domingo, 22 de dezembro de 2024

SENDEIRISMO 2025.


 SENDEIRISMO 2025

26 DE XANEIRO,DOMINGO; ROTA DO DUBIO.(BARALLA). COCIDO NO RESTAURANTE PRADOS DE O CORGO.

23 DE FEBREIRO. DOMINGO: MIRADOIRO DA TERRA CHÁ.

30 DE MARZO: FERVENZAS DA REXEDOIRA. VAL DO DUBRA.

27 DE ABRIL. CASTRO DA TORRE-BALDOMIR (FOLGOSO).

25 DE MAIO. CASTRO DE DOADE. LALÍN.

29 DE XUÑO : ROTA NATURAL DOS CASTROS A NIVEIRA. TROITAS NO LOR.

OS CAMIÑOS DA AGRA.
aminhavaca@gmail.com
672313183

Os socios poden pagar o ano na conta:
CAIXA RURAL
ES26 3070 0044 5063 5508 4028


quarta-feira, 18 de dezembro de 2024

BOAS FESTAS E MELLOR 2025

 Remata un ano bastante atrapallado, que o 25 sexa mellor e nos traia os camiños que desexamos.




BOAS FESTAS E MELLOR 2025!!
VÉMONOS EN XANEIRO.
oscaminhosdaagra.blogspot.com

domingo, 10 de novembro de 2024

POLA RIBEIRA SACRA. A DE SEMPRE.

 O domingo 1 decembro faremos unha rota pola Ribeira Sacra  acompañados dun dos impulsores desta denominación de orixe.

Falaranos dos camiños tradicionais que a atravesaban e de como se cultivaban as viñas cando non había maquinas nen carrteras. Coñeceremos de primeira man esta viticultura heroica no mesmo corazón da ribeira e lonxe das grandes adegas.

A final da rota xantaremos unhas empanadas  acompañadas do mencía de toda a vida: o viño de Doade.

PAR TER MÁIS TEMPO PARA FALAR SAIREMOS ÁS 8,30 DA RONDA DE OUTEIRO E FAREMOS AS PARADAS HABITUAIS.




quarta-feira, 25 de setembro de 2024

UN OUTONO POLA COSTA(DOMINGO 27 DE OUTON

 

PRÓXIMA ROTA:27 de outubro

A BARRA, NERGA, VIÑÓ/ CANGAS




Empezáremos a camiñar no complexo dunar formado polas praias de A barra, Nerga e Viñó e dirixíremos os nosos pasos cara à praia de Liméns que nos abrirá o camiño cara à capela de santa Marta, de estilo románico e restaurada no 1603, na parroquia de Darbo.No percorrido costeiro podemos aprezar varias furnas e ecosistemas dunares como o de Areamilla.


A lagoa da Congorza no espazo protexio de Punta Balea condúcenos á zona industrial de Masó, xa na entrada de Cangas. Está zona foi inagurada em 1941 e contaba com fábrica de conservas, dársenas, varadeiros, fábrica de xeo, central eléctrica de emerxencia,unha factoría baleeira e fábrica de fariña.


aminhavaca@gmail.com

672313183


quarta-feira, 28 de agosto de 2024

OS CAMIÑOS DA AGRA EMPEZAN TEMPORADA TOCANDO MADEIRA

 

PRIMEIRO TRIMESTRE 2024 + COCIDO

TOCANDO MADEIRA RETOMAMOS AS ROTAS ONDE AS DEIXAMOS EN XUÑO:

SETEMBRO 29: ROTA DAS ALMIÑAS E OS PASOS DA FRAGA. PONTE CALDELAS.

COMIDA: RESTAURANTE A PONTE:

TROITAS

CARNE AO CALDEIRO.

SOBREMESAS VARIADAS.

AUGA , VIÑO,CAFÉ, CUPITOS….



PREZO 50 EUROS CON AUTOBÙS.

OUTUBRO: CONTINUACIÓN COSTA DA VELA. CANGAS DO MORRAZO.


NOVEMBRO: POLA RIBEIRA SACRA. DOADE. Merenda na ribeira e proba dos viños de Amandi.



DECEMBRO DESCANSAMOS



XANEIRO 2025:


ROTA DO COCIDO: ROTA DO DUBIO- RÍO NEIRA. BARALLA



COCIDO NAS NOGAIS: RESTAURANTE VILLAR DE COLO.









domingo, 2 de junho de 2024

ROTA DAS ALMIÑAS E DOS PASOS DA FRAGA/SENDEIRO DO VERDUGO. 30 / xuño/ 2024

VOLVEMOS CARA AO CONCELLO DE PONTECALDELAS PARA RETOMAR A ROTA QUE NOS NOS DEIXPOU FACER A AUGA E, DE PASO, POÑERLLE O RAMO A ESTA TEMPORADA CUNHA COMIDA NO RESTAURANTE “ A PONTE”

 Faremos este sendeiro circular de dificultade media / baixa que ao longo dos seus 11 quilómetros de lonxitude lévanos por algunhas das paisaxes máis curiosas do río Verdugo. Dende os Pasos da Fraga e o Peto de Ánimas que da nome ó percorrido até vellas corredoiras que nos guian entre carballeiras pola ribeira do Verdugo.
O camiño coincide parcialmente co Sendeiro Azul do Río Verdugo, unha rota lineal de 8 quilómetros que parte de Ponte Caldelas, pasando pola Praia de A Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de Galicia, ata os Pasos da Fraga. 

 COMIDA :Troitas. Carne ao caldeiro. Sobremesas caseiras Viño, alga, refrescos. Café e chupitos
 AUTOBÚS MÁIS COMIDA ,50 EUROS.


 oscaminhosdaagra,blospot.com

672313183





quinta-feira, 2 de maio de 2024

25/26 DE MAIO: FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES.

FIN DE SEMANA ENTRE A RAIA E AS CIES. 25/26 DE MAIO SÁBADO,25 DE MAIO.Ponteareas/ Salvaterra. • Fermosa ruta o carón do río Tea, unha ruta con sombra visitando a ponte dos Remedios, ponte das partidas e ponte de Fillaboa. Tamén pasamos polos parques forestales de Angorén, as Partidas, Abelán e Ramallás neste último tamén hai as ruinas dun muíño. Unha ruta moi agradable, tranquila e sen desnivel. A partir da ponte Fillaboa, case na dsembocadura do Miño colleremos o paseo deste río para dirixirnos cara a Salvaterra.
DOMINGO 26 DE MAIO.Liméns Costa da Vela. Non faremos o primeiro tramo de Cangas a Liméns. Liméns- Costa da Vela
QUEDAREMOS NO HOTEL AIRIÑOS DE CANGAS´. O PREZO INCLÚE A CEA DO SÁBADO. HABITACIÓN, ALMORZO E PROVISIÓNS PARA O DOMINGO.____ +SAÍDA SÁBADO 25,ÁS 9 __________________________________________ SOCIOS 90 EURO/ NON SOCIOS 95. A HABITACIÓN INDIVIDUAL TEN UN SUPLEMENTO DE 15 EUROS ( HAI MOI POUCAS). _________________________________+ INGRESO DE 50 POR BIZUM AO NÚMERO 672313183,INDICANDO NOME  E RESERVA RUTA___ OU____ POR TRANSFERENCIA Á CONTA:ES10 2080 0007 9230 0019 6788. ________________+ANTES DO MARTES 21 DE MAIO

segunda-feira, 22 de abril de 2024

FIN DE SEMANA ENTRE O MIÑO E AS CIES.

Xa pensabamos que non poderíamos facer a saída prevista para a fin de semana do 25 e 26 de maio:non había hoteis para 40/50 persoas por ningures e houbo que ir cambiando as rotas percurando disponibilidade. Por fin semella que conseguimos unha oferta atractiva. O sábado 25 faremos a rota prevista camiñando poo rio Tea cara ao Miño e rematando en Salvatera onde podemos saudar á viciñanza do sur e, mesmo, cmpartir unhas cervexas.
Máis tarde o autobús trasladáranos aos areais de Cangas na percura de María Soliña e ficaremos no Hotel Airiños onde cearemos, descansaremos e darannos o avituallamento para facer o rota de Liméns e a costa da Vela desde onde poderemos saúdar As Cies desde Cabo do Home.
SABADO 25: SENDA RÍO TEA. PONTEAREAS/SALVATERRA.17 QUILOMETROS(DOADA) DOMINGO 26: LIMÉNS, COSTA DA VELA,DONÓN.(16 QUILÓMETROS(DOADA)

quarta-feira, 3 de abril de 2024

CAMIÑANDO POLO RÍO XESTA

A rota da Fraga do Barragán continúa asolagada e para a próxima semana dan máis auga daquela hai que seguir procurando alternativas. Desta vez os nosos andares van cara ao Concello de A Lama, un dos máis altos de Pontevedra. Entre a serra do uído,o Cando e o Seixo temos unha paisaxe de vales e montañas suaves que agochan tesouros como a fervenza da Freixa, o Santuario do Cirsto de Xende, a ponte de Liñares e o camiño real entre carballeiras. DOMINGO 28. SAÍDA ÁS 9

domingo, 10 de março de 2024

ROTA DE A CUBELA/ DOMINGO 24 DE MARZO

Tendo en conta que segue choovendo e que a rota que tiñamos prevista, A FRAGA DO BARRAGÁN, está parcialmente asolagada e non ten trazas de que o tempo cambie moito antes do domingo 24, cambiaremos nós de rota.
Os nosos pasos irán cara ás terras de Quiroga e do veciño Ribas do Sil para facer a preciosa rota de A Cubela. Partiremos de Augas Mestas onde se xuntan Sil e Lor e camiñaremos a carón do primeiro para dirixirnos a aldea de Torbeo, unico sitio habitado por estes lares, sempre cunhas explendidads vistas sobre o Sil e os viñedos de Vilachá de Selvadur. Desde Torbeo, entre fragas e prados voltaremos a Castro, onde comezamos a rota.13,5 quilömetros de paisaxes marabillosas.
DOMINGO 24 DE MARZO //// SAÍDA ÁS 9

domingo, 3 de março de 2024

ROTA DA FRA GA DO RÍO BARRAGÁN OU ROTA CUBELA( DOMINGO 24 DE MARZO)

Tendo en conta que na última rota tivemos unha experiencia acuática que nos encheu do líquido elemento para unha temporada temos que considerar o cambio de rota. A Fraga do río Barragán é unha preciosa rota que percorre as beiras do Río Barragán pero é parcialmente inundable en caso de chover. POr este motivo decidimos alterar a orde e modificar as rotas. DOMINGO 24 DE MARZO: ROTA DE A CUBELA,14 QUILÓMETROS. DOMINGO 28 DE ABRIL: ROTA DA FRAGA DO RÍO BARRAGÁN. 17 QUILÓMETROS. SÁBADO 25 E DOMINGO 26 DE MAIO: FIN DE SEMANA NA RAIA( SALVATERRA/ MELGAÇO/ MONÇAO) DOMINGO 3O DE XUÑO. REPETIMOS: ROTA DAS ALMIÑAS E O FOXO DOLOBO.Merece a pena repetir esta preciosa rota que tivemos que deixar a medias por mor da auga. Dado que é a última da temporada remataremos cunha comida en Ponte Caldelas. Agardamos que haxa troitas. oscaminhosdaabra.blogspot.com

quinta-feira, 1 de fevereiro de 2024

ROTA DAS ALMIÑAS E O FOXO DO LOBO

Desta vez os nosos pasos collen cara a Pontevdra, no concello de Ponte Caldelas. Este sendeiro circular de dificultade media pasa, ó longo dos seus 11 quilómetros de lonxitude, por algunhas das paisaxes máis curiosas do río Verdugo. Dende os Pasos da Fraga e o Peto de Ánimas que da nome ó percorrido, pasando polo Foxo do Lobo, que antigamente se usaba para atrapar ós lobos e protexer os rabaños da zona. O camiño coincide parcialmente co Sendeiro Azul do Río Verdugo, unha rota lineal de 8 quilómetros que parte de Ponte Caldelas, pasando pola Praia de A Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de Galicia, ata os Pasos da Fraga.
DOMINGO,25 DE FEBREIRO.SAÍDA ÁS 9. OS CAMIÑOS DA AGRA. 672313183

domingo, 28 de janeiro de 2024

PRÓXIMAS ROTAS 2024

25 FEBREIRO: ROTA DAS AALMIÑAS E FOXO DO LOBO. PONTE CALEDELAS. 24 MARZO : ROTA DA FRAGA DO RÍO BARRAGÁN. FORNELO DE MONTES/ PAZOS DE BORBÉN. 27/28 ABRIL: FIN DE SEMANA NA RAIA: .- O sendeiro do Río Tea- Ponteareas_ Salvaterra. .-Os pasadiços de Melgaço. Melgaço. 26 MAIO: ROTA DO VAL DE QUIROGA. QUIROGA. 30 XUÑO: ROTA NATURAL DOS CASTROS A NIVEIRA. RUBIÁ/ O BARCO. .- Fin de temporada.Troitas e anguias no rio Lor, mesón do Luís.

BENVIDO 2025: ROTA DO DUBIO + COCIDO

 Como sempre para empezar o ano e liberarse das comidas do Nadal, temos a rota do cocido. Este ano tócalle á contorna de Baralla: acompañand...