domingo, 3 de março de 2024
ROTA DA FRA GA DO RÍO BARRAGÁN OU ROTA CUBELA( DOMINGO 24 DE MARZO)
Tendo en conta que na última rota tivemos unha experiencia acuática que nos encheu do líquido elemento para unha temporada temos que considerar o cambio de rota. A Fraga do río Barragán é unha preciosa rota que percorre as beiras do Río Barragán pero é parcialmente inundable en caso de chover. POr este motivo decidimos alterar a orde e modificar as rotas.
DOMINGO 24 DE MARZO: ROTA DE A CUBELA,14 QUILÓMETROS.
DOMINGO 28 DE ABRIL: ROTA DA FRAGA DO RÍO BARRAGÁN. 17 QUILÓMETROS.
SÁBADO 25 E DOMINGO 26 DE MAIO: FIN DE SEMANA NA RAIA( SALVATERRA/ MELGAÇO/ MONÇAO)
DOMINGO 3O DE XUÑO. REPETIMOS: ROTA DAS ALMIÑAS E O FOXO DOLOBO.Merece a pena repetir esta preciosa rota que tivemos que deixar a medias por mor da auga. Dado que é a última da temporada remataremos cunha comida en Ponte Caldelas. Agardamos que haxa troitas.
oscaminhosdaabra.blogspot.com
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Fin de semana de camiñadas no Parque Natural de Montesinhos.
Do 30 ao 31 de maio marchamos á coñecer o Parque Natural de Montesinho, no noreste de Portugal. Este entorno natural montañoso, situado na ...
-
Rematamos a temporada degustanto as troitas e as anguías no Mesón de Luís en Roiros e para abrir o apetito nada mellor que unha rota polas ...
-
Deste setembro de 2005 a xuño do vindeiro 2026 voltamos por os pes en marcha. O último fin de semana de cada mes (coa execpión do Nadal...
-
A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das...

Nenhum comentário:
Postar um comentário