sexta-feira, 3 de novembro de 2017

ROTA DOS PINOS NO MAR

Despois de moito camiñar polo interior, botamos de menos o mar e nada mellor,  para este reencontro, que a costa de Malpica.
Partimos dos Muiños da Ribeira
ergueitos a carón do mar, na parroquia de Ardeleiro. Moi perto temos unha cruz que nos lembra un de tantos naufraxios, habituais nesta costa, o do barco "Os Tonechos",onde morreron nove tripulantes, varios da mesma familia. Os nosos pasos  continúan cara a Malpica, sempre coas Sisargas ao fronte e no pensamento Paco Souto, poeta e percebeiro, morto recentemente perto de Razo e animador da vida cultural de Malpica, concelleiro, promotor do certame de poesía erótica Illas Sisargas, editor...Sempre o lembraremos.
  Seguindo a costa, chegaremos a capela das Neves ou de Santo Antón e alí comeremos e logo podemos tomar un café en Malpica, antes de continuar o camiño cara a  Santo Hadrián, onde nos recollerá o autobús.

segunda-feira, 3 de julho de 2017

EMPEZAMOS A CAMIÑAR.....

EMPEZAMOS A TEMPORADA E PARA NON SER MENOS CA OUTROS ANOS, INTRODUCIMOS ALGÚNS CAMBIOS NOS PLANS PREVISTOS.EMPEZAREMOS NA ARZUA POSTO QUE O QUEIXO EN SETEMBRO TEN MOITA MANTEIGA E LOGO IREMOS DE FIN DE SEMANA POR OURENSE XA QUE OS BIDUEIRAIS NO OUTONO TEÑEN UNHAS CORES ESPECIAIS.
 NO RESTO DAS ROTAS, POLO DE AGORA, NON HAI CAMBIOS, PERO TODO SE ANDARÁ. 

 1Pola Arzúa con Luís e Manolo.Da fonte santa ao encoro de Portodemouros.24 de setembro. 
 2-Fin de semana en Ourense.Bidueirais de Montederramo.28 de outubro.
 3-Pola costa de Malpica.Novembro. 4.Culleredo-Arteixo. Rota do cocido.Xaneiro.
 5-O Olimpo dos celtas.O Pindo.Febreiro.
 6-Prioranza do Bierzo-Ponte de Domingos Florez.Camiño de Inverno.Marzo.
 7-Ponte de Domingos Florez- O Barco.Abril. 
 8-Fin de semana en Somiedo.La Peral. Maio. 
 9-Rota de deus dirá.Troitas e anguías.Xuño.

 Para anotarse:Samuel 672313183 / aminhavaca@gmail.com


terça-feira, 6 de junho de 2017

Rota da Eirexalba.Concello do Incio.

Ruta de Eirexalba A ruta ten como punto de partida e chegada Vilarreguengo-Eirexalba, cubrindo unha distancia de aproximadamente 11,7 kilómetros. Nesta ruta disfrutaremos de distintas paisaxes, características das diferentes altitudes que se acadan no percorrido, xa que non hai que esquecer que pasaremos dos 450 metros que temos á beira do encoro, ós preto de 600 metros de altitude que alcanzaremos no Pico de Eirexalba. Partimos de Santo Estevo de Eirexalba, ca súa igrexa do XVIII, dirección Vilarreguenga, bordeando o Encoro de Vilasouto. Estamos nos arredores de Pena Furada e Pena Grande (kilómetro 2,9 da ruta), e todo elo poderémolo observar dende o Miradoiro do Monte Eirexalba (585 metros). Seguimos a camiñar, deixando ó noso paso e nos arredores aldeas que teñen fermosas igrexas, como Novelín, Ferradal, Pombar ou Tallos. Logo de toda esta mostra de arte religiosa, atopamos agora á nosa esquerda unha mostra da arte do periodo castrexo: a Cova do Castro, no lugar de As Cortellas. Seguimos ruta e no kilómetro 5,5 aparece a igrexa de Cortellas. Medio kilómetro máis adiante, a de Covo. Descendemos agora preto de 100 metros de altitude para bordea-los arredores do Regato de Oporto, que atravesaremos cara á fin do percorrido (kilómetro 7,1), pero voltaremos subir a medida que avancemos, ata chegar a Monte Agudo (kilómetro 9), cos seus 537 metros, e donde se encontra o miradoiro do mesmo nome, dende o que poderemos contempla-la beleza da paisaxe do Encoro de Vilasouto e os seus arredores. Baixamos novamente para chegar xa á presa do encoro, deixando á nosa esquerda a estrada que nos leva a Vilasouto, e bordeando o encoro seguiremos ruta ata chegar ó noso punto de partida, non sen antes admira-la fermosa capela da Virxe da Ermida (kilómetro 11,7). Anguías e troitas en Rairós:Mesón Luís. Entremeses da casa. Anguías e troitas. Ensalada. Sobremesa, Cafe de pota e chupitos. Viño de Quiroga PREZO 30 EUROS(con autobús)

segunda-feira, 5 de junho de 2017

ISTO ACABA

Isto remata. Unha temporada máis chega o mes de xuño e hai que darlle un respiro aos camiños para que refresquen e podamos empezar unha nova andaina. Poñerémoslle o ramo a esta temporada facendo unha rota polo río Ferreira e comendo unhas anguías e unhas troitas no Loio. Están cocendo os próximos sendeiros. Boas vacacións a quen non veña o domingo 25 e vémonos en setembro polo bidueiral de Montedorramo eos canóns do Sil.

quarta-feira, 17 de maio de 2017

A Costa Ártabra,domingo,28 de maio.

Comezamos a camiñar desde a praia de Santa Comba pola fermosa ruta de senderismo da Costa Ártabra, que transcorre pola costa naronesa ata Campelo (uns 12 km, aproximadamente). É unha ruta que está perfectamente sinalizada con paneis informativos indicando distancias e tempos, con dificultade baixa nos concellos de Ferrol e Valdoviño e media-alta no concello de Narón onde se sobe aos montes da Lagoa con fortes pendentes e desniveis, pero que paga a pena pois as vistas son impresionantes. A praia de Ponzos, un areal de 1400 m de lonxitude, atesoura un sistema dunar ben conservado. Pero esta praia conta con máis tesouros. Anque non nos poidemos achegar ata a mina de Covarradeiras, mina de ouro a ceo aberto que, segundo as investigacións, xa foran explotadas desde a romanización e mesmo antes, probablemente por poboadores da Idade do Ferro, sí pasamos á beira do antigo lavadoiro de material, de principios do século XX, pertencente á mina. A principios do século pasado, a empresa que explotaba a mina construiu unha nova galería xunto con este lavadoiro. Trátase dunha estrutura de formigón situada no punto medio da praia de Ponzos e que dista da propia mina un quilómetro.

sábado, 22 de abril de 2017

PRÓXIMA ROTA:OS MOSTEIROS DOS CANÓNS DO SIL. SÁBADO,27,SAN PEDRO DE ROCAS. DOMINGO,28,SANTA CRISTINA. DORMIR,CEAR,ALMORZAR.RESTAURANTE ALTO DO COUSO. Milhares de castanheiros povoam a ladeira sul da garganta do rio Sil. Por cima da copa das árvores, espreita o campanário de um mosteiro. Na umbria do bosque, as sombras dos troncos confundem-se e, aqui e ali, aparecem os monges. Imaginação ou realidade? Neste lugar especial, mágico e belo, os sentidos enganam. Estamos na Ribeira Sacra. Aqui, a paisagem constrói-se combinando as letras de um alfabeto para iniciados. A sua leitura traz-nos palavras que soam a luz, a bosques, a vinhedos, a meandros… Para nos embebermos com a sua beleza, temos de vir aqui pelos menos quatro vezes ao ano, para explorar cada estação. E é necessário recorrer com calma este caminho, ouvindo a voz do rio, o sopro alegre do vento e o discurso histórico que habita em cada pedra do mosteiro. Rota de Santa Cristina de Ribas de Sil Ponto inicial Tipo de rota Km Duração estimada Dificuldade em progressão Dificuldade em orientação Praza do Barquillero (Parada de Sil) Circular 18,10 6 h 15 min. Alta Baixa PERFIL: Caminhantes ocasionais Na Parada de Sil, temos uma rota que é um compêndio de todos os encantos da  Ribeira Sacra: a PR G 98, perfeitamente marcada, com início e final na praça do Barquillero. Esta praça deve o seu nome aos inúmeros jovens que emigraram de Parada de Sil para Madrid, onde ganhavam a vida a vender barquillos (tipo de bolacha em forma de canudo) nos parques e alamedas da capital espanhola. Na praça central da aldeia, que conta com uma estátua em honra destes emigrantes, vamos situar o ponto inicial desta rota. Um painel informativo indicará toda a informação relevante para que a sua experiência seja mais completa. Camiño Real A ruta descorre por unha congostrque conserva os seus muros laterais e o empedrado onde se poden ve-las rodeiras dos carros que transitaban antigamente. Este "Camiño Real" constituía un eixe estratéxico como vía de comunicación cara as terras de Aguiar e Ourense. Destaca-lo peto de Ánimas de Meiroá, pero sobre todo o Mosteiro de San Pedro de Rocas, monumento histórico artístico fundado no año 573. O mosteiro ofrece unhas vistas impresionantes sobre o Pazo de Rocas e un gran monte de coníferas que ascende cara os picos pedregosos que lle dan nome, orixinados pola actuación dos axentes xeológicos sobre iste lugar. Saimos de Ourense dirección Castro Caldelas - Maceda. situado a 18 Km. atopámonos coa localidade de Esgos. Unha vez no lugar dirixímonos ó centro de saúde, inicio da ruta. Itinerario Saimos de Esgos, onde está o centro de saúde, a 500 metros nun cruce de camiños desviámonos ás piscinas da localidade para a 2.3 Km. chegar a Quinta do Monte. Pola estrada de Cernada - Arcos dirixímonos ó Mosteiro de San Pedro de Rocas que data do ano 573, foi un dos primeiros da Rivoyra Sacrata e é moi probablemente o máis antigo conservado de Galicia e de Europa. En 1923 foi declarado monumento histórico-artístico. Sírvese dun cume como elemento condicionante de toda a sua estructura. Os arredores do mosterio de San pedro de Rocas resultan ideais para a práctica da escalada. Situado a 8.2 km atopámonos con Calsomiro, a escasos 800 m do final da ruta.

terça-feira, 28 de março de 2017

O CAMIÑO DE INVERNO(domingo 23 de abril)

Protexidos das neves e do frío os peregrinos camiñaban cara a Compostela seguindo o curso Sil.Nós seguiremos o seu camiño e,desde as terras de Valdeorras, dirixímonos cara a Quiroga seguindo o río entre vides e oliveiras percurando o ouro dos romanos e as terras de Lemos. Unha das entradas do Camiño de Inverno nas terras lucenses é a que despois de deixar a vía romana XVIII, na Rúa de Valdeorras, segue o curso do río Sil para entrar nas terras do val de Quiroga seguindo unha antiga vía romana secundaria que nalgúns treitos aparece ocupada por vías de comunicación modernas. O camiño entra superposto á estrada 533 e pasa entre as casas da aldea dos Albaredos, límite coa provincia de Ourense, deixando á dereita un muíño de aceite aínda en funcionamento. Para evitarmos o asfalto, poderemos iniciar a andaina no lugar de San Martiño, aldea que conserva magníficos exemplos da arquitectura popular á que se accede dende a estrada N-120, e seguir ata A Fraga Furada onde se xunta co Camiño de Santiago. A altura pola que discorre sobre un cantil permítenos facer un percorrido espectacular, moi próximo ao Camiño, dende o que se observa o río Sil, a estrada N-120 e a vía do tren, ademais dunha frondosa vexetación de connotacións mediterráneas. Calquera dos dous treitos, ben dende Os Albaredos ou ben dende San Martiño, lévanos a Montefurado, onde podemos contemplar o espectacular túnel escavado polos romanos para desviar o curso normal da auga e extraer o ouro que arrastra, dándolle o nome igual que á aldea que atravesamos que conserva a fonda pegada da arquitectura tradicional. Tamén podemos atopar aquí a igrexa parroquial de san Miguel, construída a mediados do século XVIII. Dende Montefurado iniciamos a subida en medio das arxilas avermelladas que os romanos explotaron para obter o ouro que contiñan explotando estas minas a ceo aberto e que aínda hoxe conservan moitos dos seus primitivos elementos. Subimos ata o lugar do Ermidón, entre árbores froiteiras e oliveiras, para cruzarmos despois unha zona de soutos e viñedos e chegarmos ás aldeas abandonadas da Venda Vella e a Venda Nova. Baixamos despois ata capela das Farrapas, denominación que é posible que faga referencia ao lugar en que os camiñantes se desfacían dos seus farrapos, onde podemos atopar tamén un muíño de aceite en funcionamento. Aquí o camiño vello pérdese baixo as modernas vías de comunicación e tomamos como alternativa a ruta que nos leva ata o lugar de Bendilló, pasamos ao carón da súa igrexa parroquial e entre oliveiras iniciamos unha pronunciada baixada ata a beira da estrada N-120. Segue unha corta subida ata a estrada local que conduce a Bendollo dende onde baixamos cara ao lugar de Ponte Soldón para dirixírmonos pola beira da estrada nacional á aldea de Sequeiros. Estes dous pequenos núcleos rurais, asentados na ribeira do río Sil, conservan todo o sabor da arquitectura popular da zona. Dende aquí, cruzando por un túnel baixo a N-120, iniciamos o ascenso que nos leva ata a aldeas dos Novaes e O Castelo, onde se atopan os restos do castelo de Torrenovaes. Aquí tiveron a súa primeira residencia no século XIII os comendadores da Orde de san Xoán de Malta, que tiñan entre outros cometidos o de asistiren os peregrinos que percorrían este camiño. Aínda que o conxunto está en ruínas podemos ver sobre o arco de acceso ao pazo da Encomenda a Cruz de Malta. O camiño continúa coa baixada ao regato do Castelo e atravesa por unha ponte de pedra dun só arco e forte sabor medieval para dirixirse á aldea de Caspedro, próxima á casa de Outeiro, fundada a principios do século XVI por Gonzalo Fernández de Quiroga. Nesta vila hai unha fonte coa inscrición: “Caminante bebe y apaga tu sed”. Dende aquí o camiño segue polo Pazo Vello ata Quiroga. No entanto, a máis antiga das alternativas da ruta iría dende Caspedro a San Xulián de Arriba e polas casas da Carballeira ata O Hospital, que foi priorado da Orde de san Xoán de Malta e que toma o seu nome da existencia neste lugar dun hospital para peregrinos. Aquí atopouse a acta de defunción dun peregrino que se dirixía a Compostela. O segundo paso desta alternativa é a Bergaza, aldea á que se accedería primitivamente pola desaparecida ponte Pedriña que permitía cruzar o río Quiroga. Atravesamos este lugar para dirixírmonos cara á Ermida polo alto de San Roque. Neste punto os primitivos cristiáns galegos levantaron sobre un asentamento castrexo a igrexa da parroquia da Ermida dedicada á Nosa Señora dos Remedios. O camiño que baixa pola zona coñecida como Regueiral, déixanos novamente na vila de Quiroga.

sábado, 25 de março de 2017

RUTA DOADE-AUGASMESTAS (PRG 157) É unha ruta de senderismo, oficialmente recoñecida, que partindo de Doade pasa pola Pena do Castelo, Fonte de San Xermunde, Palleiros, Lampaza, Vilardemouros e A Cubela ata adentrarse no concello de Ribas de Sil. De extraordinaria beleza. Trátase dunha das rutas máis espectaculares das existente nestes momentos na Ribeira Sacra, ademais do maior camiño transitable polo Canón do Sil, que nos ofrece unha idea precisa das características e elementos máis importantes desta zona tan específica e peculiar da xeografía gallega. Ao longo da mesma teremos a ocasión de contemplar marabillosos paisaxes do Canón do Sil, tanto desde zonas elevadas como da zona inferior ao mesmo nivel da agua, con gran variedade de elementos, tanto etnográficos como naturais, entre os que destacan os seguintes: • O Mirador da Pena do Castelo, atalaia desde a que se obtieñen fantásticas vistas da contorna da Ribeira Sacra próximo a Doade, e onde tambén se atopa a Ermita de San Amaro. • Diversas aldeas abandonadas ao longo do recorrido, con gran encanto e situadas en lugares de moi difícil acceso como Froxende, Barxa, Parada e Vilar de Mouros. • Elementos etnográficos de gran valor como o Muíño de López e, sobre todo, o Conxunto Etnográfico de Abelaira, con numerosas bodegas tradicionais que forman unha unidade nun lugar con tradición milenaria na produción vinícola. • Marabillosos lugares naturais como o Mirador de Barxa, desde o que se contempla o elemento natural máis fermoso de todo el Canón del Sil: o impresionante Meandro da Cubela, que describe unha curva de case 360 graos, e situado nun contorno sen parangón en toda a zona. • Outros fermosos lugares como o Souto de Valguaire, de castiros centenarios, as Fontes de San Xermunde, e as zonas de viñedos da Ribeira de Vilachá. A ruta é dura pola distancia e os desniveis a salvar. Recoméndase facer a ruta dirección Doade-Augasmestas. En sentido contrario é máis dura e ten un desnivel de subida a maiores que no outro sentido.

sábado, 4 de março de 2017

VILARDEMOUROS-AUGASMESTAS.

2º TRAMO,VILARDEMOUROS-AUGASMESTA.(MEDIA-ALTA) DOMINGO,26 DE MARZO Continuamos ahora por un sendero que discurre por un bonito bosque de pinos, hasta salir a zonas más abiertas donde se halla la aldea semiabandonada de Vilar de Mouros, núcleo rural ubicado en un bello entorno de la Ribeira Sacra, perteneciente a la parroquia de Doade, que representa la arquitectura rural más ancestral donde destacan los corredores de madera y otros elementos de carpintería. Desgraciadamente, la aldea está practicamenta abandonada, con buena parte de sus construcciones caídas o en muy mal estado. Seguimos la ruta por zonas llanas y rurales, hasta llegar a la Pena do Aigue, punto de inflexión a partir del cual nos internamos de nuevo en el cañón del Sil, comenzando un fuerte desnivel de bajada que nos lleva desde los 650 hasta los 360 metros de altura. Este descenso lo haremos por medio de un atractivo sendero de montaña que nos conduce hasta las proximidades del cañón del Sil, con magníficas vistas del mismo. El final del descenso nos deja en la aldea abandonada de Froxende, en medio del bosque y en un sitio aislado. Desde Froxende, continuamos por sendero de montaña, bordeando el cañón hasta alcanzar el mirador de Barxa, sin duda, uno de los lugares más bellos y espectaculares de la Ribeira Sacra, difícil de encontrar y con una belleza sin igual. Desde este punto, tenemos ante nuestros ojos el que sin duda es el elemento natural más hermoso de todo el cañón, el impresionante meandro de A Cubela, que describe una curva de casi 360 grados, y que se halla en un bello entorno, al lado de la aldea de A Cubela y divisando en lo alto la aldea de Torbeo, lugares por los que discurre la también espectacular Ruta da Cubela, realizada por nosotros ya en el año 2006. Después de relajarnos en este bello lugar, continuamos bajando hasta llegar a la aldea abandonada de Barxa, situada en un lugar con gran aislamiento y encantador, al lado mismo del río Sil, con todas las construcciones ruinosas en este enclave de tan difícil acceso, al pie mismo del embalse. Seguimos descendiendo hasta llegar mismo al nivel del río, en un precioso lugar, de muy difícil acceso, al lado del río y en el fondo del cañón, por donde caminaremos tranquilamente cruzando primero el puente do Rego do Rancaño y después el puente do Rego da Olmeira, cruzando a la otra orilla, justo en la desembocadura del arroyo de San Xoán. Desde este punto comenzamos el mayor desnivel de subida, desde los 240 metros hasta los 600, que nos llevará por una pista entre pinares, pasando por un pilón de agua y luego por la Ribeira dos Lagares. Una vez en la zona superior, nos alejamos de nuevo del cañón internándonos en zona rural, y alcanzando la aldea de Vilachá, que atravesaremos. Unos metros después, llegamos a otro de los puntos de mayor interés del recorrido: el Conjunto Etnográfico de Abelaira, configurado por un bello conjunto de bodegas tradicionales, construcciones de planta cuadrada o rectangular a base de piedras de cuarcita y tejados de losa, y que forman una unidad que le da homogeneidad al conjunto. La feria de vino de Vilachá se celebra en el primer fin de semana de mayo y consiste en la cata de los vinos de la zona, con denominación de origen Ribeira Sacra, con la finalidad de exaltar estos caldos y mejorar este sector productivo. Esta degustación se realizar en la propia bodega, lo cual lo diferencia de otros certámenes similares. Después de contemplar todo el conjunto, seguimos la ruta pasando delante de la aldea de Trasmonte, e introduciéndonos a continuación en zonas de viñedos típicas de Ribeira Sacra . A partir de aquí comienza otra zona de desnivel importante de bajada, irregular y algo dificultosa para transitar, que nos llevará en un recorrido muy interesante y hermoso en medio de las zonas de viñedos de la Ribeira de Vilachá (zonas de Ibedo-Val de Frades-Lagares), pasando incluso por los socalcos donde se cultivan las vides. Una vez cerca del río Sil, continuamos a media ladera por la antigua vía de comunicación que comunicaba Vilachá con Quiroga, pasando por las cercanías de la aldea abandonada de O Fuluxento, disfrutando de bellas vistas del cañón y divisando de cuando en vez la ruta de A Cubela que discurre enfrente mismo. Siguiendo el sendero, ya divisamos el complejo turístico de Augasmestas y el viaducto que pasa por las cercanías, y enfrente la aldea de Castro de Abaixo, de donde parte la ruta da Cubela. Finalmente, y como colofón, llegamos a la aldea abandonada de Parada, también situada en un lugar encantador, practicamente embebida por la vegetación, y que nos conduce en pocos metros a la carretera N-120, en las cercanías de Augasmestas. Aquí acabamos esta gran ruta, sin duda la más atractiva de las existentes en toda la Ribeira Sacra.

terça-feira, 17 de janeiro de 2017

A ribeira sacra do Miño

En primeiro lugar debemos agradecer a Manolo Graña que nos deixou este fermosos video da nosa anterior visita aos Cóbados de Belesar.Daquela os nosos paso sairon do Santo Estevo para baixar os Cóbados no noso camiñar cara ás terras de Chantada. Desta volta percorremos os camiños da marxe direita do Miño partindo do encoro de Belesar e camiñando polas vellas corredoiras(hoxe con demasiado asfalto) por onde subían os carros de viño ou uvas e hoxe pasan as máquinas das modernas adegas. No medio dunha paisaxe excepcional,sempre vixiados dende a outra ribeira polo Santo Estevo,descemos cara a Belesar entre viñas,fontes e adegas.Alí agarda por nós o tramo máis difícil,o ascenso a Diomondi polos Cóbados de Belesar seguindo o camiño aberto polos romanos q e que nos levará ao mosteiro e máis tarde ao Mesón da Cova on de poderemos recuperar os folgos e as forzas.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...