quarta-feira, 1 de fevereiro de 2023

26 FEBREIRO PARA COMPESARMOS OS COCIDOS, ROTA DE CASTRO( A ESTRADA)

 ROTA DE CASTO, CONCELLO DE A ESTRADA

Os meses de xaneiro e febreiro son moi duros. Hami moitos compromisos e todos teñen un deminador común: o cocido. Este prato excelente pero baixo en calorías  acompáñanos, un día sí e outro tamén  ao longo desta temporada invernal e, por iso, cómpre ao rematar febreiro e albiscar a primavera, darnos un respiro. 


Desde  Os camiños da Agra propoñémosvos esta pequena rota que vos pode server de 

auto-auxuda para a vosa  preparación da operación bañador.


O PR-G 196 é unha ruta circular de 10,80 km (máis unha derivación de 550 m) que

 percorre a parroquia de San Miguel de Castro, dominada polo xacemento arqueolóxico

 do Coto e bañada polo río Ulla.


No inicio é de salientar a capela de Nosa Señora das Angustias, fundada en 1707 na

 Albergaría e trasladada en 1880 ao Seixo, así como o antigo Camiño Real polo que

 transcorre a Vía da Prata cara a Santiago de Compostela. Ademais, destacan a igrexa

 de san Miguel, o miradoiro do castro, a hórrea de Prado e varias casas tradicionais, as

 pontes do tren de Gundián e a vexetación de ribeira do río Ulla.



DOMINGO,26 DE FEBREIRO. SAÍDA ÁS 9.

quarta-feira, 4 de janeiro de 2023

1ª ROTA DO ANO: ANDANDO E COMENDO EN MURAS. DOMINGO 29 XANEIRO. SAÍDA ÁS 9

 O REGO DOS CORUXOS


Ruta de recente creación que percorre a base da Serra do Xistral, saíndo do centro da vila de Viveiró no Concello de Muras. Ruta doada e bonita, moi bonita, sobre todo o tramo que comeza na Ponte dos Coruxos e discorre por unha carballeira paralela ao Rego dos Coruxos.

O percorrido non supón ningunha dificultade técnica, salvo un par de chanzos de pedra sobre o río.


COCIDO EN RESTAURANTE  O SANTI: MURAS

SOPA

EMPANADA

COCIDO

SOBREMESA

VIÑO,AUGAS, CAFE DE POTA.CHUPITO


AUTOBUS+COCIDO: SOCIOS,43. NON SOCIOS,45.


segunda-feira, 6 de junho de 2022

ENTRE A LEMBRANZA E O FUTURO: nova temporada 22/23

 


LEMBRANDO O PASADO E MIRANDO O FUTURO

VELLOS E NOVOS CAMIÑOS PARA UNHA NOVA TEMPORADA


SETEMBRO.: Val de Paderne – Esperante. O Courel


OUTUBRO: Nogueira de Ramuín. Ribeira Sacra. (Fin dde semana)


NOVEMBRO: Costa de Oleiros- Sada.


DECEMBRO:Celebremos o Nadal en familia.


XANEIR0: Rego das Coruxas. Concello de MURAS (COCIDO)


FEBREIRO: Rota do Castro, PR-G 196. A ESTRADA.


MARZO: Margallón- Río Sor- Margallón. O VICEDO.


ABRIL: Rota da Cubela. QUIROGA.


MAIO: Fin de semana en MANZANEDA.


XUÑO: Anguías e troitas no río Miño. MESÓN DA COVA.




segunda-feira, 8 de novembro de 2021

RIAÑO: ENTRE AUGA, FAIEDOS E MONTAÑAS.

 Longo tempo aprazada pola Covid, Os camiños da Agra  encamiñan os seus pasos cara as terras de Riaño para escoitar ás campás dos vellos pobos asulagados e andar entre os faiedos onde emerxen os cumes que gardan as augas do encoro.








Os camiños da Agra

terça-feira, 29 de junho de 2021

REMATAMOS A TEMPORADA 20/21 E SAUDAMOS A PRÓXIMA , 21/22



 Case podiamos repetir o titular da temporada anterior, " Adeus a unha temporada para esquecer"  mais, desta vez, semella que se abre unha luz e podemos agardar unha próxima máis ou menos normal.

Os camiños da Agra rematan  o 20/21 probando  troitas, anguías e un churrasquiño no Restaurante Río Loio e foi unha pena que non o puideran compartir maís xente pois estaba de moi bo dente. Aínda así trinta valerosas e valerosos camiñantes fechamos unha nova temporada e abrímoslle paso á do 21/22 da que vos adxunto a programación.

Un saúdo e bon verán para todas e todos !!!

Os camiños da  Agra.


NOVOS SENDEIROS / NOVOS CAMIÑOS

2021 /2022



RIAÑO, AUGA E MONTAÑAS.


1- SETEMBRO. ROTA DO MIÑO, PEROXA- OS PEARES.


2-OUTUBRO (30,31,1). RIAÑO (LEÓN)


3- NOVEMBRO. CONCELLO DE VILASANTAR.



DECEMBRO, DESCANSAMOS.



4- XANEIRO. ROTA DOS MUÍÑOS EN RODEIRO, COCIDO NO CABALEIRO DE VIANA.


5- FEBREIRO. CEA – DOZÓN.


6-ABRIL. PRIMAVERA NA RIBEIRA SACRA( FIN DE SEMANA)


7- MAIO. ROTA DA AUGA, BAIO


8-ROTA DA CASTAÑA E DO MEL. COMIDA NO LOR.



http://oscaminhosdaagra.blogspot.com/


aminhavaca@gmail.com / 672313183.




Nota: nas rotas de fin de semana ou con comida as inscricións pecharanse o mércores anterior. As persoas que se dean de baixa a posteriori deberán aboar a metade do custe da saída


Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...