quarta-feira, 29 de abril de 2015

Polo Xurés cara ao Gerês

Sentíndoo moito non temos fotos de Outariz porque non as deixaban facer . É unha pena :  había algunha espléndida barriga "cervezera".
Mais logo, baixando cara a Portugal fixémos unha parada no "rocío pequeno" de Bande,
e continuamos o camiño para repormos forzas e prepararnos para a travesía Queguas- Castro Laboreiro pasando pola pena de Anamán e o Santuarió da Nossa Senhora de Numão onde algún/algunha puxeron de manifesto as súas dotes de predicadores ou de políticos.Debe ser porque estamos preto da campaña electoral.
Que deus reparta sorte para os pobres que os ricos xa teñen !!!!
Só quedan as sobras.





Estudando arqueoloxía







Oremus!!




Este ten máis cara de crego...


Vémonos o 31 polo Bierzo. Saúde!!

Por certo...Quen perdeu un paraugas?


segunda-feira, 6 de abril de 2015

Desde Ourense a Portugal 25/26 de abril

Esta fin de semana agárdannos unhas rotas moi variadas: empezaremos o 25 cun paseo polo río Miño onde non só poderemos gozar dos 14 quilómetros de ribeira, as/os amantes do baño poderán mergullarse nas distintas pozas de augas termais ou no proprio río e deste xeito tonificar os corpos preparándoos para a travesia do domingo.
 O domingo 26 logo da cea reparadora do,unha copiña e un bo almorzo colleremos cara a Queguas on de empezaremos a nosa travesia pola Serra do Xurés-Gerês até Castro Laboreiro,pasando pola Casa da Moura,pedra de Anamán e ponte dos Cainheiras-Castro Laboreiro.

Un cafezinho en Portugal e volta....o luns agarda.

SAÍDA,sábado 25, ÁS 9

Para o sábado 25,hai que levar bocata ou comer nos bares que hai a carón das pozas.Calzado cómodo, o chan está bastante duro.

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ru...