quarta-feira, 1 de fevereiro de 2023

26 FEBREIRO PARA COMPESARMOS OS COCIDOS, ROTA DE CASTRO( A ESTRADA)

 ROTA DE CASTO, CONCELLO DE A ESTRADA

Os meses de xaneiro e febreiro son moi duros. Hami moitos compromisos e todos teñen un deminador común: o cocido. Este prato excelente pero baixo en calorías  acompáñanos, un día sí e outro tamén  ao longo desta temporada invernal e, por iso, cómpre ao rematar febreiro e albiscar a primavera, darnos un respiro. 


Desde  Os camiños da Agra propoñémosvos esta pequena rota que vos pode server de 

auto-auxuda para a vosa  preparación da operación bañador.


O PR-G 196 é unha ruta circular de 10,80 km (máis unha derivación de 550 m) que

 percorre a parroquia de San Miguel de Castro, dominada polo xacemento arqueolóxico

 do Coto e bañada polo río Ulla.


No inicio é de salientar a capela de Nosa Señora das Angustias, fundada en 1707 na

 Albergaría e trasladada en 1880 ao Seixo, así como o antigo Camiño Real polo que

 transcorre a Vía da Prata cara a Santiago de Compostela. Ademais, destacan a igrexa

 de san Miguel, o miradoiro do castro, a hórrea de Prado e varias casas tradicionais, as

 pontes do tren de Gundián e a vexetación de ribeira do río Ulla.



DOMINGO,26 DE FEBREIRO. SAÍDA ÁS 9.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

BENVIDO 2025: ROTA DO DUBIO + COCIDO

 Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...