Seguindo o noso percorrido pola Senda litoral de Arousa-Norte o mes de novembro lévanos ao concello de Póboa do Caramiñal. Mais o noso camiño empeza antes, na vila de Palmeira visitando o porto e o mirador do Castelo con espléndidas vistas sobre a ría que xa non nos deixaran en toda a camiñada.
Un agradábel paseo sen apenas dificultade e que nos levará bordeando a costa e de praia en praia até o concello de Boiro, no Escarabote.Bateas,praias, pobos mariñeiros e a música do mar de Arousa acompañarán os nosos pasos.
DOMINGO 25, SETEMBRO, SAÍDA ÁS 9.
sexta-feira, 2 de novembro de 2018
sábado, 29 de setembro de 2018
POLA SENDA DE AROUSA NORTE
SENDA
LITORAL AROUSA NORTE POR
RIVEIRA
A
senda percorre 37,5 km do Concello de Riveira. O punto de partida
sitúase na
Capela do
Carme en Espiñeirido
para dirixirse cara ao Faro
de Corrubedo.
Volteando
o Faro alcánzase o perímetro do Parque
Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Neste tramo atópase o punto máis alto con 174 m sobre o nivel do
mar no Mirador da Pedra
da Rá dende o que se
baixa cara a Aguiño.
Como nós non imos facer toda a rota estes son os puntos fundamentais do noso percorrido: saíremos do mirador da Pedra da Rá, logo de visitar o castro da Cidá e gozar das marabillosas vistas do Barbanza e do parque natural de Corrubedo.O noso camiño vai cara a este parque natural de Corrubedo bordeando as marismas, a lagoa do Carregal e as dunas para dirixírmonos á área recreativa do Espiñeiredo onde xantaremos.
Como nós non imos facer toda a rota estes son os puntos fundamentais do noso percorrido: saíremos do mirador da Pedra da Rá, logo de visitar o castro da Cidá e gozar das marabillosas vistas do Barbanza e do parque natural de Corrubedo.O noso camiño vai cara a este parque natural de Corrubedo bordeando as marismas, a lagoa do Carregal e as dunas para dirixírmonos á área recreativa do Espiñeiredo onde xantaremos.
Pola
tarde agárdanos un paseo pola costa, do porto de Corrubedo até a
praia de Balieiro, pasando pola praia da Ribeira do Prado e o faro de
Corrubedo.Despois de 18 quilómetros camiñando e aínda que o
percorrido é moi doado merecémonos unha caña, que aproveite!!
sábado, 15 de setembro de 2018
quinta-feira, 30 de agosto de 2018
Serra da freita.
A serra da Freita é un dos poucos lugares que coñezo onde as pedra paren. Percorrendo o monte podemos achar os fillos recén nados ou os ventre onde se criaron. Mais non é so iso, tambén temos cascatas de sesenta metros, pedras boroas ou portelas que abrían paso a novo mundos.
Pedtras parideiras
![]() |
Pedra boroa |
Pedtras parideiras
sábado, 4 de agosto de 2018
FIN DE SEMANA EN AROUCA (PORTUGAL)
![]() |
| Cascata da Frecha da Mizarela |
Sábado 27, Serra da Freita: precurso de São Pedro Velho, cascata da Mizarela e Casa das pedras parideiras.
Domingo 28, Passadiços do Paiva e para casa... hai que traballar !
PREZOS: SOCIOS 155 / NON SOCIOS 165 ( TODO INCLUÍDO)
Facilitarase un número de conta para que se ingrese a cantidade de 80 euros, como reserva de praza, do 15 de setembro ao 15 de outubro
![]() |
| Passadiços do Paiva |
Temos moitas dificultades coas habitacións individuais,non hai e as que nos ofrecen terían un suplemento de 50 euros por noite.Temos habitacións dobres e algunhas triples.
BOAS VACACIÓNS E VÉMONOS O 24 DE SETEMBRO:
"ESPIÑEIREDO- PORTO DE AGUIÑO"
segunda-feira, 25 de junho de 2018
ENTRE A TERRA E O MAR 2018/2019
OS
CAMIÑOS DA AGRA
Entre
a terra e o mar
2018/2019
SETEMBRO:Espiñeirido/porto
de Aguiño(Riveira).
OUTUBRO:Posibilidade
Arouca/Portugal: pasadiços do Paiva.
Rota das pedras parideiras (serra do Aire).
Rota das pedras parideiras (serra do Aire).
NOVEMBRO:Cabo
da Cruz/Castro Neixón(Boiro).
XANEIRO:
Rota do río Barcés e arredores.Lacón con grelos
na Xira/casa Xermán.
na Xira/casa Xermán.
FEBREIRO:
Do Beluso ao Ulla ( Rianxo).
MARZO:
As pontes do Lérez.(Forcarei).
ABRIL:
O camiño de Inverno por Rubiás(serra da Lastra).
MAIO:
Fin de semana en Redes (Asturias).
XUÑO:
O Courel. Troitas no Lor.
aminhavaca@gmail.com
Tlf:672313183 oscaminhosdaagra.blogspot.com
domingo, 6 de maio de 2018
SOMIEDO: 26 e 27 de maio.DE VAL EN VAL(LA PERAL VILAR DE VILDAS)
De val en val. Desde o val de Somiedo até o val do Pigüeña. A rota comeza en La Peral, unha aldea vaqueira, onde entre prados e teitos empezamos os cinco quilómetros de subida que nos levarán até a fonte de Los Borrones, lugar onde comeremos e recuperaremos forzas para o descenso a Vilar de Vildas.
Na subida de La Peral iremos ben escoltados, por unha banda o Cornón e pola outra o pico Moscosu guiarán os nosos pasos e farán imposíbel que nos perdamos.
Descansd@s e comid@s empezaremos o descenso do val do Pigüeña iremos cara á braña de Los Cuartos e sobre todo, La Pornacal que con 32 teitos é unha das máis impresionantes de Somiedo.
Desde aquí , unha pista vaqueira lévanos a Vilar de Vildas onde nos espera a cervexa e o autobús.
O domingo 27 será máis doado, trasladarémosnos ao Val do oso, o autobús conducirános por unhas paisaxes marabillosas aos concellos de Teverga e Quirós, onde gozaremos con ese tesouro escondido que é o desfiladeiro das Xanas. Para rematar unha fin de semana extraordinaria, nada mellor ca unha comida asturiana en Casa Generosa de Pedroveya. HAI QUE REPOR AS CALORIAS PERDIDAS.
Assinar:
Postagens (Atom)
Pregamento de troitas en Quiroga
A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas. Ollo! Desta volta ...
-
Deste setembro de 2005 a xuño do vindeiro 2026 voltamos por os pes en marcha. O último fin de semana de cada mes (coa execpión do Nadal...
-
A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das...
-
Este 2026 comezamos o ano camiñando e comendo. A proposta é percorrer Sendeiro PR-G 148 polo mar de Corme e a ribeira do Anllóns , un p...











