Ruta da Ribeira Sacra do Miño
ÚLTIMA ETAPA.
Despois de abandonar a CP-4107
descendemos cara a Cima de Atán entre soutos de castiñeiros,
pasamos polos lugares de Albarde e Prado para chegar á igrexa, que
foi mosteiro, de Santo Estevo de Atán. Románico de mediados do
século VIII aínda que foi modificado a mediados do XIII, con
elementos góticos posteriores. Seguimos, agora ascendendo, cara a
Reiriz pola senda poboada nas marxes de xestas en flor que salpican
dun intenso amarelo o verde de castiñeiros e carballos. Continuamos
por Seoane e Cabo da Vila ata Marce levando sempre o Miño ao Oeste,
á nosa esquerda. Se queremos podemos desviarnos á fervenza de
Augacaída ou tamén internarse en Marce e observar a súa Torre do
Reloxo. Pasaremos pola Míllara, unha pequena aldea con viñedos e
Valboa. A unha hora de camiño chegaremos á área recreativa da
Maiorga. Alí hai un peirao de atraque onde amarra o catamarán que
pasa por Belesar e Os Peares. Pódese comer nese lugar se previamente
se encarga a comida. Subimos de novo deixando á esquerda A Illa, un
illote no río Miño, e en dirección a Cabo da Aldea e O Carballo.
Pasaremos pola igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño que foi
construída no século XVII seguramente sobre unha construción
anterior e que logo, nos séculos XVIII e XIX, foi reformada de novo.
Despois de pasar un bosque de Castiñeiros chegaremos a Arxuá e
cruzaremos o Rego de Soutomango para á estrada CP-5801 pola que
seguiremos ata a igrexa e antigo mosteiro de San Martiño da Cova,
que foi onde rematamos a primeira parte do PRG-162.
PERCORRIDO POLA ADEGA
,ABADÍA DA COVA.
PROXIMA SAÍDA 26/27 DE
OUTUBRO.
SÁBADO.
OS VIÑEDOS DA RIBEIRA SACRA
EN SOBER. http://www.turgalicia.es
DOMINGO.
VAL DO GLACIAR DE PRADA.
Nenhum comentário:
Postar um comentário