terça-feira, 6 de junho de 2017

Rota da Eirexalba.Concello do Incio.

Ruta de Eirexalba A ruta ten como punto de partida e chegada Vilarreguengo-Eirexalba, cubrindo unha distancia de aproximadamente 11,7 kilómetros. Nesta ruta disfrutaremos de distintas paisaxes, características das diferentes altitudes que se acadan no percorrido, xa que non hai que esquecer que pasaremos dos 450 metros que temos á beira do encoro, ós preto de 600 metros de altitude que alcanzaremos no Pico de Eirexalba. Partimos de Santo Estevo de Eirexalba, ca súa igrexa do XVIII, dirección Vilarreguenga, bordeando o Encoro de Vilasouto. Estamos nos arredores de Pena Furada e Pena Grande (kilómetro 2,9 da ruta), e todo elo poderémolo observar dende o Miradoiro do Monte Eirexalba (585 metros). Seguimos a camiñar, deixando ó noso paso e nos arredores aldeas que teñen fermosas igrexas, como Novelín, Ferradal, Pombar ou Tallos. Logo de toda esta mostra de arte religiosa, atopamos agora á nosa esquerda unha mostra da arte do periodo castrexo: a Cova do Castro, no lugar de As Cortellas. Seguimos ruta e no kilómetro 5,5 aparece a igrexa de Cortellas. Medio kilómetro máis adiante, a de Covo. Descendemos agora preto de 100 metros de altitude para bordea-los arredores do Regato de Oporto, que atravesaremos cara á fin do percorrido (kilómetro 7,1), pero voltaremos subir a medida que avancemos, ata chegar a Monte Agudo (kilómetro 9), cos seus 537 metros, e donde se encontra o miradoiro do mesmo nome, dende o que poderemos contempla-la beleza da paisaxe do Encoro de Vilasouto e os seus arredores. Baixamos novamente para chegar xa á presa do encoro, deixando á nosa esquerda a estrada que nos leva a Vilasouto, e bordeando o encoro seguiremos ruta ata chegar ó noso punto de partida, non sen antes admira-la fermosa capela da Virxe da Ermida (kilómetro 11,7). Anguías e troitas en Rairós:Mesón Luís. Entremeses da casa. Anguías e troitas. Ensalada. Sobremesa, Cafe de pota e chupitos. Viño de Quiroga PREZO 30 EUROS(con autobús)

Nenhum comentário:

Postar um comentário

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...