quarta-feira, 23 de novembro de 2016

POLO SAN MARTIÑO:PONTEVEDRA-BARRO

Novembro. Muíños da Barosa- encoro do Pontillón do Castro(Barro) Este sendeiro localízase no enclave coñecido como «Parque da Natureza do Río Barosa», parada fundamental do Camiño Portugués cara a Compostela ao seu paso polo termo municipal de Barro. Este parque posúe unha excepcional topografía pola que discorre o río Barosa en forma de cadoiro creando a Fervenza da Barosa, que alcanza trinta metros de desnivel. Xunta esta fervenza construíronse dezasete muíños, que se dividen entre os Muíños de Abaixo e Muíños de Arriba e que forman un complexo hidráulico de grande interese O primeiro tramo do sendeiro discorre entre os Muíños de Abaixo ata a ponte de San Breixo, onde se pode abandonar a ruta principal e visitar a igrexa do mesmo nome do S. XVII, dende a que se obtén unha boa panorámica do val. Seguindo o PR-G 105, atopamos máis muíños, algúns en bo estado de conservación. No segundo tramo hai unha área recreativa cunha taberna típica dende onde parte un sendeiro circular que cruza a ponte da Búa e retorna pola marxe dereita do río ata a ponte de San Breixo, onde está marcado o final da ruta. Encoro do Pontillon do Castro Verducido
Ocupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acival, que supera os 600 metros de altitude. Conta con paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro de Pontillón de Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer. No cumio dun monte próximo sitúase un fermoso miradoiro cunha admirábel escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar a beleza do contorno, da cidade de Pontevedra. PRÓXIMA ROTA:SANTO ESTEVO DE RIBAS DO MIÑO-SAN MARTIÑO DA COVA. GASTRONÓMICA(29 XANEIRO) BOAS FESTAS!!

domingo, 6 de novembro de 2016

ENCORO DE PONTILLÓN DO CASTRO -MUIÑOS DA BAROSA.

Logo dun paseo pola historia e cultura de Portugal, que a veces tamén é a nosa,con esa viaxe ao corazón luso polas terras de Leiria e Coimbra
Buçaco
Coimbra




Convento do Cristo

Grutas da Moeda
 toca un relax paisaxistico polas terras de Pontevedra e Barro.Partindo do encoro do Portillón, centrode deportes nautícos camiñaremos cara ao concello de Barro para dirixirnos á Barosa,lugar pardisíaco coa súa fervenzas e os seus muíños.Serán 14 quilómetros de dificultade baixo e dunha agradábel paisaxe.

Resultado de imagem para muiños da barosa                    

quarta-feira, 28 de setembro de 2016

Adeus a un camiñante.





Hoxe os camiños están tristes e non se escoitan os pasos dos camiñantes.Marchounos un amigo,pareceulle que os camiños desta banda non eran dabondo e vai  na percura doutros na banda do Máis Alá.
Adeus,Óscar, que os novos cumes che se xan favorábeis.Un abrazo moi forte para Puri e a túa familia.
Nós seguiremos abrindo camiños á túa honra e coa túa lembranza.

Os Camiños da Agra.

segunda-feira, 5 de setembro de 2016

Empezamos a camiñar arredor de nós.

Penaboa


Querid@s camiñantes por orde do noso ben amado Presidente vémonos  na obriga de retrasar o comezo das andainas para o 2 de outubro.
Agárdanos o corazón do Courel,unha travesía entre o alto do Couto e Ferreirós de Abaixo,atravesando a devesa da Rogueira e vixiados polo Pía Paxaro e o Fedo.
Domingo 2 de outubro,saía ás 9.

Folgoso do Courel
desde a campa de Lucenza
Formigueios

terça-feira, 5 de julho de 2016

Bon verán e mellores camiños!!

Estamos a preparar  a rota a Portugal (29,30,31 outubro), nos proximos días recibiredes información sobre a programación da viaxe e o prezo.
Mentres deixovos unhas fotos da senda doscanteiros e de Ubiña,bon verán e até setembro no Courel !!
















quarta-feira, 29 de junho de 2016

PÓNDOLLE O RAMO

Remata a temporada.Máis unha vez os camiños da agra levaronnos por todo o país e parte do estranxeiro.

De autobús ou camiñando percorremos arredor da Ribeira Sacra a serra do Caurel, as terras de Doade e do Amandi,os pregamentos de Campodola,fomos á feira do viño de Vilachá de Salvadur e aínda nos quedou tempo para comer un cocido,ver o río Seixo en Cerdedo e a terra dos peliqueiros,Verín e Vilardevós,onde ficamos impresionados coa fervenza da Cidadella.

Esta fin de semana pómoslle o ramo.Polas terras do Bierzo faremos a senda dos Canteiros(irían dende o Porriño)e logo, en Babia,subiremos cara á pena Ubiña e gozaremos dos vales que se abren aos seus pés.

Todo un ano percorrendo camiños.Dez saídas,unha media de 40 persoas por saída e os motoristas de viaxes Oróns que nos meteron polos recantos máis impensábeis.Bon verán para tod@s  @s que non vides  aa esta última rota  e o resto,vémonos o sábado.

OS CAMIÑOS DA AGRA.

A temporada 16/17 está as porta:http://oscaminhosdaagra.blogspot.com.es/2016/06/normal-0-21-false-false-false-es-x-none.html

segunda-feira, 27 de junho de 2016

Novos camiños arredor de nós



OS CAMIÑOS DA AGRA.
Camiñando arredor de nós
(2016-2017)
 

Caurel:Alto do Couto- Ferreirós de
abaixo.

Portugal Monumental.

Portillón-Muíños de A Barosa.

Santo Estevo de ribas do Miño/ A Cova(Gastronómica)

Rota da escrita e do Azúmara.

Vilar de Mouros-Augas Mestas.
 Camiño de inverno.A Rúa-Quiroga

Fin de Semana en Ourense(San pedro de Rocas/Stª Cristina).
Anguías e troitas en Portomarín.
Samuel 672313183

Reflexionando en Sobrado dos Monxes

     Este mes de novembro facemos a nosa última ruta do ano. Marchamos a Sobrado dos Monxes a percorrer unha ruta de 18 kilómetros, pero des...