domingo, 6 de maio de 2018

SOMIEDO: 26 e 27 de maio.DE VAL EN VAL(LA PERAL VILAR DE VILDAS)


                             

De val en val. Desde o val de Somiedo até o val do Pigüeña. A rota comeza en La Peral, unha aldea vaqueira, onde entre prados e teitos empezamos os cinco quilómetros de subida que nos levarán até a fonte de Los Borrones, lugar onde comeremos e recuperaremos forzas para o descenso a Vilar de Vildas.
Na subida de La Peral iremos ben escoltados, por unha banda o Cornón e pola outra o pico Moscosu guiarán os nosos pasos e farán imposíbel  que nos perdamos.
    Descansd@s e comid@s  empezaremos o descenso do val do Pigüeña iremos cara á braña de Los Cuartos e sobre todo, La Pornacal que con 32 teitos é unha das máis impresionantes de Somiedo. 
Desde aquí , unha pista vaqueira lévanos a Vilar de Vildas onde nos espera a cervexa e o autobús.
Resultado de imaxes para DESFILADEIRO DAS XANAS
O domingo 27 será máis doado, trasladarémosnos ao Val do oso, o autobús conducirános por unhas paisaxes marabillosas aos concellos de Teverga e Quirós, onde gozaremos con ese tesouro escondido que é o desfiladeiro das Xanas. Para rematar unha fin de semana extraordinaria, nada mellor ca unha comida asturiana en Casa Generosa de Pedroveya. HAI QUE REPOR AS CALORIAS PERDIDAS.   

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...