A FERVENZA DO REXEDOIRO
Senda circular que comeza e termina no Campo da Feira de Bembibre. Desde este punto, o camiño transcorre pola marxe dereita do río Dubra ata Insua de Santa Mariña de San Román, desde onde volve ao comezo. No seu percorrido, desvíase ata ao leito do Rego do Portonabo, afluente do Dubra, que forma unha fervenza en dous tramos, sumando uns 10 metros de desnivel.
O percorrido alterna camiños e sendas de pescadores, así como terras agrícolas de cultivos e praderías con zonas forestais. Entre estas últimas, o itinerario transita por zonas de repoboación e outras autóctonas con acivros, sobreiras, loureiros, carballos e castiñeiros.
A uns dous quilómetros do inicio, a capela de San Xoán Bautista sorprende polo seu illamento, xa que está situada nun lugar inhabitado dentro dos montes da parroquia de San Martiño Coucieiro. Construída no século XVII, suponse que se asenta sobre un primitivo templo medieval. Outrora abandonada e en ruínas, foi restaurada no primeiro decenio do século XXI para recuperar as concorridas romarías á súa ao redor. Na súa proximidade atópase a fonte de Augas Virxes, considerada de augas milagreiras.
Os camiños da Agra
domingo 30 de marzo, saída ás 9