De val en val. Desde o val de Somiedo até o val do Pigüeña. A rota comeza en La Peral, unha aldea vaqueira, onde entre prados e teitos empezamos os cinco quilómetros de subida que nos levarán até a fonte de Los Borrones, lugar onde comeremos e recuperaremos forzas para o descenso a Vilar de Vildas.
Na subida de La Peral iremos ben escoltados, por unha banda o Cornón e pola outra o pico Moscosu guiarán os nosos pasos e farán imposíbel que nos perdamos.
Descansd@s e comid@s empezaremos o descenso do val do Pigüeña iremos cara á braña de Los Cuartos e sobre todo, La Pornacal que con 32 teitos é unha das máis impresionantes de Somiedo.
Desde aquí , unha pista vaqueira lévanos a Vilar de Vildas onde nos espera a cervexa e o autobús.
O domingo 27 será máis doado, trasladarémosnos ao Val do oso, o autobús conducirános por unhas paisaxes marabillosas aos concellos de Teverga e Quirós, onde gozaremos con ese tesouro escondido que é o desfiladeiro das Xanas. Para rematar unha fin de semana extraordinaria, nada mellor ca unha comida asturiana en Casa Generosa de Pedroveya. HAI QUE REPOR AS CALORIAS PERDIDAS.
Protección solar mais que recomendada.
ResponderExcluir