terça-feira, 10 de setembro de 2019

Outono na Ribeira Sacra

Como dí o refrán  " non hai mal que por ben non veña",ou algo así, e por esta vez tivo razón: como non atopamos aloxamento no mes de outubro na Ribeira Sacra, trasladamos a rota á primeira fin de semana de novembro e isto permítenos gozar un día máis do outono na Ribeira sacra. Fragas, viñedos, ríos e montes compoñen unha paise única para a gasallar o noso percorrido pos estas terras.
  • Venres,1 novembro. Percorrido polos miradores de Doade (Sober).
  • Sábado,2 novembro. Os bosques máxicos de Castro Caldelas,tramo longo.
  • Domingo,3 novembro. Camiño de A Teixeira.






Como sempre a saída será o venres,1 novembro, ás 9 da mañá.

Os camiños da Agra.

sexta-feira, 30 de agosto de 2019

LAXE-CAMELLE

Para botar a andar nada mellor que este camiño pola Costa da Morte, entre a Rota dos faros e o  sendeiro de Laxe a Camelle. Percorremos praias cheas de cristais,cantís abertos ao Atlántico, furnas  que gardan tesouros  e lagoas  que conforman unha paisaxe mitolóxica que cautivou a Man e conforma o carácter das xentes que aqui viven...






DOMINGO, 29 SETEMBRO. SAÍDA ÁS 9
OS CAMIÑOS DA AGRA

segunda-feira, 12 de agosto de 2019

Camiñando polo Val do Baztan

Deixo unhas pequenas mostras  dun percorrido marabilloso polo val do Baztan entre faias, pobos ben conservados e xente hospitalaria  que  conforman unha paisaxe  única, nun val que se sente Euskaldún e así o reivindica.
Seis días inesquecíbeis.
 Camiño do Xorroxín
Xorroxín








segunda-feira, 24 de junho de 2019

UNS ROTEIROS CON LEMBRANZAS. CAMIÑOS 19/20


UNS ROTEIROS CON LEMBRANZAS

2019/2020

Esta temporada recuperamos algúns camiños que nos traen moi bos recordos e continuamos percorrendo outros que temos por descubrir.







1- Setembro: Laxe , Camelle.
2- Outubro (fin de semana). Outono na Ribeira Sacra. Castro Caldelas.
3-Novembro:A rota do ferro. O Incio.
4-Xaneiro: camiño natural Rodeiro/ Faro. Cocido en Chantada.
5-Febreiro: A costa de Mugardos desde o castelo da Palma.
6-Marzo: O courel, Parada, a Lomba, Ferreirós de abaixo.
7-Abril. Fin de semana en León ( posiblemente Riaño-La Vecilla)
8-Maio. Pedra e auga: Ribadumia- Armenteira. Polos camiños de Rajoy.
9-Xuño: Entre Paradela e Portomarín. Troitas e churrasco.

672313183

domingo, 5 de maio de 2019

PARQUE NATURAL DE REDES ASTURIAS

Unha que vez que, como boas e bos cidadás , escollamos democraticamente as/os nosos/nosas gobernantes, nada mellor  ca unha fin de semana de camiñatas e aire puro para descansar de tanto traballo.
Os/as camiñantes da agra diríximos os nosos pasos cara a Asturies e na fin de semana do 1/2 de xuño estaremos no Parque natural de Redes.

 O sábado 1 , logo das catro horas en bus, precisamos estirar as pernas e faremos "El camín del Aceu" un percorrido pola  calzada romana e tamén camiño real que unía Rioseco con Campo del Casu. O tramo é curto pero nós prolongarémolo algo máis para que non diga a xente  que só vimos tomar as cervexas,(arredor de tres horas de duración e dificultade media).











O domingo 2, despois da boa cea do sábado no Arnicio e duns bos almorzos,tanto no Arnicio como no Hotel A Lastra, volveremos cara a Rioseco  e compartiremos cos turistas un trecho da rota do Alba que abandoaremos na ponte do Retortiu para drixirnos ao collado do Isorno. Desta rota faremos unha variante subindo por onde tíñamos que baixar e seguindo polo regato do Nozalín, cunhas paisaxes impresionantes, voltar a Soto de Agües (dificultade media/alta).

Aqui vos deixo dúas vistas do percorrido.








                                         
E para rematarmos a temporada, o 30 de xuño, logo dunha rota polo Caurel, farémoslle unha visita ao mesón Luís de Rairós e pórlle o ramo cuns entrantes da casa, troitas, anguías, sobremesas, viño de Quiroga, café e...

domingo, 10 de março de 2019

AS PONTES DO LÉREZ E A SERRA DO CANDÁN

Domingo 31 marzo, saída ás 9.
Abandoamos a praia e as rotas costeira e dixímonos cara ao interior e nesta ocasión a nosa parada eé polas da rapa das bestas, Forcarei, Cerdedo-Cotobade. Un percorrido que combina aribeira do Lérez coas fermosas vistas da Serra do Candán vainos levar desde o mosteiro de Acibeiro até  Goxín, preto de Forcarei.




segunda-feira, 4 de março de 2019

Redes, 1 e 2 xuño

Para curármonos a resaca electoral o grupo de sendeirismo Camiños da Agra visitará o Parque natural de Redes os días 1 e 2 de xuño. 
Aquí vos deixo un pequeno adianto do que nos encontraremos alá:
Polo camiño do Aceu

No camiño do Aceu

Polo camiño do Aceu
Subindo cara ás Morteres
Homenaxe aos represaliados

Camiño de Tarna
Pola collada do Isorna
 Mentres agardamos vémonos o día 31 nas Pontes do Lérez e o 4 de maio pola serra da Lastra, de Ponte Domingos Flórez a Rubiá.



domingo, 3 de fevereiro de 2019

TRAS DA RIANXEIRA. DO BELUSO AO ULLA

Un fermosa  rota á percura do esteiro do Ulla, ponlle fin ao noso percorrido do  Corrubedo até Catoira. As preciosa imaxes que acompañan o noso camiñar desde o río Beluso, que verte as súas augas a carón do Castelo de Lúa en Rianxo, até o Ulla vese magoada por un exceso de asfalto mais, aínda así, merece a pena.

Punta das Tres Cruces


Non só a punta das Tres Cruces impresionará os noso ollos alén diso multitude de cruceiros acompañarán o nos precorrido.
No porto de Rianxo a Virxe de Guadalupe dará a saída cara ás praias de Tanxil, As Cunchas ou Abuín. A partir de aquí o asfalto entorpece o noso camiñar que se verá compensado polas distintas imaxes que se ofrecen aos nosos ollos.Entre este paraxes destaca a aldea de Quintáns, situada nun lugar privilexiado do concello, á beira do río Ulla e ós pes do Monte Quintáns, a cal conserva moitas casas antigas e multitude de hórreos, ademais dunha peculiar zona, onde o embarcadoiro, na que se atopan unha fonte e un muíño bastante ben conservado, e á beira do río, o chamado Cruceiro do Cabo.
Neste tramo final do río que vai dende a illa das Brañas ata a súa desembocadura fronte a illa de Cortegada, foron aparecendo, debido ó efecto das correntes mariñas, numerosos montículos ou illotes de area. Na marxe oposta do río, atópanse as Torres do Oeste, Monumento Nacional pertencente ó municipio de Catoira, ó que se accede por unha ponte de recente construción próximo á illa das Brañas.

As torres Oeste

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...