domingo, 3 de fevereiro de 2019

TRAS DA RIANXEIRA. DO BELUSO AO ULLA

Un fermosa  rota á percura do esteiro do Ulla, ponlle fin ao noso percorrido do  Corrubedo até Catoira. As preciosa imaxes que acompañan o noso camiñar desde o río Beluso, que verte as súas augas a carón do Castelo de Lúa en Rianxo, até o Ulla vese magoada por un exceso de asfalto mais, aínda así, merece a pena.

Punta das Tres Cruces


Non só a punta das Tres Cruces impresionará os noso ollos alén diso multitude de cruceiros acompañarán o nos precorrido.
No porto de Rianxo a Virxe de Guadalupe dará a saída cara ás praias de Tanxil, As Cunchas ou Abuín. A partir de aquí o asfalto entorpece o noso camiñar que se verá compensado polas distintas imaxes que se ofrecen aos nosos ollos.Entre este paraxes destaca a aldea de Quintáns, situada nun lugar privilexiado do concello, á beira do río Ulla e ós pes do Monte Quintáns, a cal conserva moitas casas antigas e multitude de hórreos, ademais dunha peculiar zona, onde o embarcadoiro, na que se atopan unha fonte e un muíño bastante ben conservado, e á beira do río, o chamado Cruceiro do Cabo.
Neste tramo final do río que vai dende a illa das Brañas ata a súa desembocadura fronte a illa de Cortegada, foron aparecendo, debido ó efecto das correntes mariñas, numerosos montículos ou illotes de area. Na marxe oposta do río, atópanse as Torres do Oeste, Monumento Nacional pertencente ó municipio de Catoira, ó que se accede por unha ponte de recente construción próximo á illa das Brañas.

As torres Oeste

terça-feira, 18 de dezembro de 2018

Bon Nadal !!

La collada de Isornu
Parque natural de Redes

Boas festas e que  o 2019 nos traia a alegría dos novos camiños.
Os camiños da Agra.

sexta-feira, 2 de novembro de 2018

Camiñando entre bateas.

Seguindo o noso percorrido pola Senda litoral de Arousa-Norte o mes de novembro lévanos ao concello de Póboa do Caramiñal. Mais o noso camiño empeza antes, na vila de Palmeira visitando o porto e o mirador do Castelo con espléndidas vistas sobre a ría que xa non nos deixaran en toda a camiñada.

Un agradábel paseo sen apenas dificultade e que nos levará bordeando a costa e de praia en praia até o concello de Boiro, no Escarabote.Bateas,praias, pobos mariñeiros e a música do mar de Arousa acompañarán os nosos pasos.

DOMINGO 25, SETEMBRO, SAÍDA ÁS 9.

sábado, 29 de setembro de 2018

POLA SENDA DE AROUSA NORTE




SENDA LITORAL AROUSA NORTE POR 
RIVEIRA

A senda percorre 37,5 km do Concello de Riveira. O punto de partida sitúase na
Capela do Carme en Espiñeirido para dirixirse cara ao Faro de Corrubedo.
Volteando o Faro alcánzase o perímetro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Neste tramo atópase o punto máis alto con 174 m sobre o nivel do mar no Mirador da Pedra da Rá dende o que se baixa cara a Aguiño.
Como nós non imos facer toda a rota estes son os puntos fundamentais do noso percorrido: saíremos do mirador da Pedra da Rá, logo de visitar o castro da Cidá e gozar das marabillosas vistas do Barbanza e do parque natural de Corrubedo.O noso camiño vai cara a este parque natural de Corrubedo bordeando as marismas, a lagoa do Carregal e as dunas para dirixírmonos á área recreativa do Espiñeiredo onde xantaremos.
Pola tarde agárdanos un paseo pola costa, do porto de Corrubedo até a praia de Balieiro, pasando pola praia da Ribeira do Prado e o faro de Corrubedo.Despois de 18 quilómetros camiñando e aínda que o percorrido é moi doado merecémonos unha caña, que aproveite!!






quinta-feira, 30 de agosto de 2018

Serra da freita.

A serra da Freita é un dos poucos lugares que coñezo onde as pedra paren. Percorrendo o  monte podemos achar os fillos recén nados ou os ventre onde se criaron. Mais non é so iso, tambén temos cascatas de sesenta metros, pedras  boroas ou portelas  que abrían paso a novo mundos.

Pedra boroa


 Pedtras parideiras

Ruta polo Sor: da Ribeira do Bispo a Augas Caídas

     O vindeiro domingo 27 de setembro comezamos a tempada de camiñatas en Mañón. Imos percorrer os 12 km. da ruta de Ribeira do Bispo ao Mi...