domingo, 10 de novembro de 2024

POLA RIBEIRA SACRA. A DE SEMPRE.

 O domingo 1 decembro faremos unha rota pola Ribeira Sacra  acompañados dun dos impulsores desta denominación de orixe.

Falaranos dos camiños tradicionais que a atravesaban e de como se cultivaban as viñas cando non había maquinas nen carrteras. Coñeceremos de primeira man esta viticultura heroica no mesmo corazón da ribeira e lonxe das grandes adegas.

A final da rota xantaremos unhas empanadas  acompañadas do mencía de toda a vida: o viño de Doade.

PAR TER MÁIS TEMPO PARA FALAR SAIREMOS ÁS 8,30 DA RONDA DE OUTEIRO E FAREMOS AS PARADAS HABITUAIS.




Reflexionando en Sobrado dos Monxes

     Este mes de novembro facemos a nosa última ruta do ano. Marchamos a Sobrado dos Monxes a percorrer unha ruta de 18 kilómetros, pero des...