Remata a temporada.Máis unha vez os camiños da agra levaronnos por todo o país e parte do estranxeiro.
De autobús ou camiñando percorremos arredor da Ribeira Sacra a serra do Caurel, as terras de Doade e do Amandi,os pregamentos de Campodola,fomos á feira do viño de Vilachá de Salvadur e aínda nos quedou tempo para comer un cocido,ver o río Seixo en Cerdedo e a terra dos peliqueiros,Verín e Vilardevós,onde ficamos impresionados coa fervenza da Cidadella.
Esta fin de semana pómoslle o ramo.Polas terras do Bierzo faremos a senda dos Canteiros(irían dende o Porriño)e logo, en Babia,subiremos cara á pena Ubiña e gozaremos dos vales que se abren aos seus pés.
Todo un ano percorrendo camiños.Dez saídas,unha media de 40 persoas por saída e os motoristas de viaxes Oróns que nos meteron polos recantos máis impensábeis.Bon verán para tod@s @s que non vides aa esta última rota e o resto,vémonos o sábado.
OS CAMIÑOS DA AGRA.
A temporada 16/17 está as porta:http://oscaminhosdaagra.blogspot.com.es/2016/06/normal-0-21-false-false-false-es-x-none.html
quarta-feira, 29 de junho de 2016
segunda-feira, 27 de junho de 2016
Novos camiños arredor de nós
OS CAMIÑOS DA
AGRA.
Camiñando
arredor de nós
Caurel:Alto
do Couto- Ferreirós de
abaixo.
Portugal
Monumental.
Portillón-Muíños
de A Barosa.
Santo Estevo de ribas do Miño/ A Cova(Gastronómica)
Santo Estevo de ribas do Miño/ A Cova(Gastronómica)
Rota
da escrita e do Azúmara.
Vilar
de Mouros-Augas Mestas.
Camiño
de inverno.A Rúa-Quiroga
Fin
de Semana en Ourense(San pedro de Rocas/Stª Cristina).
Anguías
e troitas en Portomarín.
Samuel
672313183
terça-feira, 7 de junho de 2016
FIN DE SEMANA EN BABIA
Coa conciencia tranquila ,a satisfación do deber cumprido e deixando os nosos votos nas mans de non se sabe quen,(esperemos que lle dean mellor uso que a última vez); preparamos as nosa botas e diriximos os pasos cara a Babia, onde se perdía Alfonso XII ou XIII,non sei moi ben.Aí vos vai a proposta:
SÁBADO,DÍA 2 ROTA DOS CANTEIROS: Ponferrada-San Miguel de Dueñas
DOMINGO,DÍA 3: Arredores de Ubiña
SÁBADO,DÍA 2 ROTA DOS CANTEIROS: Ponferrada-San Miguel de Dueñas
DOMINGO,DÍA 3: Arredores de Ubiña
A RUTA:
A ruta comeza no barrio da Vega da localidade de Torrebarrio; discorre pola rúas do pobo en dirección á igrexa, aínda que pouco antes, desvíase para tomar unha pista de novo trazado que ascende en dirección a Ubiña. Logo duns dous quilómetros de pronunciado ascenso, a ruta abandona a pista e cambia de dirección para dirixirse ao Collado do Ronzón. Este tramo, coincide coa ruta clásica de ascenso a Pena Ubiña polo que existe unha vereda máis ou menos definida marcada con fitos,moreas de pedra, que permite seguila fácilmente. Desde o Ronzón, punto máis alto da rota, contémplase unha das vistas máis impresionantes de Babia. A partir deste punto, comeza un suave descenso por unha zona de pasteiros, chamada a Veiga de Riotuerto, na que non existen camiños nin veredas, pero que está dabondo sinalizada. A veiga termina nun pequeno estreitamento atravesado polo regato do Val de Riotuerto e ao final do mesmo, chégase á Veiga de Candioches. Aquí, a rota contacta co camiño que vén desde a Casa Mieres, situada no Porto da Cubilla, desde onde se continúa descendendo por unha pista que discorre polo fondo do val de Alcantarilla ata chegar Pinos, final da ruta.
SAÍDA,SÁBADO 3, ÁS 9. /////// PREZO:SOCI@S 75 EUROS/ NON SOCI@S 80A ruta comeza no barrio da Vega da localidade de Torrebarrio; discorre pola rúas do pobo en dirección á igrexa, aínda que pouco antes, desvíase para tomar unha pista de novo trazado que ascende en dirección a Ubiña. Logo duns dous quilómetros de pronunciado ascenso, a ruta abandona a pista e cambia de dirección para dirixirse ao Collado do Ronzón. Este tramo, coincide coa ruta clásica de ascenso a Pena Ubiña polo que existe unha vereda máis ou menos definida marcada con fitos,moreas de pedra, que permite seguila fácilmente. Desde o Ronzón, punto máis alto da rota, contémplase unha das vistas máis impresionantes de Babia. A partir deste punto, comeza un suave descenso por unha zona de pasteiros, chamada a Veiga de Riotuerto, na que non existen camiños nin veredas, pero que está dabondo sinalizada. A veiga termina nun pequeno estreitamento atravesado polo regato do Val de Riotuerto e ao final do mesmo, chégase á Veiga de Candioches. Aquí, a rota contacta co camiño que vén desde a Casa Mieres, situada no Porto da Cubilla, desde onde se continúa descendendo por unha pista que discorre polo fondo do val de Alcantarilla ata chegar Pinos, final da ruta.
sexta-feira, 6 de maio de 2016
No corazón de Pontevedra: o río Seixo
OS MUIÑOS DO
RÍO SEIXO (CERDEDO)
29 DE MAIO
Trátase dunha das rutas
fluviais máis belas de Pontevedra e de toda Galicia, que percorre un
dos tramos máis fermosos do río Seixo, no municipio de Cerdedo, e
que conta cun gran número de atractivos naturais, históricos e
etnográficos que configuran un percorrido inesquecíbel para o
senderista. Nunha primeira parte desta ruta camiñaremos entre
fermosos bosques autóctonos, fundamentalmente carballos centenarios,
nunha zona moi tranquila que invita á contemplación e a relaxación,
acompañados do son do auga que corre polo río Seixo. Ademais dos
bosques, este itinerario é unha auténtica xoia etnográfica e
cultural, podendo contemplar un gran número de elementos variados
vinculados ao auga, entre os que se atopan máis de 15 antigos moiños
tradicionais, antigas pontellas (pontes tradicionais) e levadas
(antigas canles de auga). Nun ámbito histórico, percorreremos os
restos da antiga calzada romana que atravesaba Cerdedo, a súa ponte
romana, e diversas igrexas e capelas de gran valor artístico (igrexa
de San Xoán Bautista (s. XVIII) e capelas da nosa Señora de Loreto
s. XVIII, San Salvador s. XVI, Santa Catalina s.XVIII e San Antón s.
XVIII). Para rematar, accederemos á fervenza do río Seixo, nun
bonito lugar e contemplaremos belas paisaxes de todo o val.
Distancia:15 km Duración:5 horas Dificultade: Media

segunda-feira, 2 de maio de 2016
ENTRE O PATEO E O VIÑO
Esta fin de semana encamiñamos os nosos pasos cara a Quiroga para percorrer os pregamentos de Campodola seguindo a ribeira do Ferreiriño.Preciosa rota, co naríz cheo de primavera,dirixímonos cara ao val de Quiroga deixando as nosas costas o Alto do Boi e o Pía Paxaro.Cando deixamos o rio o val esténdense aos nosos ollos,seguimos pola cresta,bordeando as viñas e coas primeiras casas chega a hora do bocata.Quiroga está perto,a xente ten presa e come rápido, queremos ir a feira do viño de Vilachá e hai medo de que, se nos retrasamos, non haxa viño.
Non houbo problema o viño e os gaiteiros agardaron por nós
Non houbo problema o viño e os gaiteiros agardaron por nós
terça-feira, 12 de abril de 2016
Polas terras de Quiroga
Os ríos Ferreiriño e Quiroga abren camiños que nos achegan aos pregamentos de Campodola, á ferreiría da Rodela e a unhas paisaxes atravesadas por soutos, oliveiras e viñedos onde empezan a agromar as cores da primavera
Entre viñas e piñeiros chegaremos a Barxa coa súa capela de Santa Apolonia e logo cara á casa da Veiguiña,(na que viviu Anxel Fole) para dirixirnos a Rodela, unha das grandes ferreirias da zona,pertencente á Encomenda de Quiroga.
Pola tarde Vilachá de Salvadur agárdanos,é o primeiro domingo de maio e están na súa feira do viño.Aínda que cheguemos algo tarde é unha boa oportunidade para coñecer as súas adegas.

Entre viñas e piñeiros chegaremos a Barxa coa súa capela de Santa Apolonia e logo cara á casa da Veiguiña,(na que viviu Anxel Fole) para dirixirnos a Rodela, unha das grandes ferreirias da zona,pertencente á Encomenda de Quiroga.
Pola tarde Vilachá de Salvadur agárdanos,é o primeiro domingo de maio e están na súa feira do viño.Aínda que cheguemos algo tarde é unha boa oportunidade para coñecer as súas adegas.
sábado, 26 de março de 2016
PREPARANDO O ROTEIRO DE A BROA ( A MERCA)
Este mércores santo encamiñamos os nosos pasos cara ao concello de A Merca para preparar a próxima camiñada do 3 de abril.
Aberta pola asociación A Broa,(grazas polo traballo), saímos da Parroeira epercorremos vellos camiños entre carballeiras,soutos,a capela do Carme ou os horreos de Olás.Logo enlazamos con parte da "verea vella" que seica usaban os zapateiros de Vilanova para volta á Parroeira.
Os voluntarios traballando na rota.
Aberta pola asociación A Broa,(grazas polo traballo), saímos da Parroeira epercorremos vellos camiños entre carballeiras,soutos,a capela do Carme ou os horreos de Olás.Logo enlazamos con parte da "verea vella" que seica usaban os zapateiros de Vilanova para volta á Parroeira.
Os voluntarios traballando na rota.
Assinar:
Postagens (Atom)
Pregamento de troitas en Quiroga
A última viaxe da temporada vai ser este domingo 28 de xuño, logo do San Xoán, e marchamos a Quiroga a comer as troitas. Ollo! Desta volta ...
-
Deste setembro de 2005 a xuño do vindeiro 2026 voltamos por os pes en marcha. O último fin de semana de cada mes (coa execpión do Nadal...
-
A ruta do mes de febreiro lévanos a Olveiroa, unha aldea de Dumbría dende a que percorreremos os vales próximos e subiremos ao Alto das...
-
Este 2026 comezamos o ano camiñando e comendo. A proposta é percorrer Sendeiro PR-G 148 polo mar de Corme e a ribeira do Anllóns , un p...




