A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das Tres Pedras a contemplar as súas vistas panorámicas. O camiño lévanos por 15 kilómetros de pistas cómodas e ben abertas entre plantacións de millo e piñeirais ascendendo de vagar.
Iniciamos en Olveiroa, unha aldea ben conservada situada no Camiño de Santiago a Fisterra. Alí poderemos desfrutar da súa arquitectura tradicional con casas ben conservadas, horreos e algúns elementos característicos como as lacenas das abellas. Estas estructuras, habituais na Costa da Morte e no Barbanza, permitian á xente da casa ter mel e cera sempre a disposición con so abrir unha porta.
De Olveiroa dirixirémonos á Capela de Santa Lucía, na ladeira do monte Sino. Nela se celebra cada ano a romaría adicada a esta santa na que a xente pide axuda para males da vista na véspera de pentecostés. A tradición é labar a cara na fonte situada ao seu carón, secar os ollos cun pano e deixalo a secar na matogueira próxima. Se cadra podemos probar sorte e voltar con vista de lince a casa.
Percorreremos de seguido o val ata o Rego do Cadro e ascenderemos cara o parque eólico Ponte Rebordelo desfrutando das vistas do monte Chan da Lagoa, a aldea de Paradela , a vila de Fisterra no fondo e, sobre de todo, o Monte Pindo.
Chegaremos neste punto á aldea de Logoso e de seguido ao Alto das Tres Pedras, a formación granítica que da nome a esta ruta. Tras desfrutar das vistas, descenderemos de novo ao val entre prados e plantacións de millo pasando pola aldea de Lucín para voltar de regreso a Olveiroa.
Se vos apetece acompañarnos podedes incribirvos enchendo este formulario:
https://forms.gle/RLxzjLa1yFeMKu5o8
Custe: 22 € socias / 27€ non socias
Contacto: aminhapulga@gmail.com
Whatsapp: 653 013 224
Nenhum comentário:
Postar um comentário