domingo, 3 de março de 2024

ROTA DA FRA GA DO RÍO BARRAGÁN OU ROTA CUBELA( DOMINGO 24 DE MARZO)

Tendo en conta que na última rota tivemos unha experiencia acuática que nos encheu do líquido elemento para unha temporada temos que considerar o cambio de rota. A Fraga do río Barragán é unha preciosa rota que percorre as beiras do Río Barragán pero é parcialmente inundable en caso de chover. POr este motivo decidimos alterar a orde e modificar as rotas. DOMINGO 24 DE MARZO: ROTA DE A CUBELA,14 QUILÓMETROS. DOMINGO 28 DE ABRIL: ROTA DA FRAGA DO RÍO BARRAGÁN. 17 QUILÓMETROS. SÁBADO 25 E DOMINGO 26 DE MAIO: FIN DE SEMANA NA RAIA( SALVATERRA/ MELGAÇO/ MONÇAO) DOMINGO 3O DE XUÑO. REPETIMOS: ROTA DAS ALMIÑAS E O FOXO DOLOBO.Merece a pena repetir esta preciosa rota que tivemos que deixar a medias por mor da auga. Dado que é a última da temporada remataremos cunha comida en Ponte Caldelas. Agardamos que haxa troitas. oscaminhosdaabra.blogspot.com

quinta-feira, 1 de fevereiro de 2024

ROTA DAS ALMIÑAS E O FOXO DO LOBO

Desta vez os nosos pasos collen cara a Pontevdra, no concello de Ponte Caldelas. Este sendeiro circular de dificultade media pasa, ó longo dos seus 11 quilómetros de lonxitude, por algunhas das paisaxes máis curiosas do río Verdugo. Dende os Pasos da Fraga e o Peto de Ánimas que da nome ó percorrido, pasando polo Foxo do Lobo, que antigamente se usaba para atrapar ós lobos e protexer os rabaños da zona. O camiño coincide parcialmente co Sendeiro Azul do Río Verdugo, unha rota lineal de 8 quilómetros que parte de Ponte Caldelas, pasando pola Praia de A Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de Galicia, ata os Pasos da Fraga.
DOMINGO,25 DE FEBREIRO.SAÍDA ÁS 9. OS CAMIÑOS DA AGRA. 672313183

domingo, 28 de janeiro de 2024

PRÓXIMAS ROTAS 2024

25 FEBREIRO: ROTA DAS AALMIÑAS E FOXO DO LOBO. PONTE CALEDELAS. 24 MARZO : ROTA DA FRAGA DO RÍO BARRAGÁN. FORNELO DE MONTES/ PAZOS DE BORBÉN. 27/28 ABRIL: FIN DE SEMANA NA RAIA: .- O sendeiro do Río Tea- Ponteareas_ Salvaterra. .-Os pasadiços de Melgaço. Melgaço. 26 MAIO: ROTA DO VAL DE QUIROGA. QUIROGA. 30 XUÑO: ROTA NATURAL DOS CASTROS A NIVEIRA. RUBIÁ/ O BARCO. .- Fin de temporada.Troitas e anguias no rio Lor, mesón do Luís.

quinta-feira, 2 de novembro de 2023

 O REGO DOS CORUXOS

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO

SAÍDA ÁS 9



Un pequeno e fermoso percorrido pola Serra do Xistral.

Desta vez non se trata de subirmos os cumes senón  de adfentrarnos no corazón da serra, as terras de Viveiró. 

Empezamos a camiñar no propio Viveiró iniciando unha pequena subida por asfalto ate a aldea de Coruxos. Nesta aqltira abandonamos o asfalto e collemos unha pista de terra que nos leva cara ao regato e que nos acompañará na maior parte do percorrido. Camiñamos pola beira do Coruxos  e atravesamos unha zona de turbeiras antes de atravesar o río. Agardamos que no chova moito, a turbeira énchese de auga e o paso complícase.

Unha vez que deixamos o rego dos Coruxos iniciamos un pequeno e agradábel ascenso que nos levará até Piucos a última aldea do noso camiño de hoxe.- Este tramo ofrécenos unhas fermosas vistas  sobre o Xistral.


oscaminhosdaagra.blospot.com


segunda-feira, 16 de outubro de 2023

MIL OUTONOS DE HISTORIA


 O CASTIÑEIRO DE POMBARIÑOS. MIL OUTONOS DE HISTORIA


VEN CONNOSCO !!


SÁBADO 28: AS FRAGAS DE SA XOAN DE RÍO

DOMINGO 29: OS SOUTOS DE CESURIS.

SOCIOS 90 / NON SOCIOS 95.

SAÍDA, SÁBADO28 ÁS 9

sexta-feira, 29 de setembro de 2023

OUTONO NAS TERRAS TE TRIVES

O mellor outuno da Galiza.Ascendemos cara a Caldelas e Trives entre os viñedos heroicos das terras do Amandi e logo abrímonos paso entre as carballeiras, as pequenas fervenzas, miradores e soutos que nos ofrecen as súas cores máis prezadas. 



 FIN DE SEMANA EN MANZANEDA
 SÁBADO,28 E DOMINGO,29. 
SÁBADO, 29: CIRCULAR DE SAN XOAN DE RÍO: fervenzas,miradores, carballeiras… 
DOMINGO 29: OS SOUTOS DE CESURIS: Trevinca ao lonxe e cores do outono no seu esplendor. SOCIOS. 90 EUROS/ NON SOCIOS 95. 
HAI QUE LEVAR BOCATA PARA O SÁBADO 
SAÍDA ÁS 9.

domingo, 25 de junho de 2023

20 ANOS CAMIÑANDO...

CAMIÑANDO 2023/ 2024

ultimo domingo do mes



1- SETEMBRO: RUTA DO MAR DE CORME DE RIBEIRA DO ANLLÓNS, PONTECESO.



2-OUTUBRO: OUTONO EN MANZANEDA. Fin de semana.

  • Circular de San Xoan de Río.

  • Os soutos de Cesurís.

3- NOVEMBRO: O REGO DOS CORUXOS. MURAS.



4- XANEIRO: O LAGO DAS PONTES.

  • Cocido en Muras.

5- FEBREIRO. RUTA DAS ALMIÑAS E DO FOXO DO LOBO.



6- MARZO.ROTA DA FRAGA DO BARRAGÁN.



7-ABRIL: PORTUGAL. FIN DE SEMANA.



8-MAIO: RUTA DO VAL DE QUIROGA



9-RUTA NATURAL DOS CASTROS A NIVIERA. RUBIÁ.

  • Troitas no Lor.




Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...