Neste mes de setembro comezamos de novo o movemento e continuaremos ata xuño, co debido descanso do Nadal. O ultimos domingos de cada mes reunirémonos de novo para gastar as botas e visitar ou revisitar camiños galegos e un chisco alem. A programación é a seguinte:
- 27 de setembro de 2026 - Ruta de Ribeira do Bispo e Augas Caídas (Mañón)
- 25 de outubro de 2026 - Veiga do Mandeo e Val de Cambás (Aranga)
- 29 de novembro de 2026 - Ruta de Sobrado ao dolmen de Forno de Mouros (Sobrado dos Monxes)
- 31 de xaneiro de 2027 - Semieira de Vilagocende (Fonsagrada) - Cocido
- 28 de febreiro de 2027 - De Cabo Prior a Montefaro (Ferrol)
- 20 e 21 de marzo de 2027 - Fin de semana no Val do Jerte (Cáceres)
- 25 de abril de 2027 - Sendeiro de Quitá a Rio Dosal (Becerreá)
- 30 de maio de 2027 - Val do Quiroga ou Pasarelas do Río Mao (Quiroga) - Troitada
- 27 de xuño de 2027 - Serra do Barbanza e pozas do río Pedras - (Pobra do Caramiñal)
Este ano introducimos algunha novidade. A troitada en Quiroga ímola facer na penúltima ruta, para asegurarnos que non nos colle unha ola de calor de inicio do verán e podemos desfrutar os camiños da Ribeira Sacra mesmo a pleno sol. A cambio a última ruta da tempada está pensada para desfrutar dun bon chapuzón e sacarlle partido ao bañador.
A proposta de fin de semana, está situada moi perto da Semana Santa. Por qué esta escolla tan arriscada e se cadra incómoda para os nosos calendarios? A aposta é alta. Interaremos chegar ao val do Jerte en plena floración das cerdeiras para desfrutar do espectáculo. Imos intentar afinar a puntería.
O custe das rutas, salvo a posposta de fin de semana, é de 22€/persoa para socias da Asociación Veciñal do Agra do Orzán e de 27€/persoa para as non socias.
Para inscribirvos podedes facelo enviando un correo a aminhapulga@gmail.com, enchendo a ficha de inscripción que atoparedes en cada un dos artigos de descripción das rutas ou contactando a través do telefono 653 013 224 (Inés). As prazas asignaranse por orde de inscripción.
Custe: 22€ socias /27€ non socias.
Contacto: aminhapulga@gmail.com
Whatsapp: 653 013 224
Nenhum comentário:
Postar um comentário