terça-feira, 18 de dezembro de 2018

Bon Nadal !!

La collada de Isornu
Parque natural de Redes

Boas festas e que  o 2019 nos traia a alegría dos novos camiños.
Os camiños da Agra.

sexta-feira, 2 de novembro de 2018

Camiñando entre bateas.

Seguindo o noso percorrido pola Senda litoral de Arousa-Norte o mes de novembro lévanos ao concello de Póboa do Caramiñal. Mais o noso camiño empeza antes, na vila de Palmeira visitando o porto e o mirador do Castelo con espléndidas vistas sobre a ría que xa non nos deixaran en toda a camiñada.

Un agradábel paseo sen apenas dificultade e que nos levará bordeando a costa e de praia en praia até o concello de Boiro, no Escarabote.Bateas,praias, pobos mariñeiros e a música do mar de Arousa acompañarán os nosos pasos.

DOMINGO 25, SETEMBRO, SAÍDA ÁS 9.

sábado, 29 de setembro de 2018

POLA SENDA DE AROUSA NORTE




SENDA LITORAL AROUSA NORTE POR 
RIVEIRA

A senda percorre 37,5 km do Concello de Riveira. O punto de partida sitúase na
Capela do Carme en Espiñeirido para dirixirse cara ao Faro de Corrubedo.
Volteando o Faro alcánzase o perímetro do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Neste tramo atópase o punto máis alto con 174 m sobre o nivel do mar no Mirador da Pedra da Rá dende o que se baixa cara a Aguiño.
Como nós non imos facer toda a rota estes son os puntos fundamentais do noso percorrido: saíremos do mirador da Pedra da Rá, logo de visitar o castro da Cidá e gozar das marabillosas vistas do Barbanza e do parque natural de Corrubedo.O noso camiño vai cara a este parque natural de Corrubedo bordeando as marismas, a lagoa do Carregal e as dunas para dirixírmonos á área recreativa do Espiñeiredo onde xantaremos.
Pola tarde agárdanos un paseo pola costa, do porto de Corrubedo até a praia de Balieiro, pasando pola praia da Ribeira do Prado e o faro de Corrubedo.Despois de 18 quilómetros camiñando e aínda que o percorrido é moi doado merecémonos unha caña, que aproveite!!






quinta-feira, 30 de agosto de 2018

Serra da freita.

A serra da Freita é un dos poucos lugares que coñezo onde as pedra paren. Percorrendo o  monte podemos achar os fillos recén nados ou os ventre onde se criaron. Mais non é so iso, tambén temos cascatas de sesenta metros, pedras  boroas ou portelas  que abrían paso a novo mundos.

Pedra boroa


 Pedtras parideiras

sábado, 4 de agosto de 2018

FIN DE SEMANA EN AROUCA (PORTUGAL)


Feito e co atrativo engadido de poder visitar a maior ponte colgante do mundo( 508 metros) o 25 de outubro marchamos a Portugal ( Arouca).

Cascata da Frecha da Mizarela
Venres 26, chegada a Arouca, instalación e cea.

Sábado 27, Serra da Freita: precurso de São Pedro Velho, cascata da Mizarela e Casa das pedras parideiras.

Domingo 28, Passadiços do Paiva e para casa... hai que traballar !

PREZOS: SOCIOS 155 / NON SOCIOS 165 ( TODO INCLUÍDO)
Facilitarase un número de conta para que se ingrese  a cantidade de 80 euros, como reserva de  praza, do 15 de setembro ao 15 de outubro
Passadiços do Paiva
Temos moitas dificultades coas habitacións individuais,non hai e  as que nos ofrecen terían un suplemento de 50 euros por noite.Temos habitacións dobres e algunhas triples.

BOAS VACACIÓNS E VÉMONOS O 24 DE SETEMBRO:
"ESPIÑEIREDO- PORTO DE AGUIÑO"

Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...