Entre castelos e baterias defensivas que nos lembran outros tempos gozaremos dunha camiñada pola costa de Mugardos até o porto de Ares: o Castelo da Palma, o de San Filipe do outro lado da ría, a praia de Chanteiro entre punta Segaño e punta Coitelada e, sempre o mar a nosa direita. A beleza da paisaxe aumenta por momentos ata o lugar de O Outeiro. A ruta continúa en dirección sur, un pouco cara o interior, ata Maiobre, onde volve a haber unhas fermosas vistas da ría ata chegar a Ares.
DOMINGO, 1 DE MARZO. SAÍDA ÁS 9.
Nenhum comentário:
Postar um comentário