terça-feira, 5 de janeiro de 2016

VILAR DE MOUROS- DOADE(ROTA CON COCIDO)

Ano novo,vida nova, dí o refrán e para empezalo con bo xeito,nada mellor que un cocidiño en Doade e un percorrido de 11 quilómetro pola Ribeira Sacra.
Imos facer un trecho da marabillosa rota Doade-Augasmestas saíndo de Vilar de Mouros cara a Doade e pasando polo impresionante mirador de Pena do Castelo.
Resultado de imagem para Vilar de mouros doadeResultado de imagem para Vilar de mouros doadeResultado de imagem para Vilar de mouros doade
 
Inmellorábeis vistas do Canón do Sil,viño de Amandi,porco e grelos da propia terra ,que máis queredes para empezar o ano ??

PD
Para a próxima temporada xa estamos preparando a 2ª parte da rota con troitas e anguías en Roirós.




 

quarta-feira, 23 de dezembro de 2015

ROTA DA SAÚDE

O próximo domingo, día 27, agárdanos unha das rotas máis bonitas do Courel que aproveitaremos ,como corresponde, para eliminar algunhas das graxas acumuladas nestas festas e prepararnos para as que virán.

Empezaremos cun cafe en Quiroga e cunha visita ao mirador de Campodola e logo seguiremos camiño cara a Folgoso,onde comezaremos a rota: Folgoso,castro da Torre,Sobredo e Baldomir,nomes que abren paso a unhas vistas espectaculares sobre a Pena Boa,Pía Paxaro e outros cumes do Courel.Sempre co lor aos nosos pés e co Louzara a agardar por nós.

A rota pódese facer circular con saída e chegada en Baldomir,Folgoso ou Ferreirós de Abaixo.Un pracer.






terça-feira, 1 de dezembro de 2015

Rota da saúde e do colesterol.

Recén chegados  do camiño Primitivo, atravesando as terras de Paravella,A Lastra,Fontaneira e o Cádavo,acompañados por un día espléndido e unhas paisaxes marabillosas.




A rota fíxósenos corta e quedamos con gañas de máis e, que mellor que facer unha para eliminar ese produtos tan queridos e tan perxudiciais para a nosa saúde e prepararnos para as uvas e as futuras análises do colesterol que virán despois de navidades.

domingo, 8 de novembro de 2015

Polo camiño primitivo

DE PARADAVELLA AO CÁDAVO

Subindo e baixando continúamos o Camiño Primitivo que nos vai achegando a Lugo, un bo lugar para visitar a zona dos viños,probalos e acompañalos dalgunha tapiña,ben cumprida como diría o Manuel.Os nosos camiños non chegarán desta vez alá mais isto non debe impedir a vosa visita, Lugo,merécea.
foto_roteiro_paradavella__lugo.O domingo 29 de novembro percorreremos outra etapa do CAMIÑO PRIMITIVO que, aínda que marca o inicio da cultura xacobea universal e transcorre por lugares de interese histórico e ambiental, é obxecto de innumerábeis alteracións que merecen ser coñecidas e denunciadas. O punto de inicio do roteiro será o núcleo de Paradavella, pertencente ao concello de A Fonsagrada, no que poderemos contemplar algúns exemplos da arquitectura tradicional desta área de montaña.
Avanzando pola vertente oriental da Serra da Lastra, entraremos nas terras do concello de Baleira, no que destaca o casarío de Degolada, que delimitaba fai séculos o “Condado de Naviensis”. Superando a cota 800 acadaremos o núcleo de San Xoán de Lastra, onde os peregrinos preparábanse para o ascenso ao alto da Fontaneira (950 m), lugar cunha igrexa adicada a Santiago.
O topónimo da Fontaneira alude a que este é o lugar de nacemento do río Neira, e corresponde ademais á divisora das cuncas doutros ríos: o Eo e o Navia. Na baixada á Vaganta do Trabeiro o camiño pasa polo Monte das Cruces, que albergou no pasado un camposanto, e continúa cara ao Campo da Matanza. Neste lugar foron descubertos a finais do século XIX varios enterramentos e restos de armamento que poderían derivar, segundo algunhas hipóteses, das loitas con tropas musulmanas que se agochaban na garganta chamada A Trincheira.
Dende a Matanza, contemplando a beleza do Val do Neira, báixase á moderna capitalidade do Concello de Baleira: O Cádavo. Se as forzas dos camiñantes o permiten, poderíase continuar o roteiro e, coroando a serra da Vacariza na Cruz de Pedra (840 m), entrar en terras do concello de Castroverde e chegar ao lugar de Vilabade, que conta con importantes elementos patrimoniais.
O roteiro ten unha lonxitude próxima aos 14 km (algúns máis se se continúa ata Vilabade).
Pode considerarse de dificultade media, polas súas frecuentes subidas e baixadas.

domingo, 4 de outubro de 2015

Era a 1ª e,NOTOUSE. !

A primeira rota da temporada prometía ser un paseo polas terras do Courel acompañados das primeiras cores do outono,que sempre é unha gozada.Mais,o calor púxonos as cousas algo complicadas,ben é certo que estabamos  desentrenados e as cervexas do mediodía baixáronnos a tensión.
Tudo ben,listos para a seguinte.

















Para a próxima rota como vexo que a xente quere refrescar un bocadiño,imos cara ao mar e visitaremos a costa asturiana.

quarta-feira, 2 de setembro de 2015

Andamos de entrenamento

Preparanda a viaxe.







Agardando por vós

Un pequeno entrenamento polas terras de Soria do que vos deixamos unhas fotos do canón do Río Lobos e da Lagoa Negra.Ide preparando as botas que o 27 de setembro vémonos en O Caurel




Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...