terça-feira, 1 de março de 2016

OCAMIÑO DE SAN ROSENDO E TERRAS DE ARRIBA

Certamente  a fin de semana non presentaba bon aspecto,as mulleres e os homes do tempo anunciaban mal tempo pero as nosas hostes son aguerridas e non lle teñen medo ao temporal.Como sempre n on madrugamos moito e daban as 9,30 cando collemos a estrada e non tardo en parecer a neve: o día prometía.
Quen dixo medo.As cámaras de fotos e móbiles empezaron a funcionar e, logo dun cafe, continuamos  cara a Celanova para coller un trecho do Camiño de San Rosendo e visitar a vila de Curros,Celso Emilio e o Forno de Lito;sen esquecernos do mosteiro que é unha marabilla.
A neve, que parecía que nos deixara,chegou de novo e con máis forza, xa non nos deixaría en todo o camiño,convertindo unha rota agradábel pero sen máis pretensións, nunha camiñada especial.








 O moneco  impasíbel
Ía frío MªPepa


























Un café en Celanova  e para Albarellos,  repor forzas no Hotel Gallego e ao día seguinte coller cara ás Terras de arriba, concello de Vilardevós, seguindo os camiños dos vellos contrabandistas.Non buscábamos sal nen café, andabamos á percura da fervenza da Cidadella agochada na Raia e abrindo o paso  a Portugal.


 










2 comentários:

  1. Dous días marabillosos,totalmente distintos, con moitas risas na cea e a espectacular posta en escea de Antón :)

    ResponderExcluir
  2. Dous días marabillosos,totalmente distintos, con moitas risas na cea e a espectacular posta en escea de Antón :)

    ResponderExcluir

BENVIDO 2025: ROTA DO DUBIO + COCIDO

 Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...