Moi posiblemente sexas unha persoa con sobrada experiencia facendo sendeirismo e montaña, pero se esta é a túa primeira vez nunha actividade deste estilo, aquí van algunhas dicas para que a túa xornada de camiñada sexa agradable:
1. O calzado de monte: Trae calzado adaptado para camiñada e monte. Botas ou zapatilla de montaña. Moi recomendable que sexa impermeable.
Que pedirlle ao teu zapato de monte?
- Que leves o pe cómodo, que non che manque nin che roce.
- Que a sola che protexa ben dos impactos do chan.
- Que agarre ben ao firme, para evitar esbarar.
- Que che permita airear o pe, especialmente con altas temperaturas.
- Que non se encharque, porque mesmo sen chuvia, posiblemente teñas que cruzar pozas e regatos.
2. Roupa cómoda: Trae roupa cómoda e deportiva. É recomendable empregar sempre pantalón longo mesmo en verán (así evitamos pinchos e picadas).
3. Adapta o equipo ao tempo: Presta atención á previsión do tempo. Reforza o abrigo en caso de frio e neve e busca algo lixeiro se boura o sol. O “sistema cebola”, varias capas que podes por e quitar en función de como vas sentindo o corpo durante o avance da ruta, soe ser unha boa opción.
4. A muda: É moi confortable levar un segundo calzado e unha muda de camiseta (e pode que pantalón) para por ao rematar a ruta. Especialmente os dias de chuvia. Así chegarás ben comoda e quente a casa.
5. Protéxete do sol: Mesmo se chove, non esquenzas traer un gorro para protexer a cabeza e un bote de crema solar (e botala e rebotala, claro).
6. Impermeablilizate: Especialmente nos meses de chuvia, é importante vir con cazadora e pantalóns impermeables. Non precisas o último grito en roupa técnica. Pode ser algo para por enriba da túa roupa habitual, pero que che manteña pernas e corpo algo protexido da chuvia para poder rematar a marcha (e mudarte ao final).
7. Hidrátate: Recorda traer sempre 1litro ou 1 litro e medio de auga contigo. Cando camiñamos precisamos hidratar o corpo de cada pouco e non podemos contar con atopar fontes para abastecernos polo camiño (e se as hai, aprobeitamos para refrecar as provisións).
8. Sae sempre con comida: As nosas rotas soen estár deseñadas para comer de bocata polo camiño desfrutando da natureza, pero mesmo cando son curtiñas, trae sempre algo que levar á boca (froitos secos, chocolate, froita). Sálvache ante unha baixa de enerxía no medio do camiño e tamén se nos demoramos máis do esperado por algúnha causa imprevista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário