segunda-feira, 8 de junho de 2020

A PÓRLLE O RAMO A UNHA TEMPORADA ACCIDENTADA...: anguías e troitas en Portomarín.

Neste ano accidentado onde o "bicho", apenas nos deixou gozar do cocido aló polas terras de Chantada e nos mudou tantos proxectos, queremos pórlle o ramo a esta temporada e prepararnos para a próxima da mellor maneira posíbel.Para iso compartiremos cos peregrinos un anco do Camiño, Ventas de Narón- Portomarín e remateremos no Río Loio, facendolle fronte ás aguiás e troitas que lle deron sona.
PRÓXIMA TEMPORADA: 2020/2021
CONTRA O "BICHO": ESPECIAL OURENSE.
SETEMBRO: O Courel.
OUTONO NA RIBEIRA SACRA:2ª parte.
NOVEMBRO: Cea - Dozón por Oseira.
XANEIRO(COCIDO): Rota do Miño. A peroxa_ Os Peares.
FEBREIRO.: Boborás - Brués.
MARZO: O Ribeiro. Fervenzas do Tourén/ pozas de Melón.
ABRIL : Camiño da amargura. Luíntra.
MAIO (15, 16, 17): Montañas de Riaño e Picos de Europa.
XUÑO:do Barco a Quiroga. Troitas no Lor.

quinta-feira, 27 de fevereiro de 2020

PRÓXIMAS ROTAS


29 MARZO


O COUREL: Parada- Alto da lomba- Ferreirós de abaixo.
Saída ás 9




1,2,3 MAIO.

MONTAÑAS DE RIAÑO E PICOS DE EUROPA.


Venres, 1- Porto de Horcadas.

Sábado,2- Burón: Minerva- Rabanal.

Domingo,3- Llánaves - San Glorio - Llesba- Llánaves.

Saída o venres ás 9. Prezo, socios 160; non socios,170.
Hai que levar bocata para o venres.

Non hai habitacións individuais ( se alguén quere , paga unha dobre-)




segunda-feira, 10 de fevereiro de 2020

UN ANO DE CAMIÑADAS

Aínda que as nosas camiñadas van de setembro a xuño para gardarnos das calores do verán, rematado o ano, tampouco está mal  facer memoria.


Empezamos 2019 cun cocido en Orro, tras un percorrido desde os cumes do Xalo que, atravesando Boedo e o Val de Loureda, nos deixou ás portas do restaurante.         
 


Febreiro levounos cara a Ponteverdra seguindo as Pontes do Lérez pero marzo touxonos de novo ao camiño de Inverno pola serra da Lastra até O Barco.


                                                                                                                                                              Para despedirnos do inverno e celebrar a primavera  están os vales e os cumes de Redes en Asturias, as súas fervenzas, os seus ríos, os cumes  e os faiedos atravesados  polo corzo e o xabaril.


Non podiamos coller vacacións sen visitar o Courel e comer unhas troitas e anguias en Quiroga e alá nos fumos facer a rota do Uxío. Todo ía moi ben e xa estabamos saboreando as troitas  cando, por primeira vez en 15 anos, se estropeu o autobús e as troitas tiveron que esperar.

Pasadas as calores do verán, setembro brindounos unha boa molladura para acompañar a nosa rota de Laxe a Camelle. No Outono, a Ribeira Sacra agasallounos coas súas cores, A Teixeira, Castro Caldelas, Trives, onde o hostal As Maceiras nos brindou un magosto e unha cea baile.
Despedímonos en novembro cunha visita ao Incio, terras xa visitadas polas primeiras nevadas. Decembro hai que deixalo para descansar e preparar o corpo para un novo ano: a serra do Faro agarda por nós e o Caballero de Viana contaranos como naceu o "Bravú" diante dun cocido.



Adeus 2019, benvindo 2020 !!!

sexta-feira, 7 de fevereiro de 2020

DE MUGARDOS A ARES POLA COSTA

                                                                        



Entre castelos e baterias defensivas que nos lembran outros tempos gozaremos dunha camiñada pola costa de Mugardos até o porto de Ares: o Castelo da Palma, o de San Filipe  do outro lado da ría, a praia de Chanteiro entre punta Segaño e punta Coitelada e, sempre o mar a nosa direita. A beleza da paisaxe aumenta por momentos ata o lugar de O Outeiro. A ruta continúa en dirección sur, un pouco cara o interior, ata Maiobre, onde volve a haber unhas fermosas vistas da ría ata chegar a Ares.
                                                                    

DOMINGO, 1 DE MARZO. SAÍDA ÁS 9.

terça-feira, 10 de setembro de 2019

Outono na Ribeira Sacra

Como dí o refrán  " non hai mal que por ben non veña",ou algo así, e por esta vez tivo razón: como non atopamos aloxamento no mes de outubro na Ribeira Sacra, trasladamos a rota á primeira fin de semana de novembro e isto permítenos gozar un día máis do outono na Ribeira sacra. Fragas, viñedos, ríos e montes compoñen unha paise única para a gasallar o noso percorrido pos estas terras.
  • Venres,1 novembro. Percorrido polos miradores de Doade (Sober).
  • Sábado,2 novembro. Os bosques máxicos de Castro Caldelas,tramo longo.
  • Domingo,3 novembro. Camiño de A Teixeira.






Como sempre a saída será o venres,1 novembro, ás 9 da mañá.

Os camiños da Agra.

sexta-feira, 30 de agosto de 2019

LAXE-CAMELLE

Para botar a andar nada mellor que este camiño pola Costa da Morte, entre a Rota dos faros e o  sendeiro de Laxe a Camelle. Percorremos praias cheas de cristais,cantís abertos ao Atlántico, furnas  que gardan tesouros  e lagoas  que conforman unha paisaxe mitolóxica que cautivou a Man e conforma o carácter das xentes que aqui viven...






DOMINGO, 29 SETEMBRO. SAÍDA ÁS 9
OS CAMIÑOS DA AGRA

segunda-feira, 12 de agosto de 2019

Camiñando polo Val do Baztan

Deixo unhas pequenas mostras  dun percorrido marabilloso polo val do Baztan entre faias, pobos ben conservados e xente hospitalaria  que  conforman unha paisaxe  única, nun val que se sente Euskaldún e así o reivindica.
Seis días inesquecíbeis.
 Camiño do Xorroxín
Xorroxín








Ruta polo Sor: da Ribeira do Bispo a Augas Caídas

     O vindeiro domingo 27 de setembro comezamos a tempada de camiñatas en Mañón. Imos percorrer os 12 km. da ruta de Ribeira do Bispo ao Mi...