sexta-feira, 24 de julho de 2020

O ADEUS DUNHA TEMPORADA QUE NON ESQUECEREMOS.

Certo,non a esqueceremos pero gostaríamos de facelo:  a temporada 2019/2020 será para sempre a temporada do Covid-19 e, desde Os camiños da Agra, quixemos rematar cunha rota que nos permitira conxugar as medidas de seguridade co goce da natureza e despedirnos, citándonos para a próxima temporada.
Non puideron ser as troitas e as anguías en Portomarín pero deixámolas aprazadas para setembro e diriximos os nosos pasos cara a Rota da auga en Guitiriz.
Non por coñecidos, deixa de ser un gozara percorrer os sendeiros do Parga e do Ladroil, mollar os pés nas piscinas naturais dos Sete muíños ou desfrutar dunha cervexa na área recreativa da feira de Parga antes de encamiñarnos cara a San Alberte para ver a súa fermosa igrexa e beber da súa fonte. A camiñada remata na N- VI, onde nos recolle o bus para voltar a Coruña pensando xa nas próximas rotas que nos agardan en setembro.
Debemos resaltar o comportamento das e dos participantes respectando, en todo momento, as normas e garantindo, deste xeito, que o próximo ano podamos desfrutar todos da natureza. aínda que sexa con máscara.
BOAS VACACIÓNS A TOD@S ! VÉMONOS EN SETEMBRO!
OS CAMIÑOS DA AGRA.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...