quarta-feira, 23 de dezembro de 2015

ROTA DA SAÚDE

O próximo domingo, día 27, agárdanos unha das rotas máis bonitas do Courel que aproveitaremos ,como corresponde, para eliminar algunhas das graxas acumuladas nestas festas e prepararnos para as que virán.

Empezaremos cun cafe en Quiroga e cunha visita ao mirador de Campodola e logo seguiremos camiño cara a Folgoso,onde comezaremos a rota: Folgoso,castro da Torre,Sobredo e Baldomir,nomes que abren paso a unhas vistas espectaculares sobre a Pena Boa,Pía Paxaro e outros cumes do Courel.Sempre co lor aos nosos pés e co Louzara a agardar por nós.

A rota pódese facer circular con saída e chegada en Baldomir,Folgoso ou Ferreirós de Abaixo.Un pracer.






terça-feira, 1 de dezembro de 2015

Rota da saúde e do colesterol.

Recén chegados  do camiño Primitivo, atravesando as terras de Paravella,A Lastra,Fontaneira e o Cádavo,acompañados por un día espléndido e unhas paisaxes marabillosas.




A rota fíxósenos corta e quedamos con gañas de máis e, que mellor que facer unha para eliminar ese produtos tan queridos e tan perxudiciais para a nosa saúde e prepararnos para as uvas e as futuras análises do colesterol que virán despois de navidades.

domingo, 8 de novembro de 2015

Polo camiño primitivo

DE PARADAVELLA AO CÁDAVO

Subindo e baixando continúamos o Camiño Primitivo que nos vai achegando a Lugo, un bo lugar para visitar a zona dos viños,probalos e acompañalos dalgunha tapiña,ben cumprida como diría o Manuel.Os nosos camiños non chegarán desta vez alá mais isto non debe impedir a vosa visita, Lugo,merécea.
foto_roteiro_paradavella__lugo.O domingo 29 de novembro percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de interese histórico e ambiental, é obxecto de innumerábeis alteracións que merecen ser coñecidas e denunciadas. O punto de inicio do roteiro será o núcleo de Paradavella, pertencente ao concello de A Fonsagrada, no que poderemos contemplar algúns exemplos da arquitectura tradicional desta área de montaña.
Avanzando pola vertente oriental da Serra da Lastra, entraremos nas terras do concello de Baleira, no que destaca o casarío de Degolada, que delimitaba fai séculos o “Condado de Naviensis”. Superando a cota 800 acadaremos o núcleo de San Xoán de Lastra, onde os peregrinos preparábanse para o ascenso ao alto da Fontaneira (950 m), lugar cunha igrexa adicada a Santiago.
O topónimo da Fontaneira alude a que este é o lugar de nacemento do río Neira, e corresponde ademais á divisora das cuncas doutros ríos: o Eo e o Navia. Na baixada á Vaganta do Trabeiro o camiño pasa polo Monte das Cruces, que albergou no pasado un camposanto, e continúa cara ao Campo da Matanza. Neste lugar foron descubertos a finais do século XIX varios enterramentos e restos de armamento que poderían derivar, segundo algunhas hipóteses, das loitas con tropas musulmanas que se agochaban na garganta chamada A Trincheira.
Dende a Matanza, contemplando a beleza do Val do Neira, báixase á moderna capitalidade do Concello de Baleira: O Cádavo. Se as forzas dos camiñantes o permiten, poderíase continuar o roteiro e, coroando a serra da Vacariza na Cruz de Pedra (840 m), entrar en terras do concello de Castroverde e chegar ao lugar de Vilabade, que conta con importantes elementos patrimoniais.
O roteiro ten unha lonxitude próxima aos 14 km (algúns máis se se continúa ata Vilabade).
Pode considerarse de dificultade media, polas súas frecuentes subidas e baixadas.

domingo, 4 de outubro de 2015

Era a 1ª e,NOTOUSE. !

A primeira rota da temporada prometía ser un paseo polas terras do Courel acompañados das primeiras cores do outono,que sempre é unha gozada.Mais,o calor púxonos as cousas algo complicadas,ben é certo que estabamos  desentrenados e as cervexas do mediodía baixáronnos a tensión.
Tudo ben,listos para a seguinte.

















Para a próxima rota como vexo que a xente quere refrescar un bocadiño,imos cara ao mar e visitaremos a costa asturiana.

quarta-feira, 2 de setembro de 2015

Andamos de entrenamento

Preparanda a viaxe.







Agardando por vós

Un pequeno entrenamento polas terras de Soria do que vos deixamos unhas fotos do canón do Río Lobos e da Lagoa Negra.Ide preparando as botas que o 27 de setembro vémonos en O Caurel




segunda-feira, 3 de agosto de 2015

Ata setembro,boas vacacións!!!


Xa  están agardando por vós as rotas da próxima temporada.Boas vacacións!



OS CAMIÑOS DA AGRA (2015/2016)
arredor da ribeira sacra



1-FOLGOSO – FROXÁN....SETEMBRO.


ESPECIAL: PORTUGAL MONUMENTAL,10/11/12,OUTUBRO.

DÍA,1O , ALCOBAÇA / BATALHA.
DÍA,11: RIO MAIOR, SERRA DO AIRE.
DÍA,12 : SANTO CRISTO DE TOMAR / COIMBRA


2-COSTA DE ASTURIAS.... OUTUBRO.
3-O CAMIÑO PRIMITIVO...NOVEMBRO.
4- DOADE / VILARDEMOUROS (COCIDO EN DOADE)...XANEIRO.
5-O CAMIÑO DO FERRADAL,QUIROGA ....FEBREIRO.
6-VERÍN / LAZA (fin de semana) ....MARZO.
7- O CANÓN DO SIL.SANTA CRISTINA .....ABRIL.
8-RÍO SEIXO (ROTA SARMIENTO) CERDEDO...MAIO.
9- SENDA DOS CANTEIROS / ARREDORES DE UBIÑA(fin de semana) ....XUÑO.




INFORMACIÓN:

aminhavaca@gmail.com /Samuel 639335248.

oscaminhosdaagra.blogspot.com.es



PREZO,SOCIOS 13 EUROS/NON SOCIOS 15(AGÁS FIN DE SEMANA).
ASOCIACIÓN VECIÑAL DA AGRA DO ORZÁN.

domingo, 12 de julho de 2015

Setembro agarda por nós...

OS CAMIÑOS DA AGRA.
arredor da ribeira sacra(2015-2016)

1-Folgoso-Froxán.
Setembro.



Fóra de programa, Portugal monumental:Alcobaça,Batalha,Leiría,Serra do Aire,Santo Cristo de Tomar...
10,11,12 de outubro.




2-Costa de Asturias...Outubro.

3-O Camiño Primitivo...Novembro.

4-Vilardemouros-Doade(cocido en Doade)...Xaneiro.

5-O camiño do Ferradal.Quiroga...Febreiro.

6-Verín-Laza(fin de semana)...Marzo.

7-O canón do Sil en Santa Cristina...Abril.

8-Senda dos Canteiros-Arredores de Ubiña(fin de semana)...Maio.

9-Río Seixo(rota Sarmiento).Cerdedo...Xuño.

Atenção !!!
Lembrar de novo,para quen vaia á viaxe do 19 a Ponte Lima,que poden ou deben levar bañador.Estaremos na zona fluvial de Ponte Lima e visitaremos a mata de Camarido-Foz do Minho en Caminha.

segunda-feira, 29 de junho de 2015

FESTIVAL INTERNACIONAL DE JARDINS.PONTE LIMA 2015


Ponte Romana e Igreja de Santo António

Em pleno coração do Vale do Lima, a beleza castiça e peculiar da vila mais antiga de Portugal esconde raízes profundas e lendas ancestrais. Foi a Rainha D. Teresa quem, na longínqua data de 4 de março de 1125, outorgou carta de foral à vila, referindo-se à mesma como Terra de Ponte. Anos mais tarde, já no século XIV, D. Pedro I, atendendo à posição geo-estratégica de Ponte de Lima, mandou muralhá-la, pelo que o resultado final foi o de um burgo medieval cercado de muralhas e nove torres, das quais ainda restam duas, vários vestígios das restantes e de toda a estrutura defensiva de então, fazendo-se o acesso à vila através de seis portas.
A partir do século XVIII a expansão urbana surge e com ela o início da destruição da muralha que abraçava a vila. Começa a prosperar, por todo o concelho de Ponte de Lima, a opulência das casas senhoriais que a nobreza da época se encarregou de disseminar. Ao longo dos tempos, Ponte de Lima foi, assim, somando à sua beleza natural magníficas fachadas góticas, maneiristas, barrocas, neoclássicas e oitocentistas, aumentando significativamente o valor histórico, cultural e arquitetónico deste rincão único em todo o Portugal.

https://www.facebook.com/Festival.Internacional.de.Jardins?fref=nf

O programa da viaxe ao Festival Internacional de Jardins ,Ponte Lima 2015,é o seguinte:

SAÍDA: 8,30 ( faremos as paradas habituais)

POLA MAÑÁ: visita aos xardíns .

COMIDA LIBRE: podedes levar bocatas ou comer de restaurante.Hai excelentes sitios para calquera cousa.

POLA TARDE:visita ao es pazo protexido das Lagoas de Bertiandos e S.Pedro d´Arcos.

Se volvemos con tempo un cafeciño en Valença.

 aminhavaca@gmail.com  ou no teléfono 672313183

Á PROCURA DAS FONTES DO SIL.

Non foi sen tempo, logo de varios intentos frustrados polas inclemencias metereolóxicas e outros factores imprevisíbeis,puidemos subir ás fontes ddo Sil. Alguns e algunhas ousadas continuaron camiñando cara á Peña Orniz,onde a claridade do día lles permitiu unhas vistas excelentes.
Non todo foi un camiños de rosas porque o sábado pensamos que morriamos afogados pola calor narota dos Salmóns,camiñando cara a Bemonte.nen fotos temos e os salmóns estaban toldos boqueando,mais para o nacimento do Sil o tempo deunos unha tregua e aí vos queda o testemuño.

Asturianas afeccionadas mitigando as calores do día.



O camiño e a sombra do fotógrao.


E isto é o Sil?








 Unha paisaxe impresionante.
Últimos esforzos cara ao cume.


Nas fontes do Sil presididas pola Pena Orniz,mentres os helicópteros vixían aos que buscan o cume.








Imos de baixada.A cervexa agarda en La Cueta.

segunda-feira, 1 de junho de 2015

O CAMIÑO DOS MONXES

Quedábanos unha etapa para rematar o camiño que os monxes e anacoretas percorrían cara ao Val do Silencio.Logo,estes virtuosos e santos varóns (mulleres non había),gozaban nas entrañas  destes montes Aquilianos dunha vida de recollemento e contemplación.
 Aí nos vedes,camiñantes tras dos seus pasos,parando en cada taberna para alimentar o noso espirito de peregrin@s.......Non sigo que me perdo!







Como podedes supoñer,as fotos das tabernas son confidenciais....






quarta-feira, 29 de abril de 2015

Polo Xurés cara ao Gerês

Sentíndoo moito non temos fotos de Outariz porque non as deixaban facer . É unha pena :  había algunha espléndida barriga "cervezera".
Mais logo, baixando cara a Portugal fixémos unha parada no "rocío pequeno" de Bande,
e continuamos o camiño para repormos forzas e prepararnos para a travesía Queguas- Castro Laboreiro pasando pola pena de Anamán e o Santuarió da Nossa Senhora de Numão onde algún/algunha puxeron de manifesto as súas dotes de predicadores ou de políticos.Debe ser porque estamos preto da campaña electoral.
Que deus reparta sorte para os pobres que os ricos xa teñen !!!!
Só quedan as sobras.





Estudando arqueoloxía







Oremus!!




Este ten máis cara de crego...


Vémonos o 31 polo Bierzo. Saúde!!

Por certo...Quen perdeu un paraugas?


25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...