Nesta
rota mesturamos outras dúas que son o PR 162,un percorrido pola
Ribeira Sacra de Santo Estevo de Ribas do Miño até fervenza das
Augas Caídas en Pantón e unha parte da 5º etapa do Camiño de
Inverno que nos levaba de Belesar ao Monte Faro. Nós,
quedarémonos antes, remataremos a rota con un paseo pola río
Asma e a parte vella de Chantada.
1ª
Parte.
Un
percorrido entre mosteiros.
Santo Estevo de Ribas de Miño.
A
orixe deste mosteiro é tamén altomedieval: sábese que no ano 976
dona Senior, sobriña do bispo de Tuy, doou a igrexa de San Estevo
Ribas de Miño ao mosteiro de Diomondi. Outros documentos da Igrexa
de Lugo explican que, en época de Afonso VII, xa é un mosteiro
florecente. Isto favorece que en último terzo do século XII
constrúase a magnífica igrexa, unha das principais do Románico
galego.
Diamondi.
As
orixes deste mosteiro remontanse ao SéC X, pouco despois do martirio
de S Paio en córdoba, ainda que a actual igrexa é do Séc XII.
Destacan as portadas lateral e frontal, esta con catro arquivoltas
con catro pares de columnas de marmore e capiteis moi variados e as
cabezas de dou lobos no tímpano
2º
parte
Unha
vez en Belesar,deixamos o carreiro da Ribeira Sacra e seguimos as
setas marelas que guiaban os peregrinos a Santiago. Entre socalcos
cheos de videiras achegámonos a san Pedro de Líncora e
logo,Chantada. Atrás queda o Miño,a igrexa de Belesar e algunhas
adegas coñecidas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário