quinta-feira, 30 de agosto de 2018

Serra da freita.

A serra da Freita é un dos poucos lugares que coñezo onde as pedra paren. Percorrendo o  monte podemos achar os fillos recén nados ou os ventre onde se criaron. Mais non é so iso, tambén temos cascatas de sesenta metros, pedras  boroas ou portelas  que abrían paso a novo mundos.

Pedra boroa


 Pedtras parideiras

sábado, 4 de agosto de 2018

FIN DE SEMANA EN AROUCA (PORTUGAL)


Feito e co atrativo engadido de poder visitar a maior ponte colgante do mundo( 508 metros) o 25 de outubro marchamos a Portugal ( Arouca).

Cascata da Frecha da Mizarela
Venres 26, chegada a Arouca, instalación e cea.

Sábado 27, Serra da Freita: precurso de São Pedro Velho, cascata da Mizarela e Casa das pedras parideiras.

Domingo 28, Passadiços do Paiva e para casa... hai que traballar !

PREZOS: SOCIOS 155 / NON SOCIOS 165 ( TODO INCLUÍDO)
Facilitarase un número de conta para que se ingrese  a cantidade de 80 euros, como reserva de  praza, do 15 de setembro ao 15 de outubro
Passadiços do Paiva
Temos moitas dificultades coas habitacións individuais,non hai e  as que nos ofrecen terían un suplemento de 50 euros por noite.Temos habitacións dobres e algunhas triples.

BOAS VACACIÓNS E VÉMONOS O 24 DE SETEMBRO:
"ESPIÑEIREDO- PORTO DE AGUIÑO"

segunda-feira, 25 de junho de 2018

ENTRE A TERRA E O MAR 2018/2019

OS CAMIÑOS DA AGRA
Entre a terra e o mar
2018/2019




SETEMBRO:Espiñeirido/porto de Aguiño(Riveira).

OUTUBRO:Posibilidade Arouca/Portugal: pasadiços do Paiva.

Rota das pedras parideiras (serra do Aire).

NOVEMBRO:Cabo da Cruz/Castro Neixón(Boiro).

XANEIRO: Rota do río Barcés e arredores.Lacón con grelos 

na Xira/casa Xermán.

FEBREIRO: Do Beluso ao Ulla ( Rianxo).

MARZO: As pontes do Lérez.(Forcarei).

ABRIL: O camiño de Inverno por Rubiás(serra da Lastra).

MAIO: Fin de semana en Redes (Asturias).

XUÑO: O Courel. Troitas no Lor.

aminhavaca@gmail.com Tlf:672313183 oscaminhosdaagra.blogspot.com

domingo, 6 de maio de 2018

SOMIEDO: 26 e 27 de maio.DE VAL EN VAL(LA PERAL VILAR DE VILDAS)


                             

De val en val. Desde o val de Somiedo até o val do Pigüeña. A rota comeza en La Peral, unha aldea vaqueira, onde entre prados e teitos empezamos os cinco quilómetros de subida que nos levarán até a fonte de Los Borrones, lugar onde comeremos e recuperaremos forzas para o descenso a Vilar de Vildas.
Na subida de La Peral iremos ben escoltados, por unha banda o Cornón e pola outra o pico Moscosu guiarán os nosos pasos e farán imposíbel  que nos perdamos.
    Descansd@s e comid@s  empezaremos o descenso do val do Pigüeña iremos cara á braña de Los Cuartos e sobre todo, La Pornacal que con 32 teitos é unha das máis impresionantes de Somiedo. 
Desde aquí , unha pista vaqueira lévanos a Vilar de Vildas onde nos espera a cervexa e o autobús.
Resultado de imaxes para DESFILADEIRO DAS XANAS
O domingo 27 será máis doado, trasladarémosnos ao Val do oso, o autobús conducirános por unhas paisaxes marabillosas aos concellos de Teverga e Quirós, onde gozaremos con ese tesouro escondido que é o desfiladeiro das Xanas. Para rematar unha fin de semana extraordinaria, nada mellor ca unha comida asturiana en Casa Generosa de Pedroveya. HAI QUE REPOR AS CALORIAS PERDIDAS.   

domingo, 1 de abril de 2018

ENTRAMOS NA PRIMAVERA.

Entramos  na primavera e, aínda que nos cumes a neve é raíña,as/os "camiñantes da agra" andamos a pórlle o ramo a unha nova temporada. Quedan tres rotas  e as tres teñen no seu cerne unhas paisaxes marabillosas e algunha que outra sorpresa.
DOMINGO,29 ABRIL.(saída ás 9)


O camiño de inverno 2ª etapa ( Puente Domingo Flórez- OBarco), 16 quilómetros moi doados de facer e cunhas paisaxes insuperábeis presididas polo Sil e as serras de Trevinca e  A Lastra.
Socios 13 euros/ non socios 15.

SÁBADO 26 E DOMINGO 27 DE MAIO
Atención saída ás 8 horas do sábado 26

SOMIEDO : LA PERAL VILAR DE VILDAS; 13 QUILÓMETROS(dificultade media)
Cea,habitación e almorzo en CASA MIÑO (Somiedo).
Braña da Pornacal
 DOMINGO,27,QUIRÓS.
 DESFILADEIRO DAS XANAS E COMIDA EN CASA GENEROSA DE PEDROVEYA
 Resultado de imaxes para casa generosa
PREZOS:85 EUROS SOCIOS/90 NON SOCIOS.
 NON INCLÚE A COMIDA DO DOMINGO(ARREDOR DE 20 EUROS)

ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE XUÑO.(DESPEDIDA)
VEREMOS O QUE NOS TEN PREPARADO MANOLO POLA ARZUA.SEMPRE CON COMIDA INCORPORADA.

segunda-feira, 5 de março de 2018

O camiño de Inverno


Resultado de imaxes para as medulas

Aínda que o inverno xa vai marchando, os camiñantes da Agra empezan agora a facer o seu camiño e no domingo 25 de marzo faremos a súa primeira etapa.Hai que ter en conta que" imos vellos", como di o lema das rotas deste ano, e cortámola  un pouquiño e, como Ponferrada xa a temos visto, empezaremos no Priorato do Bierzo para dirixirnos cara ás Medulas e  chegar a Ponte Domingo Flórez

domingo, 4 de fevereiro de 2018

O OLIMPO DOS CELTAS




O PINDO
O pasado sen teito está nese lugar.
O temor non desterrado ó descoñecido.
Procuramo-la bóveda nun frío mencer
ou nun entardecer sanguiñolento,
ata ser soamente sombras.
O FIEIRO- A MOA- COVA DA XOANA- PEÑAFIEL- O FIEIRO
10 quilómetros.Dificultade media, 3/4 horas

O próximo domingo 25 de febreiro visitaremos o Olimpo dos celtas: o Pindo. Escollemos para esta ocasión a rota máis doada que nos leva , nun percorrido circular, polo Fieiro – A Moa – Cova da Xoana – Peñafiel- Fieiro.

Neste percorrido de case 10 quilómetros e de dificultade media os máis arriscados poderán visitar a Cova da Xoana (refuxio de fuxidos e guerrilleiros) ou subir ao Peñafiel co seu cume piramidal.
Serán entre e catro horas de camiño no medio dunha paisaxe irrepetíbel que anda a coller folgos despois dos últimos incendios .desde A Moa e protexidos polo “Guerreiro” podemos ver Fisterra, a ría de Corcubión ou as Lobeiras.












Domingo 25 de febreiro. Saída ás 9.






Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...