Despois de moito camiñar polo interior, botamos de menos o mar e nada mellor, para este reencontro, que a costa de Malpica.
Partimos dos Muiños da Ribeira
ergueitos a carón do mar, na parroquia de Ardeleiro. Moi perto temos unha cruz que nos lembra un de tantos naufraxios, habituais nesta costa, o do barco "Os Tonechos",onde morreron nove tripulantes, varios da mesma familia. Os nosos pasos continúan cara a Malpica, sempre coas Sisargas ao fronte e no pensamento Paco Souto, poeta e percebeiro, morto recentemente perto de Razo e animador da vida cultural de Malpica, concelleiro, promotor do certame de poesía erótica Illas Sisargas, editor...Sempre o lembraremos.
Seguindo a costa, chegaremos a capela das Neves ou de Santo Antón e alí comeremos e logo podemos tomar un café en Malpica, antes de continuar o camiño cara a Santo Hadrián, onde nos recollerá o autobús.
sexta-feira, 3 de novembro de 2017
Assinar:
Postagens (Atom)
Reflexionando en Sobrado dos Monxes
Este mes de novembro facemos a nosa última ruta do ano. Marchamos a Sobrado dos Monxes a percorrer unha ruta de 18 kilómetros, pero des...
-
A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das...
-
Este 2026 comezamos o ano camiñando e comendo. A proposta é percorrer Sendeiro PR-G 148 polo mar de Corme e a ribeira do Anllóns , un p...
-
A ruta de novembro lévanos ao concello de Mesia para pasear de muíño en muiño ata adentrarnos na fraga da Furoca. Trátase de unha ruta line...


