quarta-feira, 28 de setembro de 2016

Adeus a un camiñante.





Hoxe os camiños están tristes e non se escoitan os pasos dos camiñantes.Marchounos un amigo,pareceulle que os camiños desta banda non eran dabondo e vai  na percura doutros na banda do Máis Alá.
Adeus,Óscar, que os novos cumes che se xan favorábeis.Un abrazo moi forte para Puri e a túa familia.
Nós seguiremos abrindo camiños á túa honra e coa túa lembranza.

Os Camiños da Agra.

segunda-feira, 5 de setembro de 2016

Empezamos a camiñar arredor de nós.

Penaboa


Querid@s camiñantes por orde do noso ben amado Presidente vémonos  na obriga de retrasar o comezo das andainas para o 2 de outubro.
Agárdanos o corazón do Courel,unha travesía entre o alto do Couto e Ferreirós de Abaixo,atravesando a devesa da Rogueira e vixiados polo Pía Paxaro e o Fedo.
Domingo 2 de outubro,saía ás 9.

Folgoso do Courel
desde a campa de Lucenza
Formigueios

terça-feira, 5 de julho de 2016

Bon verán e mellores camiños!!

Estamos a preparar  a rota a Portugal (29,30,31 outubro), nos proximos días recibiredes información sobre a programación da viaxe e o prezo.
Mentres deixovos unhas fotos da senda doscanteiros e de Ubiña,bon verán e até setembro no Courel !!
















quarta-feira, 29 de junho de 2016

PÓNDOLLE O RAMO

Remata a temporada.Máis unha vez os camiños da agra levaronnos por todo o país e parte do estranxeiro.

De autobús ou camiñando percorremos arredor da Ribeira Sacra a serra do Caurel, as terras de Doade e do Amandi,os pregamentos de Campodola,fomos á feira do viño de Vilachá de Salvadur e aínda nos quedou tempo para comer un cocido,ver o río Seixo en Cerdedo e a terra dos peliqueiros,Verín e Vilardevós,onde ficamos impresionados coa fervenza da Cidadella.

Esta fin de semana pómoslle o ramo.Polas terras do Bierzo faremos a senda dos Canteiros(irían dende o Porriño)e logo, en Babia,subiremos cara á pena Ubiña e gozaremos dos vales que se abren aos seus pés.

Todo un ano percorrendo camiños.Dez saídas,unha media de 40 persoas por saída e os motoristas de viaxes Oróns que nos meteron polos recantos máis impensábeis.Bon verán para tod@s  @s que non vides  aa esta última rota  e o resto,vémonos o sábado.

OS CAMIÑOS DA AGRA.

A temporada 16/17 está as porta:http://oscaminhosdaagra.blogspot.com.es/2016/06/normal-0-21-false-false-false-es-x-none.html

segunda-feira, 27 de junho de 2016

Novos camiños arredor de nós



OS CAMIÑOS DA AGRA.
Camiñando arredor de nós
(2016-2017)
 

Caurel:Alto do Couto- Ferreirós de
abaixo.

Portugal Monumental.

Portillón-Muíños de A Barosa.

Santo Estevo de ribas do Miño/ A Cova(Gastronómica)

Rota da escrita e do Azúmara.

Vilar de Mouros-Augas Mestas.
 Camiño de inverno.A Rúa-Quiroga

Fin de Semana en Ourense(San pedro de Rocas/Stª Cristina).
Anguías e troitas en Portomarín.
Samuel 672313183

terça-feira, 7 de junho de 2016

FIN DE SEMANA EN BABIA

Coa conciencia tranquila ,a satisfación do deber cumprido e deixando os nosos votos nas mans de non se sabe quen,(esperemos que lle dean mellor uso que a última vez); preparamos as nosa botas e diriximos os pasos cara a Babia, onde se perdía Alfonso XII ou XIII,non sei moi ben.Aí vos vai a proposta:

 SÁBADO,DÍA 2 ROTA DOS CANTEIROS: Ponferrada-San Miguel de Dueñas
                                                                         

DOMINGO,DÍA 3: Arredores de Ubiña
Collado Ronzón
A RUTA:

A ruta comeza no barrio da Vega da localidade de Torrebarrio; discorre pola rúas do pobo en dirección á igrexa, aínda que pouco antes, desvíase para tomar unha pista de novo trazado que ascende en dirección a Ubiña. Logo duns dous quilómetros de pronunciado ascenso, a ruta abandona a pista e cambia de dirección para dirixirse ao Collado do Ronzón. Este tramo, coincide coa ruta clásica de ascenso a Pena Ubiña polo que existe unha vereda máis ou menos definida  marcada con fitos,moreas de pedra, que permite seguila fácilmente. Desde o Ronzón, punto máis alto da rota, contémplase unha das vistas máis impresionantes de Babia. A partir deste punto, comeza un suave descenso por unha zona de pasteiros, chamada a Veiga de Riotuerto, na que non existen camiños nin veredas, pero que está dabondo sinalizada. A veiga termina nun pequeno estreitamento atravesado polo regato do Val de Riotuerto e ao final do mesmo, chégase á Veiga de Candioches. Aquí, a rota contacta co camiño que vén desde a Casa Mieres, situada no Porto da Cubilla, desde onde se continúa descendendo por unha pista que discorre polo fondo do val de Alcantarilla ata chegar Pinos, final da ruta.
SAÍDA,SÁBADO 3, ÁS 9.  ///////  PREZO:SOCI@S 75 EUROS/ NON SOCI@S 80

sexta-feira, 6 de maio de 2016

No corazón de Pontevedra: o río Seixo

OS MUIÑOS DO RÍO SEIXO (CERDEDO)
Camino bajo la "carballeira" 
29 DE MAIO
   Trátase dunha das rutas fluviais máis belas de Pontevedra e de toda Galicia, que percorre un dos tramos máis fermosos do río Seixo, no municipio de Cerdedo, e que conta cun gran número de atractivos naturais, históricos e etnográficos que configuran un percorrido inesquecíbel para o senderista. Nunha primeira parte desta ruta camiñaremos entre fermosos bosques autóctonos, fundamentalmente carballos centenarios, nunha zona moi tranquila que invita á contemplación e a relaxación, acompañados do son do auga que corre polo río Seixo. Ademais dos bosques, este itinerario é unha auténtica xoia etnográfica e cultural, podendo contemplar un gran número de elementos variados vinculados ao auga, entre os que se atopan máis de 15 antigos moiños tradicionais, antigas pontellas (pontes tradicionais) e levadas (antigas canles de auga). Nun ámbito histórico, percorreremos os restos da antiga calzada romana que atravesaba Cerdedo, a súa ponte romana, e diversas igrexas e capelas de gran valor artístico (igrexa de San Xoán Bautista (s. XVIII) e capelas da nosa Señora de Loreto s. XVIII, San Salvador s. XVI, Santa Catalina s.XVIII e San Antón s. XVIII). Para rematar, accederemos á fervenza do río Seixo, nun bonito lugar e contemplaremos belas paisaxes de todo o val. Distancia:15 km Duración:5 horas Dificultade: MediaOtra vez el río

Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...