Certamente a fin de semana non presentaba bon aspecto,as mulleres e os homes do tempo anunciaban mal tempo pero as nosas hostes son aguerridas e non lle teñen medo ao temporal.Como sempre n on madrugamos moito e daban as 9,30 cando collemos a estrada e non tardo en parecer a neve: o día prometía.
Quen dixo medo.As cámaras de fotos e móbiles empezaron a funcionar e, logo dun cafe, continuamos cara a Celanova para coller un trecho do Camiño de San Rosendo e visitar a vila de Curros,Celso Emilio e o Forno de Lito;sen esquecernos do mosteiro que é unha marabilla.
A neve, que parecía que nos deixara,chegou de novo e con máis forza, xa non nos deixaría en todo o camiño,convertindo unha rota agradábel pero sen máis pretensións, nunha camiñada especial.
O moneco impasíbel
 |
Ía frío MªPepa |
|
Un café en Celanova e para Albarellos, repor forzas no Hotel Gallego e ao día seguinte coller cara ás Terras de arriba, concello de Vilardevós, seguindo os camiños dos vellos contrabandistas.Non buscábamos sal nen café, andabamos á percura da fervenza da Cidadella agochada na Raia e abrindo o paso a Portugal.