segunda-feira, 6 de abril de 2015

Desde Ourense a Portugal 25/26 de abril

Esta fin de semana agárdannos unhas rotas moi variadas: empezaremos o 25 cun paseo polo río Miño onde non só poderemos gozar dos 14 quilómetros de ribeira, as/os amantes do baño poderán mergullarse nas distintas pozas de augas termais ou no proprio río e deste xeito tonificar os corpos preparándoos para a travesia do domingo.
 O domingo 26 logo da cea reparadora do,unha copiña e un bo almorzo colleremos cara a Queguas on de empezaremos a nosa travesia pola Serra do Xurés-Gerês até Castro Laboreiro,pasando pola Casa da Moura,pedra de Anamán e ponte dos Cainheiras-Castro Laboreiro.

Un cafezinho en Portugal e volta....o luns agarda.

SAÍDA,sábado 25, ÁS 9

Para o sábado 25,hai que levar bocata ou comer nos bares que hai a carón das pozas.Calzado cómodo, o chan está bastante duro.

quinta-feira, 19 de março de 2015

Unha boa nova.

Os amantes e defensores da natureza despertaron hoxe cunha boa noticia e,non estamos sobrados delas,Babia e o Val de Luna son declarados parque natural.Moitos parabéns aos amigos do Aposento de Babia(Maite Jose) que tanto pelearon polo proxecto.A gozar do novo PARQUE NATURAL!!!

http://www.diariodeleon.es/noticias/provincia/babia-luna-despierta-parque-natural_964845.html



quinta-feira, 5 de março de 2015

O Cmiño real do Valadouro á Fraga das Saímas

Pasiño a pasiño imos avanzando na nosa temporada de andainas,pasou o inverno e xa temos ás portas a primavera.
A rota coa que despedimos a estación non foi das mellores,subida ao Castelo entre eucalitos con vistas ao Val do Ouro con Mondoñedo ao fondo e rematando no curro de Candeoso e na Fraga das Saímas.
Iso si,o mello foi o ramo que lle puxemos coa visita ao pozo da Ferida,estaba impresionante.
Espero que gocedes coas fotos e vémonos na próxima.
Preparados para a saída



O Castelo sen electrificar




Cara ao Pozo da Ferida

Pozo da Ferida





ATÉ A PRÓXIMA:



quarta-feira, 4 de fevereiro de 2015

O Camiño real do Valadouro a Viveiro.

Nunha iniciativa moi loábel o grupo de sendeirismo Paso Miudo anda a recuperar os camiños reais do Vadouro a Viveiro ou cara a Mondoñedo.Nós imos facer unha parte do primeiro desde Valadouro até o curro de Cadeoso e a Fraga de Saimas coa subida ao Castelo.





terça-feira, 27 de janeiro de 2015

Seguindo o Belelle na procura do cocido

Da mesma maneira que o señor aquel do sombreiro andaba á procura dunha arca que perdera,a xente dos Camiños da Agra marchamos ao río Belelle na procura dun cocido e, non estivo mal.Poucas veces podemos ver un río tan limpo e cunha fervenza  no seu apoxeo.
Do cocido as opinións que recollín foron bastante favorábeis e o viño debía ser bo porque até se formaron piquetes que non querían deixar saír o autobús.







Estes son os/as do piquete.Parecían xente de orde mais hoxe xa non se pode por a man no lume por ninguén.






sexta-feira, 2 de janeiro de 2015

CAMIÑANDO TRAS DO COCIDO....

Xa pasaron as festas do Nadal e camiñamos cara ao Entroido e na Casa Toñita d´As Neves,fano moi bon,polo menos esa é a sona que teñen,a min non me fagades responsábel.Iso sí,xa sei que antes de comer non perdoades unha camiñada e nada mellor que o río Belelle que nestaépoca está espectacular.
Vémonos o 25 de xaneiro!!
25 xaneiro,O ROXAL- STª MARÍA DE CABALAR,saída ás 9.









domingo, 28 de dezembro de 2014

Estando en Babia cara ás fontes do Sil

Despois dun paseo polo Val do Silencio,visitar a cova do Santo Genadio e perder tres persoas,que xa é ben dificil en Penalba,diriximos os nosos pasos cara á Babia,lugar onde estamos habitualmente, a percura das fontes do Sil e nestas....NEVOU.

Camiñando cara á cova do santo.




Á percura das fontes do Sil.O santo anterior non nos axudou moito, mais,pasámolo ben.


















Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...