terça-feira, 27 de janeiro de 2015

Seguindo o Belelle na procura do cocido

Da mesma maneira que o señor aquel do sombreiro andaba á procura dunha arca que perdera,a xente dos Camiños da Agra marchamos ao río Belelle na procura dun cocido e, non estivo mal.Poucas veces podemos ver un río tan limpo e cunha fervenza  no seu apoxeo.
Do cocido as opinións que recollín foron bastante favorábeis e o viño debía ser bo porque até se formaron piquetes que non querían deixar saír o autobús.







Estes son os/as do piquete.Parecían xente de orde mais hoxe xa non se pode por a man no lume por ninguén.






sexta-feira, 2 de janeiro de 2015

CAMIÑANDO TRAS DO COCIDO....

Xa pasaron as festas do Nadal e camiñamos cara ao Entroido e na Casa Toñita d´As Neves,fano moi bon,polo menos esa é a sona que teñen,a min non me fagades responsábel.Iso sí,xa sei que antes de comer non perdoades unha camiñada e nada mellor que o río Belelle que nestaépoca está espectacular.
Vémonos o 25 de xaneiro!!
25 xaneiro,O ROXAL- STª MARÍA DE CABALAR,saída ás 9.









Fin de semana de camiñadas no Parque Natural de Montesinhos.

Do 30 ao 31 de maio marchamos á coñecer o Parque Natural de Montesinho, no noreste de Portugal.  Este entorno natural montañoso, situado na ...