segunda-feira, 25 de junho de 2018

ENTRE A TERRA E O MAR 2018/2019

OS CAMIÑOS DA AGRA
Entre a terra e o mar
2018/2019




SETEMBRO:Espiñeirido/porto de Aguiño(Riveira).

OUTUBRO:Posibilidade Arouca/Portugal: pasadiços do Paiva.

Rota das pedras parideiras (serra do Aire).

NOVEMBRO:Cabo da Cruz/Castro Neixón(Boiro).

XANEIRO: Rota do río Barcés e arredores.Lacón con grelos 

na Xira/casa Xermán.

FEBREIRO: Do Beluso ao Ulla ( Rianxo).

MARZO: As pontes do Lérez.(Forcarei).

ABRIL: O camiño de Inverno por Rubiás(serra da Lastra).

MAIO: Fin de semana en Redes (Asturias).

XUÑO: O Courel. Troitas no Lor.

aminhavaca@gmail.com Tlf:672313183 oscaminhosdaagra.blogspot.com

domingo, 6 de maio de 2018

SOMIEDO: 26 e 27 de maio.DE VAL EN VAL(LA PERAL VILAR DE VILDAS)


                             

De val en val. Desde o val de Somiedo até o val do Pigüeña. A rota comeza en La Peral, unha aldea vaqueira, onde entre prados e teitos empezamos os cinco quilómetros de subida que nos levarán até a fonte de Los Borrones, lugar onde comeremos e recuperaremos forzas para o descenso a Vilar de Vildas.
Na subida de La Peral iremos ben escoltados, por unha banda o Cornón e pola outra o pico Moscosu guiarán os nosos pasos e farán imposíbel  que nos perdamos.
    Descansd@s e comid@s  empezaremos o descenso do val do Pigüeña iremos cara á braña de Los Cuartos e sobre todo, La Pornacal que con 32 teitos é unha das máis impresionantes de Somiedo. 
Desde aquí , unha pista vaqueira lévanos a Vilar de Vildas onde nos espera a cervexa e o autobús.
Resultado de imaxes para DESFILADEIRO DAS XANAS
O domingo 27 será máis doado, trasladarémosnos ao Val do oso, o autobús conducirános por unhas paisaxes marabillosas aos concellos de Teverga e Quirós, onde gozaremos con ese tesouro escondido que é o desfiladeiro das Xanas. Para rematar unha fin de semana extraordinaria, nada mellor ca unha comida asturiana en Casa Generosa de Pedroveya. HAI QUE REPOR AS CALORIAS PERDIDAS.   

domingo, 1 de abril de 2018

ENTRAMOS NA PRIMAVERA.

Entramos  na primavera e, aínda que nos cumes a neve é raíña,as/os "camiñantes da agra" andamos a pórlle o ramo a unha nova temporada. Quedan tres rotas  e as tres teñen no seu cerne unhas paisaxes marabillosas e algunha que outra sorpresa.
DOMINGO,29 ABRIL.(saída ás 9)


O camiño de inverno 2ª etapa ( Puente Domingo Flórez- OBarco), 16 quilómetros moi doados de facer e cunhas paisaxes insuperábeis presididas polo Sil e as serras de Trevinca e  A Lastra.
Socios 13 euros/ non socios 15.

SÁBADO 26 E DOMINGO 27 DE MAIO
Atención saída ás 8 horas do sábado 26

SOMIEDO : LA PERAL VILAR DE VILDAS; 13 QUILÓMETROS(dificultade media)
Cea,habitación e almorzo en CASA MIÑO (Somiedo).
Braña da Pornacal
 DOMINGO,27,QUIRÓS.
 DESFILADEIRO DAS XANAS E COMIDA EN CASA GENEROSA DE PEDROVEYA
 Resultado de imaxes para casa generosa
PREZOS:85 EUROS SOCIOS/90 NON SOCIOS.
 NON INCLÚE A COMIDA DO DOMINGO(ARREDOR DE 20 EUROS)

ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE XUÑO.(DESPEDIDA)
VEREMOS O QUE NOS TEN PREPARADO MANOLO POLA ARZUA.SEMPRE CON COMIDA INCORPORADA.

segunda-feira, 5 de março de 2018

O camiño de Inverno


Resultado de imaxes para as medulas

Aínda que o inverno xa vai marchando, os camiñantes da Agra empezan agora a facer o seu camiño e no domingo 25 de marzo faremos a súa primeira etapa.Hai que ter en conta que" imos vellos", como di o lema das rotas deste ano, e cortámola  un pouquiño e, como Ponferrada xa a temos visto, empezaremos no Priorato do Bierzo para dirixirnos cara ás Medulas e  chegar a Ponte Domingo Flórez

domingo, 4 de fevereiro de 2018

O OLIMPO DOS CELTAS




O PINDO
O pasado sen teito está nese lugar.
O temor non desterrado ó descoñecido.
Procuramo-la bóveda nun frío mencer
ou nun entardecer sanguiñolento,
ata ser soamente sombras.
O FIEIRO- A MOA- COVA DA XOANA- PEÑAFIEL- O FIEIRO
10 quilómetros.Dificultade media, 3/4 horas

O próximo domingo 25 de febreiro visitaremos o Olimpo dos celtas: o Pindo. Escollemos para esta ocasión a rota máis doada que nos leva , nun percorrido circular, polo Fieiro – A Moa – Cova da Xoana – Peñafiel- Fieiro.

Neste percorrido de case 10 quilómetros e de dificultade media os máis arriscados poderán visitar a Cova da Xoana (refuxio de fuxidos e guerrilleiros) ou subir ao Peñafiel co seu cume piramidal.
Serán entre e catro horas de camiño no medio dunha paisaxe irrepetíbel que anda a coller folgos despois dos últimos incendios .desde A Moa e protexidos polo “Guerreiro” podemos ver Fisterra, a ría de Corcubión ou as Lobeiras.












Domingo 25 de febreiro. Saída ás 9.






sexta-feira, 3 de novembro de 2017

ROTA DOS PINOS NO MAR

Despois de moito camiñar polo interior, botamos de menos o mar e nada mellor,  para este reencontro, que a costa de Malpica.
Partimos dos Muiños da Ribeira
ergueitos a carón do mar, na parroquia de Ardeleiro. Moi perto temos unha cruz que nos lembra un de tantos naufraxios, habituais nesta costa, o do barco "Os Tonechos",onde morreron nove tripulantes, varios da mesma familia. Os nosos pasos  continúan cara a Malpica, sempre coas Sisargas ao fronte e no pensamento Paco Souto, poeta e percebeiro, morto recentemente perto de Razo e animador da vida cultural de Malpica, concelleiro, promotor do certame de poesía erótica Illas Sisargas, editor...Sempre o lembraremos.
  Seguindo a costa, chegaremos a capela das Neves ou de Santo Antón e alí comeremos e logo podemos tomar un café en Malpica, antes de continuar o camiño cara a  Santo Hadrián, onde nos recollerá o autobús.

segunda-feira, 3 de julho de 2017

EMPEZAMOS A CAMIÑAR.....

EMPEZAMOS A TEMPORADA E PARA NON SER MENOS CA OUTROS ANOS, INTRODUCIMOS ALGÚNS CAMBIOS NOS PLANS PREVISTOS.EMPEZAREMOS NA ARZUA POSTO QUE O QUEIXO EN SETEMBRO TEN MOITA MANTEIGA E LOGO IREMOS DE FIN DE SEMANA POR OURENSE XA QUE OS BIDUEIRAIS NO OUTONO TEÑEN UNHAS CORES ESPECIAIS.
 NO RESTO DAS ROTAS, POLO DE AGORA, NON HAI CAMBIOS, PERO TODO SE ANDARÁ. 

 1Pola Arzúa con Luís e Manolo.Da fonte santa ao encoro de Portodemouros.24 de setembro. 
 2-Fin de semana en Ourense.Bidueirais de Montederramo.28 de outubro.
 3-Pola costa de Malpica.Novembro. 4.Culleredo-Arteixo. Rota do cocido.Xaneiro.
 5-O Olimpo dos celtas.O Pindo.Febreiro.
 6-Prioranza do Bierzo-Ponte de Domingos Florez.Camiño de Inverno.Marzo.
 7-Ponte de Domingos Florez- O Barco.Abril. 
 8-Fin de semana en Somiedo.La Peral. Maio. 
 9-Rota de deus dirá.Troitas e anguías.Xuño.

 Para anotarse:Samuel 672313183 / aminhavaca@gmail.com


Pregamento de troitas en Quiroga

A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas.  Ollo! Desta volta ...