quarta-feira, 26 de dezembro de 2018

A ROTA DO COCIDO E DO ANO NOVO:Polo val do Barcia


ROTEIRO MARIÑÁN COSTA DA ÉGOA

Polo val do Barcia



Percorre o val de Barcia a través dun camiño moi recomendable para realizar en bicicleta (BTT) ou a cabalo.
Consiste na unión de dous percorridos, o primeiro lineal e o segundo circular; a súa combinación ofrece unha boa oportunidade para coñecer o patrimonio dos pazos, así como para visitar varias igrexas e o EcoMuseo Costa da Égoa, con catorce muíños e unha pequena central hidroeléctrica.
O primeiro tramo do sendeiro parte da Igrexa de Santo Estevo de Paleo, cun orixinal retablo de estilo rococó, e percorre o Monte Xalo a través do antigo Camiño de Santiago ata alcanzar o núcleo rural de Chamoso. Destacan os pazos de Esperante e Vilasuso; pasando por este último pódese optar por continuar a senda ou regresar ao punto de inicio.
O segundo tramo é unha ruta circular que parte dende Chamoso, podendo optar por nos dirixir cara ao leste, en dirección Batán, ou cara ao oeste, en dirección ao Rubieiro. Optando por esta segunda alternativa, a paisaxe segue a ofrecernos estampas de gran beleza que se poden apreciar dende o Miradoiro do Rubieiro. Tras cruzar Montemeán chégase ao conxunto hidrográfico da Costa da Égoa, que se alimenta das augas do río Abelleira.
En Herves álzase o Pazo das Cadeas, que data do S. XVI, e antes de regresarmos a Chamoso, pódese visitar o Muíño de Batán.


E PARA CELEBRAR O 2019 NADA MELLOR QUE UN COCIDO EN ORRO :
RESTAURANTE O SOMBREIRO
PREZO ROTA MÁIS COCIDO :35 EUROS


https://oscaminhosdaagra.blogspot.com/


Nenhum comentário:

Postar um comentário

BENVIDO 2025: ROTA DO DUBIO + COCIDO

 Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...