segunda-feira, 10 de fevereiro de 2020

UN ANO DE CAMIÑADAS

Aínda que as nosas camiñadas van de setembro a xuño para gardarnos das calores do verán, rematado o ano, tampouco está mal  facer memoria.


Empezamos 2019 cun cocido en Orro, tras un percorrido desde os cumes do Xalo que, atravesando Boedo e o Val de Loureda, nos deixou ás portas do restaurante.         
 


Febreiro levounos cara a Ponteverdra seguindo as Pontes do Lérez pero marzo touxonos de novo ao camiño de Inverno pola serra da Lastra até O Barco.


                                                                                                                                                              Para despedirnos do inverno e celebrar a primavera  están os vales e os cumes de Redes en Asturias, as súas fervenzas, os seus ríos, os cumes  e os faiedos atravesados  polo corzo e o xabaril.


Non podiamos coller vacacións sen visitar o Courel e comer unhas troitas e anguias en Quiroga e alá nos fumos facer a rota do Uxío. Todo ía moi ben e xa estabamos saboreando as troitas  cando, por primeira vez en 15 anos, se estropeu o autobús e as troitas tiveron que esperar.

Pasadas as calores do verán, setembro brindounos unha boa molladura para acompañar a nosa rota de Laxe a Camelle. No Outono, a Ribeira Sacra agasallounos coas súas cores, A Teixeira, Castro Caldelas, Trives, onde o hostal As Maceiras nos brindou un magosto e unha cea baile.
Despedímonos en novembro cunha visita ao Incio, terras xa visitadas polas primeiras nevadas. Decembro hai que deixalo para descansar e preparar o corpo para un novo ano: a serra do Faro agarda por nós e o Caballero de Viana contaranos como naceu o "Bravú" diante dun cocido.



Adeus 2019, benvindo 2020 !!!

sexta-feira, 7 de fevereiro de 2020

DE MUGARDOS A ARES POLA COSTA

                                                                        



Entre castelos e baterias defensivas que nos lembran outros tempos gozaremos dunha camiñada pola costa de Mugardos até o porto de Ares: o Castelo da Palma, o de San Filipe  do outro lado da ría, a praia de Chanteiro entre punta Segaño e punta Coitelada e, sempre o mar a nosa direita. A beleza da paisaxe aumenta por momentos ata o lugar de O Outeiro. A ruta continúa en dirección sur, un pouco cara o interior, ata Maiobre, onde volve a haber unhas fermosas vistas da ría ata chegar a Ares.
                                                                    

DOMINGO, 1 DE MARZO. SAÍDA ÁS 9.

terça-feira, 10 de setembro de 2019

Outono na Ribeira Sacra

Como dí o refrán  " non hai mal que por ben non veña",ou algo así, e por esta vez tivo razón: como non atopamos aloxamento no mes de outubro na Ribeira Sacra, trasladamos a rota á primeira fin de semana de novembro e isto permítenos gozar un día máis do outono na Ribeira sacra. Fragas, viñedos, ríos e montes compoñen unha paise única para a gasallar o noso percorrido pos estas terras.
  • Venres,1 novembro. Percorrido polos miradores de Doade (Sober).
  • Sábado,2 novembro. Os bosques máxicos de Castro Caldelas,tramo longo.
  • Domingo,3 novembro. Camiño de A Teixeira.






Como sempre a saída será o venres,1 novembro, ás 9 da mañá.

Os camiños da Agra.

sexta-feira, 30 de agosto de 2019

LAXE-CAMELLE

Para botar a andar nada mellor que este camiño pola Costa da Morte, entre a Rota dos faros e o  sendeiro de Laxe a Camelle. Percorremos praias cheas de cristais,cantís abertos ao Atlántico, furnas  que gardan tesouros  e lagoas  que conforman unha paisaxe mitolóxica que cautivou a Man e conforma o carácter das xentes que aqui viven...






DOMINGO, 29 SETEMBRO. SAÍDA ÁS 9
OS CAMIÑOS DA AGRA

segunda-feira, 12 de agosto de 2019

Camiñando polo Val do Baztan

Deixo unhas pequenas mostras  dun percorrido marabilloso polo val do Baztan entre faias, pobos ben conservados e xente hospitalaria  que  conforman unha paisaxe  única, nun val que se sente Euskaldún e así o reivindica.
Seis días inesquecíbeis.
 Camiño do Xorroxín
Xorroxín








segunda-feira, 24 de junho de 2019

UNS ROTEIROS CON LEMBRANZAS. CAMIÑOS 19/20


UNS ROTEIROS CON LEMBRANZAS

2019/2020

Esta temporada recuperamos algúns camiños que nos traen moi bos recordos e continuamos percorrendo outros que temos por descubrir.







1- Setembro: Laxe , Camelle.
2- Outubro (fin de semana). Outono na Ribeira Sacra. Castro Caldelas.
3-Novembro:A rota do ferro. O Incio.
4-Xaneiro: camiño natural Rodeiro/ Faro. Cocido en Chantada.
5-Febreiro: A costa de Mugardos desde o castelo da Palma.
6-Marzo: O courel, Parada, a Lomba, Ferreirós de abaixo.
7-Abril. Fin de semana en León ( posiblemente Riaño-La Vecilla)
8-Maio. Pedra e auga: Ribadumia- Armenteira. Polos camiños de Rajoy.
9-Xuño: Entre Paradela e Portomarín. Troitas e churrasco.

672313183

domingo, 5 de maio de 2019

PARQUE NATURAL DE REDES ASTURIAS

Unha que vez que, como boas e bos cidadás , escollamos democraticamente as/os nosos/nosas gobernantes, nada mellor  ca unha fin de semana de camiñatas e aire puro para descansar de tanto traballo.
Os/as camiñantes da agra diríximos os nosos pasos cara a Asturies e na fin de semana do 1/2 de xuño estaremos no Parque natural de Redes.

 O sábado 1 , logo das catro horas en bus, precisamos estirar as pernas e faremos "El camín del Aceu" un percorrido pola  calzada romana e tamén camiño real que unía Rioseco con Campo del Casu. O tramo é curto pero nós prolongarémolo algo máis para que non diga a xente  que só vimos tomar as cervexas,(arredor de tres horas de duración e dificultade media).











O domingo 2, despois da boa cea do sábado no Arnicio e duns bos almorzos,tanto no Arnicio como no Hotel A Lastra, volveremos cara a Rioseco  e compartiremos cos turistas un trecho da rota do Alba que abandoaremos na ponte do Retortiu para drixirnos ao collado do Isorno. Desta rota faremos unha variante subindo por onde tíñamos que baixar e seguindo polo regato do Nozalín, cunhas paisaxes impresionantes, voltar a Soto de Agües (dificultade media/alta).

Aqui vos deixo dúas vistas do percorrido.








                                         
E para rematarmos a temporada, o 30 de xuño, logo dunha rota polo Caurel, farémoslle unha visita ao mesón Luís de Rairós e pórlle o ramo cuns entrantes da casa, troitas, anguías, sobremesas, viño de Quiroga, café e...

Ruta polo Sor: da Ribeira do Bispo a Augas Caídas

     O vindeiro domingo 27 de setembro comezamos a tempada de camiñatas en Mañón. Imos percorrer os 12 km. da ruta de Ribeira do Bispo ao Mi...