segunda-feira, 2 de maio de 2016

ENTRE O PATEO E O VIÑO

Esta fin de semana encamiñamos os nosos pasos cara a Quiroga para percorrer os pregamentos de Campodola seguindo a ribeira do Ferreiriño.Preciosa rota, co naríz cheo de primavera,dirixímonos  cara ao val de Quiroga deixando as nosas costas o Alto do Boi e o Pía Paxaro.Cando deixamos o rio o val esténdense aos nosos ollos,seguimos pola cresta,bordeando as viñas e coas primeiras casas chega a hora do bocata.Quiroga está perto,a xente ten presa e come rápido, queremos ir a feira do viño de Vilachá e hai medo de que, se nos retrasamos, non haxa viño.










Non houbo problema o viño e os gaiteiros agardaron por nós

terça-feira, 12 de abril de 2016

Polas terras de Quiroga

Os ríos Ferreiriño e Quiroga abren camiños que nos achegan aos pregamentos de Campodola, á ferreiría da Rodela e a unhas paisaxes atravesadas por soutos, oliveiras e viñedos onde empezan a agromar as cores da primavera
 Entre viñas e piñeiros chegaremos a Barxa coa súa capela de Santa Apolonia e logo cara á casa da Veiguiña,(na que viviu Anxel Fole) para dirixirnos a Rodela, unha das grandes ferreirias da zona,pertencente á Encomenda de Quiroga.


Pola tarde Vilachá de Salvadur  agárdanos,é o primeiro domingo de maio e están na súa feira do viño.Aínda que cheguemos algo tarde é unha boa oportunidade para coñecer as súas adegas.
ADEGAS DE VILACHA                                  VISTA DO CAÑON DO SIL DENDE O MIRADOR DE VILACHA                   

sábado, 26 de março de 2016

PREPARANDO O ROTEIRO DE A BROA ( A MERCA)

Este mércores santo encamiñamos os nosos pasos cara ao concello de A Merca para preparar a próxima  camiñada do 3 de abril.
Aberta pola asociación A Broa,(grazas polo traballo), saímos da Parroeira  epercorremos vellos camiños entre carballeiras,soutos,a capela do Carme ou os horreos de Olás.Logo enlazamos con parte da "verea vella" que seica usaban os zapateiros de Vilanova para volta á Parroeira.
Os voluntarios traballando na rota.

 Imaxe 21

terça-feira, 1 de março de 2016

OCAMIÑO DE SAN ROSENDO E TERRAS DE ARRIBA

Certamente  a fin de semana non presentaba bon aspecto,as mulleres e os homes do tempo anunciaban mal tempo pero as nosas hostes son aguerridas e non lle teñen medo ao temporal.Como sempre n on madrugamos moito e daban as 9,30 cando collemos a estrada e non tardo en parecer a neve: o día prometía.
Quen dixo medo.As cámaras de fotos e móbiles empezaron a funcionar e, logo dun cafe, continuamos  cara a Celanova para coller un trecho do Camiño de San Rosendo e visitar a vila de Curros,Celso Emilio e o Forno de Lito;sen esquecernos do mosteiro que é unha marabilla.
A neve, que parecía que nos deixara,chegou de novo e con máis forza, xa non nos deixaría en todo o camiño,convertindo unha rota agradábel pero sen máis pretensións, nunha camiñada especial.








 O moneco  impasíbel
Ía frío MªPepa


























Un café en Celanova  e para Albarellos,  repor forzas no Hotel Gallego e ao día seguinte coller cara ás Terras de arriba, concello de Vilardevós, seguindo os camiños dos vellos contrabandistas.Non buscábamos sal nen café, andabamos á percura da fervenza da Cidadella agochada na Raia e abrindo o paso  a Portugal.


 










quarta-feira, 17 de fevereiro de 2016

As rotas do contrabando.Terra de arriba

Empezaremos polo camiño de San Rosendo para ilo completando pouco a pouco.Xa fixeramos o trecho  alto da Vieira-Aquis Querquennis e hoxe tócalle, alto da Vieira-Celanova. Un paseo para estirar as pernas e preparármonos para o domingo.
 No concello de Vilardevo encontraremos, non só, unha preciosa rota entre castiñeiros  e cunhas vista propias da "terra de arriba" ,tamén unha das mellores fervenzas de Galicia.Aí vos deixo unhas imaxes para facer boca



Resultado de imagem para fervenza da cidadella                               Resultado de imagem para fervenza da cidadella


Resultado de imagem para fervenza da cidadella
Resultado de imagem para fervenza da cidadellaResultado de imagem para fervenza da cidadellaResultado de imagem para fervenza da cidadella
         

terça-feira, 5 de janeiro de 2016

VILAR DE MOUROS- DOADE(ROTA CON COCIDO)

Ano novo,vida nova, dí o refrán e para empezalo con bo xeito,nada mellor que un cocidiño en Doade e un percorrido de 11 quilómetro pola Ribeira Sacra.
Imos facer un trecho da marabillosa rota Doade-Augasmestas saíndo de Vilar de Mouros cara a Doade e pasando polo impresionante mirador de Pena do Castelo.
Resultado de imagem para Vilar de mouros doadeResultado de imagem para Vilar de mouros doadeResultado de imagem para Vilar de mouros doade
 
Inmellorábeis vistas do Canón do Sil,viño de Amandi,porco e grelos da propia terra ,que máis queredes para empezar o ano ??

PD
Para a próxima temporada xa estamos preparando a 2ª parte da rota con troitas e anguías en Roirós.




 

quarta-feira, 23 de dezembro de 2015

ROTA DA SAÚDE

O próximo domingo, día 27, agárdanos unha das rotas máis bonitas do Courel que aproveitaremos ,como corresponde, para eliminar algunhas das graxas acumuladas nestas festas e prepararnos para as que virán.

Empezaremos cun cafe en Quiroga e cunha visita ao mirador de Campodola e logo seguiremos camiño cara a Folgoso,onde comezaremos a rota: Folgoso,castro da Torre,Sobredo e Baldomir,nomes que abren paso a unhas vistas espectaculares sobre a Pena Boa,Pía Paxaro e outros cumes do Courel.Sempre co lor aos nosos pés e co Louzara a agardar por nós.

A rota pódese facer circular con saída e chegada en Baldomir,Folgoso ou Ferreirós de Abaixo.Un pracer.






Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...