sexta-feira, 24 de fevereiro de 2023

ALGUNHAS MODIFICACIÓNS.

LEMBRANDO O PASADO E MIRANDO O FUTURO


VELLOS E NOVOS CAMIÑOS PARA UNHA NOVA TEMPORADA



MODIFICADO (Rutas de abril e maio)



XANEIR0: Rego das Coruxas. Concello de MURAS (COCIDO)



FEBREIRO: Rota do Castro, PR-G 196. A ESTRADA.



MARZO: Margallón- Río Sor- Margallón. O VICEDO.



ABRIL: 29 e 30 de abril, 1 de maio: fin de semana MANZANEDA



  • Rota dos sequeiros. Trives.Sábado,29.

  • Val glaciar de Prada. Manzaneda.Domingo,30

  • Souto de Cesuris.Manzaneda.Luns, 1 de maio.


MAIO: Ruta do Río Trimaz, Xermade

XUÑO: Troitas e anguías no Mesón da Cova. O Saviñao.

Santo Estebo de ribas do Miño – Abadía da Cova




quarta-feira, 1 de fevereiro de 2023

26 FEBREIRO PARA COMPESARMOS OS COCIDOS, ROTA DE CASTRO( A ESTRADA)

 ROTA DE CASTO, CONCELLO DE A ESTRADA

Os meses de xaneiro e febreiro son moi duros. Hami moitos compromisos e todos teñen un deminador común: o cocido. Este prato excelente pero baixo en calorías  acompáñanos, un día sí e outro tamén  ao longo desta temporada invernal e, por iso, cómpre ao rematar febreiro e albiscar a primavera, darnos un respiro. 


Desde  Os camiños da Agra propoñémosvos esta pequena rota que vos pode server de 

auto-auxuda para a vosa  preparación da operación bañador.


O PR-G 196 é unha ruta circular de 10,80 km (máis unha derivación de 550 m) que

 percorre a parroquia de San Miguel de Castro, dominada polo xacemento arqueolóxico

 do Coto e bañada polo río Ulla.


No inicio é de salientar a capela de Nosa Señora das Angustias, fundada en 1707 na

 Albergaría e trasladada en 1880 ao Seixo, así como o antigo Camiño Real polo que

 transcorre a Vía da Prata cara a Santiago de Compostela. Ademais, destacan a igrexa

 de san Miguel, o miradoiro do castro, a hórrea de Prado e varias casas tradicionais, as

 pontes do tren de Gundián e a vexetación de ribeira do río Ulla.



DOMINGO,26 DE FEBREIRO. SAÍDA ÁS 9.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...