- Venres,1 novembro. Percorrido polos miradores de Doade (Sober).
- Sábado,2 novembro. Os bosques máxicos de Castro Caldelas,tramo longo.
- Domingo,3 novembro. Camiño de A Teixeira.
terça-feira, 10 de setembro de 2019
Outono na Ribeira Sacra
Como dí o refrán " non hai mal que por ben non veña",ou algo así, e por esta vez tivo razón: como non atopamos aloxamento no mes de outubro na Ribeira Sacra, trasladamos a rota á primeira fin de semana de novembro e isto permítenos gozar un día máis do outono na Ribeira sacra. Fragas, viñedos, ríos e montes compoñen unha paise única para a gasallar o noso percorrido pos estas terras.
sexta-feira, 30 de agosto de 2019
LAXE-CAMELLE
Para botar a andar nada mellor que este camiño pola Costa da Morte, entre a Rota dos faros e o sendeiro de Laxe a Camelle. Percorremos praias cheas de cristais,cantís abertos ao Atlántico, furnas que gardan tesouros e lagoas que conforman unha paisaxe mitolóxica que cautivou a Man e conforma o carácter das xentes que aqui viven...
DOMINGO, 29 SETEMBRO. SAÍDA ÁS 9
OS CAMIÑOS DA AGRA
segunda-feira, 12 de agosto de 2019
Camiñando polo Val do Baztan
segunda-feira, 24 de junho de 2019
UNS ROTEIROS CON LEMBRANZAS. CAMIÑOS 19/20
UNS
ROTEIROS CON LEMBRANZAS
2019/2020
Esta
temporada recuperamos algúns camiños que
nos traen moi bos recordos e continuamos percorrendo outros que temos
por descubrir.
1-
Setembro: Laxe , Camelle.
2-
Outubro (fin de semana). Outono na Ribeira Sacra. Castro Caldelas.
3-Novembro:A
rota do ferro. O Incio.
4-Xaneiro:
camiño natural Rodeiro/ Faro. Cocido en Chantada.
5-Febreiro:
A costa de Mugardos desde o castelo da Palma.
6-Marzo:
O courel, Parada, a Lomba, Ferreirós de abaixo.
7-Abril.
Fin de semana en León ( posiblemente Riaño-La Vecilla)
8-Maio.
Pedra e auga: Ribadumia- Armenteira. Polos camiños de Rajoy.
9-Xuño:
Entre Paradela e Portomarín. Troitas e churrasco.
672313183
domingo, 5 de maio de 2019
PARQUE NATURAL DE REDES ASTURIAS
Unha que vez que, como boas e bos cidadás , escollamos democraticamente as/os nosos/nosas gobernantes, nada mellor ca unha fin de semana de camiñatas e aire puro para descansar de tanto traballo.
Os/as camiñantes da agra diríximos os nosos pasos cara a Asturies e na fin de semana do 1/2 de xuño estaremos no Parque natural de Redes.
O sábado 1 , logo das catro horas en bus, precisamos estirar as pernas e faremos "El camín del Aceu" un percorrido pola calzada romana e tamén camiño real que unía Rioseco con Campo del Casu. O tramo é curto pero nós prolongarémolo algo máis para que non diga a xente que só vimos tomar as cervexas,(arredor de tres horas de duración e dificultade media).

O domingo 2, despois da boa cea do sábado no Arnicio e duns bos almorzos,tanto no Arnicio como no Hotel A Lastra, volveremos cara a Rioseco e compartiremos cos turistas un trecho da rota do Alba que abandoaremos na ponte do Retortiu para drixirnos ao collado do Isorno. Desta rota faremos unha variante subindo por onde tíñamos que baixar e seguindo polo regato do Nozalín, cunhas paisaxes impresionantes, voltar a Soto de Agües (dificultade media/alta).
Aqui vos deixo dúas vistas do percorrido.

E para rematarmos a temporada, o 30 de xuño, logo dunha rota polo Caurel, farémoslle unha visita ao mesón Luís de Rairós e pórlle o ramo cuns entrantes da casa, troitas, anguías, sobremesas, viño de Quiroga, café e...

domingo, 10 de março de 2019
AS PONTES DO LÉREZ E A SERRA DO CANDÁN
Domingo 31 marzo, saída ás 9.
Abandoamos a praia e as rotas costeira e dixímonos cara ao interior e nesta ocasión a nosa parada eé polas da rapa das bestas, Forcarei, Cerdedo-Cotobade. Un percorrido que combina aribeira do Lérez coas fermosas vistas da Serra do Candán vainos levar desde o mosteiro de Acibeiro até Goxín, preto de Forcarei.

segunda-feira, 4 de março de 2019
Redes, 1 e 2 xuño
Para curármonos a resaca electoral o grupo de sendeirismo Camiños da Agra visitará o Parque natural de Redes os días 1 e 2 de xuño.
Aquí vos deixo un pequeno adianto do que nos encontraremos alá:
![]() |
| Polo camiño do Aceu |
![]() |
| No camiño do Aceu |
![]() |
| Polo camiño do Aceu |
![]() |
| Subindo cara ás Morteres |
![]() |
| Homenaxe aos represaliados |
![]() |
| Camiño de Tarna |
![]() |
| Pola collada do Isorna |
Mentres agardamos vémonos o día 31 nas Pontes do Lérez e o 4 de maio pola serra da Lastra, de Ponte Domingos Flórez a Rubiá.
Assinar:
Postagens (Atom)
Pregamento de troitas en Quiroga
A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas. Ollo! Desta volta ...
-
Deste setembro de 2005 a xuño do vindeiro 2026 voltamos por os pes en marcha. O último fin de semana de cada mes (coa execpión do Nadal...
-
A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das...
-
Este 2026 comezamos o ano camiñando e comendo. A proposta é percorrer Sendeiro PR-G 148 polo mar de Corme e a ribeira do Anllóns , un p...