domingo, 10 de março de 2024
ROTA DE A CUBELA/ DOMINGO 24 DE MARZO
Tendo en conta que segue choovendo e que a rota que tiñamos prevista, A FRAGA DO BARRAGÁN, está parcialmente asolagada e non ten trazas de que o tempo cambie moito antes do domingo 24, cambiaremos nós de rota.
Os nosos pasos irán cara ás terras de Quiroga e do veciño Ribas do Sil para facer a preciosa rota de A Cubela. Partiremos de Augas Mestas onde se xuntan Sil e Lor e camiñaremos a carón do primeiro para dirixirnos a aldea de Torbeo, unico sitio habitado por estes lares, sempre cunhas explendidads vistas sobre o Sil e os viñedos de Vilachá de Selvadur. Desde Torbeo, entre fragas e prados voltaremos a Castro, onde comezamos a rota.13,5 quilömetros de paisaxes marabillosas.
DOMINGO 24 DE MARZO //// SAÍDA ÁS 9
domingo, 3 de março de 2024
ROTA DA FRA GA DO RÍO BARRAGÁN OU ROTA CUBELA( DOMINGO 24 DE MARZO)
Tendo en conta que na última rota tivemos unha experiencia acuática que nos encheu do líquido elemento para unha temporada temos que considerar o cambio de rota. A Fraga do río Barragán é unha preciosa rota que percorre as beiras do Río Barragán pero é parcialmente inundable en caso de chover. POr este motivo decidimos alterar a orde e modificar as rotas.
DOMINGO 24 DE MARZO: ROTA DE A CUBELA,14 QUILÓMETROS.
DOMINGO 28 DE ABRIL: ROTA DA FRAGA DO RÍO BARRAGÁN. 17 QUILÓMETROS.
SÁBADO 25 E DOMINGO 26 DE MAIO: FIN DE SEMANA NA RAIA( SALVATERRA/ MELGAÇO/ MONÇAO)
DOMINGO 3O DE XUÑO. REPETIMOS: ROTA DAS ALMIÑAS E O FOXO DOLOBO.Merece a pena repetir esta preciosa rota que tivemos que deixar a medias por mor da auga. Dado que é a última da temporada remataremos cunha comida en Ponte Caldelas. Agardamos que haxa troitas.
oscaminhosdaabra.blogspot.com
Assinar:
Postagens (Atom)
BENVIDO 2025: ROTA DO DUBIO + COCIDO
Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...
-
SENDEIRISMO 2025 26 DE XANEIRO,DOMINGO; ROTA DO DUBIO.(BARALLA). COCIDO NO RESTAURANTE PRADOS DE O CORGO. 23 DE FEBREIRO. DOMINGO: MIRADOI...
-
PRIMEIRO TRIMESTRE 2024 + COCIDO TOCANDO MADEIRA RETOMAMOS AS ROTAS ONDE AS DEIXAMOS EN XUÑO: SETEMBRO 29: ROTA DAS ALMIÑAS E OS PASOS ...
-
Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...