Deste setembro de 2005 a xuño do vindeiro 2026 voltamos por os pes en marcha. O último fin de semana de cada mes (coa execpión do Nadal) marchamos de ruta. Estas son as que temos programadas:
- 28 de setembro de 2025 - Rutas da Lagoas de Cospeito.
- 26 de outubro de 2025 - Camiño do Mar. De San Andrés de Teixido a Ponte Mera.
- 30 de novembro de 2025 - Ruta da fraga aos muiños de Mesía.
- 25 de xaneiro de 2026 – Ruta do Mar de Corme e Ribeira do Anllóns. (Previa a un bon Cocido.)
- 22 de febreiro de 2026 - Ruta do Alto das tres pedras en Olveiroa.
- 29 de marzo de 2026 – Subida ao Monte Muralla.
- 26 de abril de 2026 - Ruta de Pena Guimara na Fonsagrada.
- 30 e 31 de maio de 2026 - Fin de semana no Parque Natural de Montesinhos (Portugal).
- 28 de xuño de 2026 - Ruta polas Terras de Quiroga (e troitada).
O custe é de 15 €/persoa para persoas sócias da Asociación de Veciños do Agra e 20 €/persoa para as non socias. Coa excepción da fin de semana en Tras-os-montes (Portugal). Para esta saída informaremos do programa e o prezo un tempo antes.
Se vos queredes inscribir podedes facelo escribindo un correo a aminhapulga@gmail.com ou enchendo a ficha de inscripción que atoparedes en cada un dos artigos de descripción das rutas que se publicarán neste blog. Como é habitual, as prazas asignaranse por orde de inscripción.
Animámosvos tamén a que vos unades á Asociación de Veciños da Agra que da acubillo a esta iniciativa dende hai tanto, especialmente se estades pensando en participar en varias andainas nesta tempada. Ten un coste de 20 € ao ano. Podedes informarvos escribindo ao correo agra@galizacultura.gal ou preguntando directamente a Inés, a guia das rutas.
Custe: 15€ socias / 20€ non socias
Contacto: aminhapulga@gmail.com
Whatsapp: 653 013 224
Nenhum comentário:
Postar um comentário