quinta-feira, 27 de fevereiro de 2020

PRÓXIMAS ROTAS


29 MARZO


O COUREL: Parada- Alto da lomba- Ferreirós de abaixo.
Saída ás 9




1,2,3 MAIO.

MONTAÑAS DE RIAÑO E PICOS DE EUROPA.


Venres, 1- Porto de Horcadas.

Sábado,2- Burón: Minerva- Rabanal.

Domingo,3- Llánaves - San Glorio - Llesba- Llánaves.

Saída o venres ás 9. Prezo, socios 160; non socios,170.
Hai que levar bocata para o venres.

Non hai habitacións individuais ( se alguén quere , paga unha dobre-)




segunda-feira, 10 de fevereiro de 2020

UN ANO DE CAMIÑADAS

Aínda que as nosas camiñadas van de setembro a xuño para gardarnos das calores do verán, rematado o ano, tampouco está mal  facer memoria.


Empezamos 2019 cun cocido en Orro, tras un percorrido desde os cumes do Xalo que, atravesando Boedo e o Val de Loureda, nos deixou ás portas do restaurante.         
 


Febreiro levounos cara a Ponteverdra seguindo as Pontes do Lérez pero marzo touxonos de novo ao camiño de Inverno pola serra da Lastra até O Barco.


                                                                                                                                                              Para despedirnos do inverno e celebrar a primavera  están os vales e os cumes de Redes en Asturias, as súas fervenzas, os seus ríos, os cumes  e os faiedos atravesados  polo corzo e o xabaril.


Non podiamos coller vacacións sen visitar o Courel e comer unhas troitas e anguias en Quiroga e alá nos fumos facer a rota do Uxío. Todo ía moi ben e xa estabamos saboreando as troitas  cando, por primeira vez en 15 anos, se estropeu o autobús e as troitas tiveron que esperar.

Pasadas as calores do verán, setembro brindounos unha boa molladura para acompañar a nosa rota de Laxe a Camelle. No Outono, a Ribeira Sacra agasallounos coas súas cores, A Teixeira, Castro Caldelas, Trives, onde o hostal As Maceiras nos brindou un magosto e unha cea baile.
Despedímonos en novembro cunha visita ao Incio, terras xa visitadas polas primeiras nevadas. Decembro hai que deixalo para descansar e preparar o corpo para un novo ano: a serra do Faro agarda por nós e o Caballero de Viana contaranos como naceu o "Bravú" diante dun cocido.



Adeus 2019, benvindo 2020 !!!

sexta-feira, 7 de fevereiro de 2020

DE MUGARDOS A ARES POLA COSTA

                                                                        



Entre castelos e baterias defensivas que nos lembran outros tempos gozaremos dunha camiñada pola costa de Mugardos até o porto de Ares: o Castelo da Palma, o de San Filipe  do outro lado da ría, a praia de Chanteiro entre punta Segaño e punta Coitelada e, sempre o mar a nosa direita. A beleza da paisaxe aumenta por momentos ata o lugar de O Outeiro. A ruta continúa en dirección sur, un pouco cara o interior, ata Maiobre, onde volve a haber unhas fermosas vistas da ría ata chegar a Ares.
                                                                    

DOMINGO, 1 DE MARZO. SAÍDA ÁS 9.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...