anos. E iso ten que ver cun plan non escrito para desvalorizalo, un plan do que cada vez imos sabendo máis. Hai un conxunto de intereses claros que apuntan ao Courel.

En 2001 tiveramos un exemplo evidente, cando un conxunto de empresas fixeron presión para evitar que a zona entrase baixo a protección de Rede Natura. A cobiza por explotar os recursos mineiros do lugar era o que os movía. Desde aquela segue a presión. A Xunta presenta como un gran anuncio o feito de que se paralice unha ou un par de explotacións, pero aquí hai un feixe delas, tanto legais como ilegais.

Están estragando unha das zonas do país con maior biodiversidade, permitindo cousas como que se faga unha estrada unicamente para a utilización das canteiras, eliminando alternativas para os veciños... Que non veñan falando de plans de desenvolvemento sustentábel e de chamada á participación dos axentes sociais cando despois lle dan as costas á xente. A nós por exemplo aínda non nos consultaron ao respecto, aínda que claro está, entendemos que a consellaría de Medio Ambiente está enfadada connosco porque lles vimos sacando as cores deseguido.

Chega tarde o movemento en defensa do Courel?
Non, non chega tarde. Estase a tempo de salvar, pero iso se se quere, claro. Os políticos teñen na súa man a toma de decisións que creen outro futuro. Tal e como por exemplo no seu momento se decidiu con firmeza sobre Touriñán, entendendo que era un proxecto horrendo para o lugar, aquí poderíanse tomar as decisións correctas de igual modo.

Iso non quere dicir que sexamos optimistas, e as palabras do conselleiro Pachi Vázquez facendo comparación con Vigo xa nos parecerían abondo motivo para solicitar a súa dimisión. Fanse monumentos faraónicos e Cidades da Cultura e esquécese o importante valor que xa temos. Se este goberno segue así, nesta liña de irresponsabilidade, mal imos...

E con todo, non pensa vostede que a mobilización que desta volta se está producindo é unha garantía tamén para o futuro?
Temos a esperanza. Se o mundo está así, se teiman en poñelo así, non podemos cruzarnos de brazos. Hoxe é Courel e mañá pode ser noutro sitio. Se lles deixamos... A nosa loita é de interese para toda Galiza.

Parece que á xente agora lle interesa isto...
Estamos falando probablemente do bosque máis glorioso desde Roncesvalles a Compostela. Alén de outros valores ambientais, sociais ou mesmo económicos, por exemplo por que non vai ser posíbel un turismo de calidade no Courel, pensemos no valor se se quere máis frívolo: o paisaxístico. Isto é un paraíso e está vindo xente de fóra, persoas que queren apostar e montar proxectos turísticos, vivir no Courel, e non lles deixan, todo son obstáculos e darlles para atrás. É escandaloso, unha auténtica vergonza. Promoven máis de medio cento de explotacións mineiras, a continuación din que paralizan a metade pero permiten o resto, e aínda queren quedar como heroes...? A este paso imos ter que crear unha plataforma cidadá que goberne Galiza.

Puideron ver vostedes o plan de concesións e dereitos mineiros que tanto pediron?
Esa información aínda non a temos aínda que insistamos en que os veciños teñen dereito a todos os datos e de xeito detallado. A Xunta usa a información para o que lle convén e da forma que quere, organizan unha conferencia de prensa, sacan un mapa daquela maneira... Pasan por riba de leis europeas e estatais e non lle fan caso ningún ás normas que estabelecen que a xente debe ter canles para participar neste tipo de casos.

Con todo, ao respecto dalgún borrador ao que tiveron acceso insinúan vostedes algunha curiosidade...
É incríbel: o Courel totalmente tapizado de cuadrículas mineiras, desde o norte até o sur. Ben, todo non, resulta que si que aparece un anaco pequeno no límite con Quiroga e a excepción da aldea de Teixeira e monte e terras a pé dela que, casualidade, coincide coa aldea natal do alcalde do Courel.

Por outra parte, se lle parece falamos do día a día dos veciños, que está cheo de pequenas pero moi importantes reivindicacións...
É outra parte do truco que están aplicando aquí. Quítanlle servizos á xente para apartala de aquí. Todo son facilidades e axudas para que os veciños deixen o Courel e vaian cara a Quiroga ou Monforte. Suprímese transporte público, elimínanse servizos sanitarios... Aquí estase fomentando adrede o despoboamento, engatusando a xente para que marche a Quiroga e deixe o Courel, o Folgoso leva camiño de ser un concello pantasma. Ademais da declaración de Parque Natural queremos que os veciños se poidan implicar na súa xestión e que se destinen os recursos necesarios e se poñan os servizos públicos básicos, porque iso é o desenvolvemento sustentábel.

Se cadra... Foron as administracións tradicionalmente pouco ambiciosas co Caurel?
Foron, cando poden facer algo miran para outro lado. Fan ao revés ou non fan nada. Ou si, fan folletos. Se gastaran os cartos ben... Pero folletos si que fan...

Desde os concellos non parece que haxa un movemento forte en protesta?
Non, cando hai tantos intereses polo medio. Non é doado enfrontarse. Ven que a xente está un tanto resignada. E con esta tendencia Galiza de aquí a pouco non vai poder presumir de nada. É unha vergonza. Os políticos son auténticos covardes e están merendeando coa xente. Trátase simplemente de querer o territorio, de ter un aprecio polo noso. Se ese criterio o tivesen as empresas que promoven estas cousas, isto non pasaría. Pero en Galiza parece que temos mala sorte con isto, coas empresas, coas caixas, cos bancos, cos políticos...

E mire, vanlles poñer uns muíños eólicos, pero seica os van pintar...
[risos] Eles mesmo recoñecen o impacto que isto ten, non só polo contorno natural onde se pon, senón porque ademais está no Camiño de Santiago. Medio Ambiente prometera que non se ían instalar máis parques eólicos en Rede Natura, pero agora acaban de autorizar o parque eólico do Oribio, no Courel, que será o máis alto do país, a 1.500 metros de altura. Paradoxalmente, na declaración de impacto ambiental recoñecen o impacto visual que terán e din que para compensar van pintar as torres e poñer pantallas vexetais. Pois non sei eu que pantallas serán esas, con semellantes aparellos supoño que plantarán eucaliptos.

domingo, 14 de setembro de 2014

NOVIDADES DESTA TEMPORADA.

Tendo en conta que hai moita xente que non gosta moito de camiñar e prefire outro tipo de saídas esste ano ofrecemos tres saídas  especiais:

1- novembro,feira de Santos  en Monterroso.

2-En xuño contamos facerlle unha visita ao festival de xardíns na Ponte Lima.

3-Por último unha combinación entre cultura e sendeirismo,o parque natural das serras de Aire e Candeeiros,visitando tamén os mosteiros da Alcobaça,Batalha e o Convento de Tomar.
Para esta aínda non temos data,dado que precisamos tres días.

quinta-feira, 11 de setembro de 2014

terça-feira, 9 de setembro de 2014

Unha páxina para lembrar

http://www.turismoasturias.es/

Nela podes recordar as camiñades que fixeches,preparar as novas ou gozar dusn espazo inigualabéis,aínda que só sexa a través das fotos ou dos vídeos.

Oscos - Eo

sexta-feira, 5 de setembro de 2014

Un espazo máxico en perigo.

OU como se pode morrer de éxito.
Os camiñantes coñecemos das destrucións masivas da paisaxe e do seu deterioro por falta de coidado.Falamos do  desprezo que semellan ter os nosos gobernos polas paisaxes naturais: son capaces de por unha casa nunha duna e logo fan un muro para que non entre a auga.Menos mal que as marés arranxan a situación.
A praia das Catedrais nunha situación de éxito desbordado pola súa sona,corre perigo,precisa dunha proteción contra a masificación e algún tipo de control.
CANDO NON EXISTA LEMBRARÉMOLA E ,NON SE CONSTRÚE O FUTURO DESTROZANDO O PRESENTE.
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/galiza/carreiras-praia-das-catedrais-sexa-parque-natural/20140905024430030329.html

terça-feira, 2 de setembro de 2014

Setembro 2014

Comeza a temporada e a fraga do río Barragán espera polas nosas botas. http://www.sendadobarragan.com/

terça-feira, 26 de agosto de 2014

DESCULPADE...

A memoria é escasa e, como xa sabedes ,eu non son demasiado amigo dos trastos modernos e cando me falla a secretaria teño poucas testemuños dos nosos  percorridos.Procurarei facer penitencia e cambiar o meu comportamento,mentres podedes gozar co blogue de Manol Graña,onde están moitas das nosas saídas,ou coas entradas de Somiedo,Redes...e outras recomendacións que hai no blogue,poñeremos máis.
Agora andamos a prepara a temporada 14/15 e promete moito,xa están vistas a Fraga do río Barragán,
 e a visita a Somiedo para o outono(ao mellor hai máis) e pouco a pouco virán todas para esta varanda chea de lembranzas que queremos compartir con tod@s.


Dúas mostras para abrir boca,Camín de la Mesa porto de San Lorenzo-Belmonte.

segunda-feira, 25 de agosto de 2014

Achegámonos ao fin deste repaso, 2013

Fomos pasando rapidamente os anos deste repaso e agora no 2013,se cadra,o máis interesante foi a visita ao Val do Silencio,sen desmerecer nada o cocido que nos papamos.

Oque hai que facer para comer un cocido...

quarta-feira, 20 de agosto de 2014

Seguimos pasando anos,2012.

Do 2010 e do do 2011 non temos fotos e do 2012 apenas temos algunhas,iso si,se cadra da rota máis importante e bonita que fixemos este ano: Camín de la Mesa,entre porto de San Lorenzo e Torrestío en Babia.Semella que canto máis avanza a tecnoloxía,menos a usamos,cousa da que gosto moito,Aí vos deixo unhas mostras do Camín de La Mesa:





25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...